martes, 28 de septiembre de 2021

ALGO ESPECIAL ESTÁ A PIQUES DE CHEGAR...

XA SE SINTE NO AIRE.




lunes, 24 de mayo de 2021

A ALUMNA DO IES MONCHO VALCARCE GAÑA UN CONCURSO DE POESÍA



 

A alumna de 2º de BAC B do IES Moncho Valcarce Miriam Castro Seoane resultou gañadora do segundo premio do Premio Internacional «Miguel Fernández», na súa XXVII Edición, destinado a novos escritores en lingua castelá, convocado polo IES Miguel Fernández de Melilla.

O concurso destinouse a rapaces e rapazas de entre 14 y 18 años nas modalidades de Narrativa e Poesía. 


Aquí vos deixo un enlace ao fallo do xurado: 

https://www.instagram.com/tv/CO2IbDSHL8u/?utm_medium=copy_link

 

Desde a biblioteca, felicitamos sinceramente á alumna Miriam Castro Seoane.

 

 

GAÑADOR DO PREMIO DE RELATO DO IES MONCHO VALCARCE

Xa temos os gañadores do noso tradicional certame de relato. 


O fallo do xurado foi o seguinte: 

Como gañador indiscutible, o relato de Antón de la Fuente Vivero. 


Un divertido relato baseado na literatura medieval, en concreto na personaxe da Celestina de Fernando de Rojas. 

Se che interesa ler o texto, poderás facelo na edición deste ano da revista: 

O buk de Monchín. 










Felicitacións a Antón... e a todos os participantes. 



miércoles, 19 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

   Exposición comunitaria da obra literaria de Xela Arias homenaxeada neste noso Día das Letras Galegas. 



miércoles, 12 de mayo de 2021

I CONCURSO DE ESOPÍAS

 O equipo de Normalización e Dinamización do IES Moncho Valcarce organiza o I Concurso de Esopías. Dito certame está dirixido a todo ó alumnado do noso centro educativo e a súa participación estará aberta ata o vindeiro 21 de maio. Animádevos a participar!






sábado, 24 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

   Con motivo do Día do Libro desde a biblioteca do IES Moncho Valcarce desenvolvéronse, en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüistica do centro e o Departamento de Bioloxía, varias iniciativas das que damos conta a continuación.

  • Recital poético: un grupo de alumn@s de 3º ESO declamaron varios poemas clásicos da literatura galega así como algunhas composicións orixinais de creación propia.


  • Exposición de fondos bibliográficos relacionados coa lectura transinclusiva.




  • Celebración do Día da Terra coa lectura pública e comunitaria de textos de sensibilización medio-ambiental- Algunhas desas intervencións foron incluídas no noso Instagram baixo o hashtag #lendonatureza@ceidagalicia.

  • Fallo do concurso literario. Neste senso apuntar que resultaron gañadores os alumnos Antón de la Fuente Vivero (nivel 3º-4ª ESO) e Óscar Barro Piñón (nivel 1º-2º ESO). Grazas a tod@s pola vosa participación e noraboa ós gañadores.






martes, 6 de abril de 2021

NOVA SELECCIÓN PARA O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS



 Xa vamos co noso terceiro libro de lectura do curso. 

Como non facemos reunións presenciais, agradecemos aos participantes as colaboracións que acheguen, as suxestións e as recensións. Podes envialas a bukdemonchin@gmail.com

Tamén podes facelo polo grupo de whatsapp.

Publicaremos as túas opinións na nosa revista. 


Grazas por participar. 



lunes, 5 de abril de 2021

CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA (21 DE MARZO)

O luns 22 de marzo conmemoramos o día da poesía cunha actividade para achegar aos alumnos a este xénero literario. 

A través do blog, das redes sociais (instagram) e nas aulas...

 informouse aos alumnos de que recibirían un bombón e un poema se asistían á biblioteca. O poema foi un texto plastificado a modo de marcapáxinas. 

Ademáis, os alumnos que se atreveron a recitar o seu poema no salón de actos recibiron ademáis un agasallo en verso. 


















CHARLA NO CLUB DE LECTURA CON MOTIVO DO DÍA DA MULLER

Con motivo do día 8 DE MAIO, 

a alumna de segundo de bacharelato Miriam Castro 

participou nun coloquio co alumnado sobre temas de igualdade, feminismo e violencia de xénero. 

O obxectivo foi coñecer o xeito en que os alumnos e alumnas perciben as conductas sexistas, as desigualdades e outras formas de violencia de xénero. 

Seguiremos afondando neste coloquio coa intención de incorporar algunha aportación para a nosa revista. 




miércoles, 24 de febrero de 2021

Día Internacional da Muller (8 de Marzo): Libros coeducación

       Desde a nosa biblioteca escolar poñemos a disposición do alumnado e dos distintos departamentos didácticos material propio dos nosos fondos para traballar a coeducación co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.





DÍA DA ILUSTRACIÓN

   O pasado 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Castelao, a Xunta de Galicia celebrou o día da Ilustración. Para celebralo o departamento de Educación Plástica e Visual baixo a coordinación dos seus profesores, Silvia e Toni, analizou a función da arte ilustrativa e a súa influenza no mundo actual.

   As creacións do seu alumnado de Educación Secundaria están a ser expostos e a disposición de toda a comunidade educativa nos paneis acristalados da nosa biblioteca escolar. Xunto cos traballos inclúense uns códigos QR que proporcionan información sobre divers@s ilustrador@s e  sobre lugares online de interés xeral relacionados coa ilustración. Quedades invitados a visitar esta orixinal exposición e grazas a tod@s pola vosa implicación.















miércoles, 3 de febrero de 2021

A GAÑADORA DO CONCURSO DE RELATO DE SAMAÍN

Un xurado conformado por tres alumnas de segundo de bacharelato decidiu o gañador dos relatos presentados ao certame convocado polo club de lectura e os alumnos/as de ITI. 

A decisión estivo difícil pola calidade dos textos. Na súa opinión as obras presentadas tiñan unha gran calidade expresiva, creativa e orixinalidade. 

O premio foi concedido ao conto Luna azul de Uxía Piñón Calvo. 




Noraboa a todos os participantes. 

E tendo en conta a calidade dos textos, todos serán publicados na nosa revista 

O buk de Monchín.



martes, 2 de febrero de 2021

O NOSO TRADICIONAL CONCURSO LITERARIO

 Xa está aquí o concurso literario que agardabas. 

Pregunta polas bases na biblioteca... 


e anímate a participar... 

Os gañadores recibirán un agasallo literario. 

lunes, 1 de febrero de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E NON VIOLENCIA (30-01-2021)

  Actividade "Unha linguaxe para a Paz"

  Co gallo da celebración do Día da Paz desenvolveuse desde a nosa biblioteca escolar unha actividade que perseguía pór en práctica actuacións concretas para que cada alumn@ participante entendera que a paz empeza cun mesm@ e no día a día no noso xeito de falar cos compañeir@s, na forma de relacionarnos persoalmente a través das redes sociais, nos nosos comportamentos cotiás, etc.

   Reproducimos diálogos a través de viñetas nas que se amosaban condutas pouco axeitadas para posteriormente propoñer alternativas máis acordes cunha convivencia solidaria, empática e pacífica. Grazas a todo ó alumnado pola súa implicación e interés.









lunes, 25 de enero de 2021

O INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

 Ola a todos e todas, 

ainda que xa o saberedes...

 temos unha conta de instagram que podedes seguir: 

biblioteca_moncho.valcarce

Nela, comentamos lecturas, falamos de concursos e doutras actividades relacionadas co club de lectura, da biblioteca e do equipo de dinamización... 

Adéntrate e sorpréndete.