Dende a Biblioteca colaboramos coas nosas aportacións a outras actividades promovidas por departamentos e polo centro.
Estas son algunhas coas que contamos este ano:
-Exposición de poemas de distintos autores: Esta actividade vén a abondar na intención de facilitar e mellorar a relación dos nosos lectores coa poesía. Xa contamos este curso coa poeta santiaguesa Berta Dávila, regalamos poesía en febreiro e sorteamos libros de poemas (Neruda e a propria B.Dávila) entre os usuarios da nosa biblioteca.
-Mercadiño solidario: Un ano máis colaboramos coa ONG Mundo Cooperante a prol de moitos proxectos de axuda e cooperación que desenvolven en países desfavorecidos do noso planeta. O mercadiño de libros está creado a partires das xenerosas doazóns de todos os membros da comunidade educativa do noso centro. Nós somos tamén quen mercamos os que outros traen, aínda que este ano trasladámolo, a petición de Rosa López ( responsable da ONG en Coruña), á Barha Party que por segundo ano se celebra na nosa vila, coa colaboración do Concello, e alí atopamos moitos veciños da vila realmente solidarios.
-Exposición de libros: A aventura era o tema central das nosas lecturas durante este curso polo que reunimos un nutrido grupo de libros dos nosos fondos e pedimos a Fundación Germán Sánchez-Ruipérez unha selección de títulos en distintas linguas. Con todo isto resultou unha boa mostra deste xénero.
-Rincón de Machado:Coincidindo co setenta aniversario da morte de Antonio Machado,

-Certame literario: Coas bases publicadas no blog do club de lectura, os cartaces espallados polo centro, tras recoller os traballos presentados, lelos e valoralos, fallamos o "II Certame literario Biblioteca Moncho".
No hay comentarios:
Publicar un comentario