
É unha obra irrepetible, de lectura obrigatoria para todos os afeccionados ao conto de medo.Como noutros relatos deste autor, hai a típica historia do folklore irlandés polo que gaña en autenticidade pero perde en profundidade literaria. Está ambientado nun entorno familiar para o público que ía destinado, os seus personaxes son xente normal e corrente e está dotado dunha lóxica e congruencia internas que o fan plenamente verosimil.
O ritmo narrativo vai in crescendo pois pouco a pouco o lector vai entrando no suspense grazas á súa imaxinación prodixiosa e tamén á súa habilidade para suxerir máis que mostrar, chegando ao final con un profundo pesimismo xa que un non queda plenamente tranquilo.
Le Fanu considérase un dos mellores escritores de terror do século XIX e así foi considerado por outros como H.P Lovercraft ou M.R. James.
No hay comentarios:
Publicar un comentario