Se che gusta ler e compartir as túas lecturas...
Non o dubides: o club de lectura é para ti. Aínda estás en tempo de formar parte.
Se che gusta ler e compartir as túas lecturas...
Non o dubides: o club de lectura é para ti. Aínda estás en tempo de formar parte.
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 18:39 0 comentarios
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Un grupo de alumn@s de 1º ESO colaboradores da nosa biblioteca escolar elaboraron un sinxelo mural conmemorativo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A súa intención é sensibilizar á nosa comunidade educativa das causas e consecuencias da violencia contra as mulleres. Moitas grazas a tod@s el@s.
Ademais, propúxoselle ao alumnado de 3º de ESO a análise de letras de cancións de contido machista para posteriormente elaborar novas versións que reflictan a crudeza destas mensaxes e inviten ao empoderamento da muller.
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 18:10 0 comentarios
E QUERES COMPARTIR AS TÚAS OPINIÓNS CON OUTROS LECTORES...
ESTE CLUB É PARA TI...
COMPARTIREMOS FEIXES DE TEXTOS
DE XEITO PRESENCIAL E VIRTUAL
DÉIXATE PESCAR POLAS BOAS LECTURAS!!!
PARA PARTICIPAR, PODES DAR O TEU NOME NA BIBLIOTECA...
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 16:50 0 comentarios
SE DEBUXAR É O TEU...
E QUERES SER A PORTADA DA NOSA REVISTA
NON O DUBIDES...
PARTICIPA
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 16:38 0 comentarios
A BIBLIOTECA CHE PROPÓN UNHA ACTIVIDADE
QUERES ESCRIBIR UN RELATO DE MEDO?
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 16:07 0 comentarios
No día de hoxe, 31 de outubro de 2020, celebramos o Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910- Santiago de Compostela, 1990). No seguinte enlace podedes atopar novedades editoriais sobre a figura deste destacado historiador, crítico literario, filósofo e escritor que con tanto empeño dignificou e promoveu o idioma e a cultura galega.
Novidades editoriais: https://catalogo.galiciale.gal/
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 10:37 0 comentarios
O Samaín é unha
festividade céltica moi moi antiga que marca o remate da tempada de colleita e
o comezo do inverno segundo o calendario celta. É celebrada, tradicionalmente, entre o 31 de outubro e o 1º de
novembro, xa que o día celta comeza no lusco-fusco. Atópase a medio camiño
entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno. Crese que o Samaín ten a
súa orixe no politeísmo celta. En Galicia, está fundamentalmente
relacionado co Magosto e o Día dos Defuntos.
Está
baseada na tradición de tallar cabazas o día de Defuntos, que eran deixadas nos
camiños para asustar ós transeúntes. É unha festa asociada ó ciclo anual do sol
que forma parte do Patrimonio Inmaterial de Galicia e da Zona Norte de
Portugal.
Algunhas
destas tradicións foron perseguidas e prohibidas pola Igrexa durante moito
tempo.
A súa
recuperación comezou na década los ‘90 en Cedeira, estendéndose por Galicia con
actividades que involucran as escolas ou asociacións culturais. De feito,
tódo-los anos celebrámolo en Galicia nas nosas escolas e institutos, coma ben
sabedes...
Hoxe en día é común atopala referenciada en diversas
expresións culturais e festivas relacionadas con esa data.
O escritor
e académico Xosé Luís Méndez Ferrín defende que se trata dunha falsa tradición,
inexistente en Galicia ata esta recuperación,
un "costume imposto polo
imperialismo norteamericano", que se quere presentar como tradición
céltica galega como froito dunha corrente ideolóxica celtista; como vedes, hai
unha moi ampla diversidade de opinións acerca disto.
Tamén hai xente que sostén que hai que prestarlle máis atención ás tradicións galegas en canto a outras importadas coma o Halloween que todos coñecemos.
QUERES LECTURAS TERRORÍFICAS?
AQUÍ TES ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS DUNHA ALUMNA DE ITI (2º ESO):
Ainoa Pena Mouta
Este é un dos libros máis terroríficos que coñezo. É moi recomendado para os nenos aos que lles guste o samaín e as novelas. O libro está pensado para lectores a partir dos 9 anos. A verdade é que é moi divertido e interesante, sobre todo para os apaixonados da cociña. Vou contar un pouco de que trata: “relata a historia dun neno chamado Román que, con tan só 10 anos, sabe que de maior quere ser un prestixioso chef e, cando cumpre os 9 anos, pídelles aos seus pais un curso de cociña, pero xusto cando lle chega o seu regalo, é un ataude”. Xa non vos conto máis que senón despois non o ledes!
Este outro non o lin, pero parece moi interesante. Esta recomendado aos nenos de 13 a 18 anos. A autora deste libro é Chris Priestley, e escribiu o libro no ano 2014. Por se os interesa, contareivos un pouco de que trata:“Conta que un neno chamado Robert Harper debe volver ao colexio, e ese é o primeiro viaxe que fai so, pero non é unha viaxe coma todas. O tren detense na boca do túnel e, para pasar o rato, unha muller vestida de branco achégase a Robert e empézalle a contar a historia. Sen embargo, non é unha historia que lle soen contar a todos os nenos...”
Esta xa é a
introdución e xa me da medo... a vos non?
Isto xa é unha peli, chámase “pesadilla antes de navidad” é moi entretida e mola bastante; está recomendada para maiores de 7 anos pero, sinceramente, cada vez que me acordo, véxoa de novo. Para a xente que nunca escoitara dela, voulles contar un pouco de que vai. “Jack Skeletor, o señor do halloween, describe a navidad e queda namorado dunha muller. Por ise motivo decide mellorar a navidad aínda que a súa versión queda totalmente oposta. A súa idea é secuestrar a Santa Claus. Todos os habitantes da ciudad de halloween deben traballar no novo proxecto da Navidad, pero a súa natureza fai que todos teñan tintes macabros. Solo Sally (a muller da da que está namorado Jack) ve o error que está cometendo”. É ata ahí os podo contar, é moi interesante e pegadiza, a min encántame, a verdade, polo que vos convido a que a vexades.
Esta é outra película. Chámase “Los mundos de Coraline” tamén está recomendado a maiores de 7. Pero a min dame igual porque a sigo vendo. A película saíu no ano 2009 e conta que un día unha nena está aburrida e triste, xa que se mudou de casa cos seus pais e ten extraños veciños arriba e abaixo.Entón, xa que estaba aburrida, descubre que no seu piso hai unha porta secreta cara outro lado.
Información recollida de:
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 19:24 0 comentarios
Coa finalidade de resaltar a importancia das bibliotecas como centros de encontro, conservación e difusión da diversidade cultural achegamos infromación dos progamas destinados a fomentar a lectura e das posibilidades de aceso ós fondos bibliográficos que se ofertan desde as distintas bibliotecas públicas de Galicia.
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 9:13 0 comentarios
Lembramos ós integrantes de toda a comunidade educativa do IES Moncho Valcarce que o servizo de préstamo dos nosos fondos atópase habilitado durante os períodos de lecer (luns a venres en horario de 10:10-10:30 e 12:10-12:30). Seguindo as medidas de adaptación á situación sanitaria derivada da COVID-19 este servizo funcionará baixo cita previa quedando restrinxida a súa atención a nove usuari@s por recreo. Esperámosvos!!!
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 10:02 0 comentarios
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 21:04 0 comentarios
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 0:58 0 comentarios
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 21:26 0 comentarios
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 23:35 0 comentarios
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 23:26 0 comentarios
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 23:18 0 comentarios
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 1:38 0 comentarios
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 1:09 0 comentarios
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 0:16 0 comentarios
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 11:12 0 comentarios
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.