lunes, 30 de noviembre de 2015
Morre Xosé Neira Vilas
Xosé Neira Vilas (1928-2015), autor da obra máis vendida da historia da
literatura galega, Memorias dun neno labrego, faleceu o pasado venres na súa
casa en Gres (Vila de Cruces). Tiña 87 anos.
Neira Vilas foi un traballador incansable a prol da cultura
e da lingua galega, tanto no exilio como de volta en Galiza. Na súa vida está
escrita a historia de Galiza dos últimos 75 anos. Descanse en paz.
Publicado por
Biblioteca IES Moncho Valcarce
en
10:41
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
viernes, 27 de noviembre de 2015
Actividades 25 Novembro
No Día Internacional contra a Violencia de Xénero colocamos un panel de libre expresión para que o noso alumnado poidese aportar as súas suxerencias e sensibilidades en relación a esta lacra social da violencia machista. Tamén proxectamos dúas curtametraxes. "O peixe feliz" de Jay Shih e "Teatro de la Injusticia" de Ansoain Animación.
Publicado por
Biblioteca IES Moncho Valcarce
en
9:27
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
jueves, 26 de noviembre de 2015
CONVOCATORIA CERTAME LITERARIO
BIBLIOTECA
IES MONCHO VALCARCE
CERTAME LITERARIO
DIRIXIDO:
Comunidade educativa do IES MONCHO VALCARCE
TEMÁTICA:
Relato curto (ficción, humor, policíaco, romántico, ...).
LINGUA:
Galego e castelán
BASES:
Extensión entre 1 e 3 folios
Presentación
traballo a ordenador, a dobre espazo e por unha soa cara.
Corpo
letra (12)
PREMIOS:
Catro categorías
- 1º Categoría: 1º e 2º curso da ESO
- 2ª Categoría: 3º e 4º curso da ESO
- 3ª Categoría: Bacharelato e Ciclo Formativo
- 4ª Categoría: Adultos (nais, pais, profesorado e persoal non docente)
PRAZO
PRESENTACIÓN:
Na bilioteca ata o 31 de xaneiro do 2016
PREMIOS:
Dous
premios por categoría.
INFÓRMATE
NA NOSA BIBLIOTECA
Publicado por
Biblioteca IES Moncho Valcarce
en
10:29
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
martes, 24 de noviembre de 2015
25 Novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Coeducación e empatía claves para a súa prevención
Publicado por
Biblioteca IES Moncho Valcarce
en
10:19
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
lunes, 16 de noviembre de 2015
Fernando del Paso : Premio Cervantes 2015
Fernando del Paso (nado en 1935) é un escritor mexicano especialmente recoñecido polas tres novelas citadas a continuación e que son consideradas como algunhas das mellores obras de narattiva mexicana do século XX.
"José Trigo" (1965) evocación da historia de México a través dun disidente ferroviario.
"Palinuro de México" obra de corte autobiográfico que relata as andainas dun estudande de medicina.
¨Noticias del Imperio" (1987) novela histórica que trata a segunda Intervención Francesa en México e a instauración do Segundo Imperio Mexicano.
Publicado por
Biblioteca IES Moncho Valcarce
en
11:10
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
lunes, 2 de noviembre de 2015
SAMAÍN 2015
O pasado xoves 29 de outono celebramos o Samaín no noso centro. Desenvolvéronse varias actividades coordinadas pola Vicedirección. Desde a Biblioteca organizamos una pequena exposición sobre o escritor e poeta estadounidense Edgar Allan Poe, maestro universal do relato curto. Aproveitamos para dar o noso agradacemento ós alumn@s que participaron na ambientación do noso espazo e na dramatización de dous dos relatos de terror do autor homenaxeado.
Publicado por
Biblioteca IES Moncho Valcarce
en
21:19
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
Suscribirse a:
Entradas (Atom)