miércoles, 15 de junio de 2016

ENTREGA DE PREMIOS AOS GAÑADORES DO CERTAME DE RELATO E DE ILUSTRACIÓN: 

As gañadoras do certame de relato de ESO E BAC: 

 
 Tamara Pérez Permuy, Alba Antúnez y Alba Román


Gañadores do certame de ilustración:


 Soraia Correia y Miguel Ledo

Sheila Adega y Daniel Anidos

¡¡¡¡NORABOA A TOD@S!!!!

Os gañadores do concurso de ilustración convocado polo club de lectura "Contaxiarte" son os seguintes:

GAÑADORES DE BAC.

Soraia Correia de Castro (1ºBAC A
Miguel Ledo Roca (1º BAC B)



GAÑADORES DE ESO

Daniel Anidos Meizoso (4º ESO)
Sheila Adega Bouza (4º ESO)



martes, 7 de junio de 2016

LECTURAS PARA O VERÁN

 Suxestións de lecturas para o verán. Son títulos que pertencen ós fondos da nosa biblioteca. Podedes collelos e disfrutar deles durante todo o verán.





miércoles, 1 de junio de 2016

OS ALUMNOS DO CLUB DE LECTURA "CONTAXIARTE" XÚNTANSE PARA PREPARAR AS ACTIVIDADES DE FINAL DE CURSO: A REVISTA: "EL BUK DE MONCHÍN" E A SAÍDA CULTURAL A MONDOÑEDO.

martes, 24 de mayo de 2016

CERTAME ILUSTRACIÓN 2016

Deixamos aquí imaxes dos traballos que se presentaron ó Certame de Ilustración convocado durante este mes de maio.

lunes, 23 de mayo de 2016

NOVAS DO CONCURSO DE ILUSTRACIÓN



XA ESTÁ NOMEADO O XURADO DO CERTAME DE ILUSTRACIÓN "CONTAxiarte" 




 Esta semana decídense os gañadores das diferentes categorías. 


OS MEMBROS DO XURADO SON: 

TAMARA PÉREZ PERMUY (ALUMNA DE 2º BAC B)
RAQUEL BACELO (CONSERXE)
JUANA PARDO (PROFESORA DE BIOLOXÍA E DEBUXO)
DIANA ARADAS (PROFESORA DE LINGUA CASTELÁ)







OS GAÑADORES PUBLICARANSE NESTE BLOG. 


O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS REUNIUSE HOXE, LUNS 23 DE MAIO,

NO SEGUNDO RECREO PARA POÑER EN COMÚN A SÚAS OPINIÓNS SOBRE O LIBRO

EL VINO DE LA SOLEDAD DE IRENE NEMEROVSKI.



ENTRE O 13 E O 20 DE MAIO TERÁ LUGAR UNHA NOVA REUNIÓN. ESTA VEZ PARA
COMENTAR O SEGUNDO LIBRO DE LECTURA DO TRIMESTRE:

NUNHA PENSIÓN ALEMÁ DE KATHERINE MANSFIELD 




miércoles, 20 de abril de 2016

SEMANA DO LIBRO: Mercado Solidario

 
  Como xa se tiña anunciado entre o 18 e o 22 de abril teremos aberto o mercado solidario de libro de vello.  Este ano a colaboración é coa ONG Proactiva Open Arms. Deixamos este breve vídeo informativo.
 
 

miércoles, 13 de abril de 2016


XA TEMOS TÍTULOS PARA O  CLUB DE LECTURA DE ADULTOS


OS LIBROS ESCOLLIDOS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE SON OS SEGUINTES:


El vino de la soledad


de Irene Nemerovski
Descrita como la novela más personal y autobiográfica de Irène Némirovsky, El vino de la soledad (publicada en 1935) recrea el destino de una adinerada familia rusa refugiada en París, y describe la venganza de una joven contra su madre, motivo que la escritora ya había tratado en esa pequeña joya literaria que es El baile. Con una mirada inteligente y ácida, la novela sigue a la pequeña Elena de los ocho años a la mayoría de edad, desde Ucrania hasta San Petersburgo, Finlandia y finalmente París, donde la familia se instala tras el estallido de la revolución rusa, en un recorrido paralelo al que realizó la propia Némirovsky. La madre de Elena, una mujer bella y frívola de origen noble, desprecia a su marido, un potentado judío, y a su hija. Tras la muerte de la gobernanta, la vida de la niña se vuelve aún más difícil, pues su madre instala en la casa a su amante, un primo quince años más joven que ella. No obstante, el tiempo convierte a Elena en una joven hermosa, y el día que descubre que atrae al amante de su madre, comprende que ha llegado el momento de vengarse.

Nunha pensión alemá


Nunha pensión alemá é o primeiro libro de Katherine Mansfield. Publicado en 1911, o volume está composto por 13 relatos en gran medida inspirados pola estancia (obrigada por súa nai) da propia autora nunha pensión alemá para ocultar un embarazo extramarital. Nestas breves estampas cargadas de capacidade de observación, sutileza e ironía, Mansfield disecciona as relacións humanas nas que a narradora participa como protagonista ou como mera testemuña, poñendo especial atención nas fracturas comunicativas.


¡PRONTO ESTARÁN Á VOSA DISPOSICIÓN NA BIBLIOTECA!

viernes, 1 de abril de 2016

MERCADO SOLIDARIO

   Como todos os anos e dentro das actividades propias da semana do libro (18 a 23 de abril) iniciamos a recollida de libros para o noso mercado solidario. Este ano a nosa colaboración será coa ONG Proactiva Open Arms adicada ó salvamento marítimo de refuxiados sirios na illa grega de Lesbos. Contamos con vós.


miércoles, 9 de marzo de 2016

EXPOSICIÓN "MULLERES GALEGAS"

  Como anunciamos días atrás desde o pasado 8 de marzo temos aberta a exposición "Mulleres Galegas" no hall do noso centro escolar. Esperamos a vosa visita.
 



















 



O XURADO DO CERTAME DE RELATO 

"CONTAxiarte"


ESCOLLEU OS TEXTOS GAÑADORES

ABRIU ESTE LUNS OS SOBRES COS DATOS PERSOAIS DOS PARTICIPANTES 




ESTES SON OS PREMIADOS:  


Alba Román Navarro: "Otro día "normal" para Estela; raro para los demás" (1º ESO A)

Alba Antúnez Pena: "El título lo puede poner ella" (1º BAC A)

Tamara Pérez Permuy: "A verdadeira fera" (2º BAC B)

Chus Galego: "Una noche de invierno" (Profesora de lengua castellana)




¡Noraboa aos gañadores


e grazas a todos por participar!





jueves, 3 de marzo de 2016

CONTAXIA OS TEUS LIBROS




Os membros do Club de lectura "Contaxiarte" queremos facer un mercadiño solidario

¿Tes libros que non usas? ¿Coñeces xente (amigos, familiares...) que queira donar os seus?








Entrégaos na biblioteca do insti.


¡GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN!

martes, 1 de marzo de 2016



NOVAS DO CONCURSO DE RELATOS



XA ESTÁ NOMEADO O XURADO DO CERTAME LITERARIO "CONTAxiarte" 







 Esta semana decídense os gañadores das diferentes categorías. 


OS MEMBROS DO XURADO SON: 

CARLOTA CANDELAS (ALUMNA DE 1º DE BAC C)
CANDELA PAZ GONZÁLEZ (ALUMNA DE 1º BAC C)
CARMELA FRANCO CAAVEIRO (ALUMNA DE 1º BAC C)

ANDREA TRASTOY PERMUY (ALUMNA DE 2º BAC B)

MARTA PÉREZ GARCÍA (PROFESORA DE LINGUA CASTELÁ)
DIANA ARADAS BLANCO (PROFESORA DE LINGUA CASTELÁ)




OS GAÑADORES PUBLICARANSE NESTE BLOG. 





CELEBRACIÓN DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

   O vindeiro 8 de marzo celebraremos o Día Internacional da Muller Traballadora coa organización da exposición "Mulleres Galegas". Dita exposición recolle unha breve reseña biográfica de vinte das mulleres galegas incluídas no álbum de mulleres editado pola Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. O material empregado será PVC espumado tamaño dina A4 coa finalidade de conformar unha exposición estable e que poida ser ampliada e compartida con outros centros educativos e bibliotecas en cursos próximos.


lunes, 15 de febrero de 2016

Celebración do San Valentín

  O pasado venres celebramos o Día de San Valentín co reparto de versos de amor. O alumnado tivo a súa disposición toda unha serie de versos en lingua galega e castelán. Os versos podían ser recollidos tanto como regalo persoal como para agasallar a un compañeir@ en sinal de amor, gratitude ou amizade.Repartíronse versos escollidos de composicións poéticas de autores como: Manuel Rivas, Marwan, Pablo Neruda, Ana Merino, Elvira Sartre, etc.












miércoles, 27 de enero de 2016

OS MEMBROS DO CLUB DE LECTURA 


están a preparar entrevistas a alumnos con hábitos lectores.

As aportacións formarán parte da revista do centro:


 El buk de Monchín.


 De ser posible, a revista presentarase en abril, 

con motivo do día do libro. 



Animamos aos interesados a participar




Reuníronse participantes do 

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

o lunes 18 de xaneiro para decidir a orde de lectura dos libros. 

Comezaremos por OS DESPOSEIDOS DE BORBÉLY


Faremos unha nova reunión para comentalo o luns 15 de febreiro no segundo recreo. 

Agardámosvos para esas datas. 

¡Felices lecturas!

jueves, 21 de enero de 2016

EXPOSICIÓN SÍMBOLOS DA PAZ

  Entre o 25 de xaneiro e o 4 de febreiro teredes a vosa disposición na nosa biblioteca a exposición "Símbolos da Paz" elaborada polo alumnado de 1º ESO. Espèramos que sexa do voso agrado.