
NON LEAS ESTE LIBRO se non queres saber que lle podía ocurrír a un cornaca indú chamado primeiro Subhro, logo Fritz e ao seu elefante Salomón, Solimán durante a súa viaxe dende Portugal, por España, Italia ata a Austria do século XVI.
NON LEAS ESTE LIBRO se non queres saber de que maneira todos podemos sentirnos transformados nas viaxes, nos camiños.
NON LEAS ESTE LIBRO se non che interesa a tenrura porque a pesares de ser o autor Saramago, está cheo dela.
NON LEAS ESTE PEQUENO LIBRO se non queres ler unha mordaz crítica á natureza humana, ás miserias que nos adornar a todos como a ansia desmedida de gloria, de fama, a relixiosidade mal entendida, a soberbia,...
NON LEAS ESTE LIBRO se non che interesa unha lectura cargada de sentido do humor, pero un malvado sentido do humor.
NON LEAS ESTE LIBRO si non dispos dunha triste tarde de otono, que será o tempo que precises para lelo porque non creo que aguantes máis sen acabalo.
Moi boa estratexia: intentarei lelo!
ResponderEliminarFeliz Nadal e que o 2010 nos siga unindo para compartir ideas e traballo.
Moitos bicos desde Pazos
Bo Nadal para todo o equipo da Biblioteca!!
ResponderEliminarBicos!!!