viernes, 1 de junio de 2012

Viaxe ás Terras de Miranda, á procura do mundo de Cunqueiro

Ollando o río Valiñadares desde a ponte do Pasatempo. Que habería?
O pasado luns, 28 de maio, un escollido e entusiasta grupo de alumnado e profesorado participante no Clube de Lectura “Papeis que serán vida” fomos coñecer sobre o terreo os lugares e as paisaxes que viron nacer, medrar, madurar e ficar as palabras de Álvaro Cunqueiro. Desde a Fonmiñá até o mindoniense barrio dos Muíños, visitamos Meira, escoitamos o nacemento do Miño no Pedregal de Irimia, subimos até o Pico do Forno de Martín para ollarmos desde alí medio mundo (incluído a Terra de Miranda), petamos na porta do pazo de Cachán, no val do Ríotorto, chamamos polo lobo no alto da Cruz da Cancela, enxergamos as cores da pizarra “mindoniese” e o horizonte do Cantábrico desde o balcón de Lindín e o alto do Padornelo, quixemos cortar o pelo e escoitar algún conto na barbería do Pallarego e vimos como era a taberna de Póngalas. Claro é que tamén sentamos ao pé da Fonte Vella e saudamos o Cunqueiro sedente da Praza da Catedral. Lemos e procuramos ver o mundo a través das letras de varios dos seus artigos. E como recordo, gardamos palabras, como estas:

 “El viaje a Mondoñedo” 

“¿A que viajáis, si viajáis a Mondoñedo? Excepto por la claridad de la Marina, para venir a verlo venís por el tiempo de una taza de tierra. Por la pastoriza antigua y solitaria, y la tierra de Miranda, que ya en Vasco da Ponte, hablando de Pedro de Miranda, uno de aquellos condes locos de nuestro siglo XV, tiene el adjetivo que le conviene: “Tierra brava”, venís al balcón de Lindín. Todo el mar de los montes se abre ante vuestros ojos: la heroica cabeza de Pena da Roca, el lomo granítico y poderoso del Xistral, Toxiza, los ásperos montes de Tronceda. pero a vuestros pies está toda la dulzura del valle, y en su corazón, la ciudad. Los tejados de pizarra, ya en su Anjou natal el señor Du Bellay los prefirió...”
 Álvaro Cunqueiro, “El viaje a Mondoñedo”, in 100 artigos, LVG 2001

P. S. Tamén encontramos cun señor que falaba o que non debía e andaba a rolos, non semellaba ter gañas de ler e tampouco parecía moi estudado. Alguén dixo que ese veciño non calmara a súa sede con auga da Fonte Vella...