lunes, 9 de mayo de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

   

 Co gallo da celebración do Día Das Letras Galegas achegámonos á figura do homenaxeado D. Florencio Delgado Gurriarán coa presentación dos libros: "Obra poética de Florencio Delgado" de Edicións Xerais de Galicia e "Vida e obra dun poeta republicano e galeguista" de Editorial  Galaxia. Ämbolos dous manuais están á vosa disposición na nosa biblioteca escolar.




jueves, 21 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO: EXPOSICIÓN "FRASES CÉLEBRES"

   Con motivo do Día do Libro poñemos a disposición de toda a comunidade educativa a exposición "Frases célebres" que recolle sentencias e mensaxes enunciadas por grandes persoeir@s do mundo da arte e da literatura  e que nos axudan a reflexionar sobre a importancia e os beneficios da lectura.





domingo, 10 de abril de 2022

LIBROS PARA O MERCADIÑO SOLIDARIO ORGANIZADO POLO CLUB DE LECTURA

 O club de lectura está a organizar a celebración do noso tradicional Mercadiño Solidario de libros que se paralizou pola pandemia. 

Este ano, con motivo do Día das Letras Galegas e en colaboración con Equipo de dinamización linguística, imos celebrar o noso tradicional posto de venta de libros. 

Trae os libros que non usas, que non queres, que estás disposto a doar para outros, os teus 

LIBROS SOLIDARIOS... 




TI TAMÉN PODES PARTICIPAR!!!!


REUNIÓNS DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

 Os/as participantes do club de lectura de adultos reuníronse o pasado xoves para valorar as súas lecturas e levar en préstamo a novela La policía de la memoria, que se prevé comentar á volta de Semana Santa. 

Axiña, vos comunicaremos as lecturas do terceiro trimestre. Se queres opinar o facer suxestións sobre este tema, podes facelo en forma de comentarios no noso instagram: biblioteca_moncho.valcarce

Moitas grazas por participar. 




jueves, 10 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: O Feminismo tamén se le

    Por iniciativa do Concello de As Pontes, a Biblioteca Municipal "Enrique Rivera Rouco" e o Centro de Información á Muller do noso concello, poñemos a vosa disposición unha exposición que recolle referencias bibliográficas de promoción, sensibilización e fomento da igualdade de xénero. A meirande parte dos libros referenciados poden consultarse na nosa biblioteca escolar. Saúdos a tod@s.













miércoles, 2 de febrero de 2022

CONVOCATORIA CERTAME LITERARIO CURSO 2021/22

 Desde a Equipa da biblioteca e o Clube de Lectura "DIVERTsidade" convocamos o xa tradicional certame literario de relato curto. No presente curso versará sobre a temática da integración e a diversidade socio-cultural. Facemos agora públicas as bases desta nova convocatoria esperando manter a boa acollida de anos anteriores. Animádevos a participar!!!






lunes, 31 de enero de 2022

Día Internacional da Paz e Non Violencia

 Desde a nosa biblioteca escolar coa exposición "Mans Solidarias" lembramos a toda a comunidade educativa  a importancia de promover un mundo en paz e a necesidade de colaborar na construción dunha orde social máis xusta e humana. Dita exposición foi elaborada polo noso alumnado do primeiro ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria e permanecerá aberta durante os períodos de lecer do vindeiro mes de febreiro de 2022. Non deixedes de visitarnos !!!.