Con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller organizamos unha exposición nas dependencias da biblioteca do centro cos traballos elaborados polo alumnado de 1º da ESO. Quede constancia do noso agradecemento a todos os/as participantes e animamos a toda a comunidade escolar a visitar dita exposición. Saúdos.