sábado, 24 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

   Con motivo do Día do Libro desde a biblioteca do IES Moncho Valcarce desenvolvéronse, en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüistica do centro e o Departamento de Bioloxía, varias iniciativas das que damos conta a continuación.

  • Recital poético: un grupo de alumn@s de 3º ESO declamaron varios poemas clásicos da literatura galega así como algunhas composicións orixinais de creación propia.


  • Exposición de fondos bibliográficos relacionados coa lectura transinclusiva.




  • Celebración do Día da Terra coa lectura pública e comunitaria de textos de sensibilización medio-ambiental- Algunhas desas intervencións foron incluídas no noso Instagram baixo o hashtag #lendonatureza@ceidagalicia.

  • Fallo do concurso literario. Neste senso apuntar que resultaron gañadores os alumnos Antón de la Fuente Vivero (nivel 3º-4ª ESO) e Óscar Barro Piñón (nivel 1º-2º ESO). Grazas a tod@s pola vosa participación e noraboa ós gañadores.






martes, 6 de abril de 2021

NOVA SELECCIÓN PARA O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS



 Xa vamos co noso terceiro libro de lectura do curso. 

Como non facemos reunións presenciais, agradecemos aos participantes as colaboracións que acheguen, as suxestións e as recensións. Podes envialas a bukdemonchin@gmail.com

Tamén podes facelo polo grupo de whatsapp.

Publicaremos as túas opinións na nosa revista. 


Grazas por participar. 



lunes, 5 de abril de 2021

CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA (21 DE MARZO)

O luns 22 de marzo conmemoramos o día da poesía cunha actividade para achegar aos alumnos a este xénero literario. 

A través do blog, das redes sociais (instagram) e nas aulas...

 informouse aos alumnos de que recibirían un bombón e un poema se asistían á biblioteca. O poema foi un texto plastificado a modo de marcapáxinas. 

Ademáis, os alumnos que se atreveron a recitar o seu poema no salón de actos recibiron ademáis un agasallo en verso. 


















CHARLA NO CLUB DE LECTURA CON MOTIVO DO DÍA DA MULLER

Con motivo do día 8 DE MAIO, 

a alumna de segundo de bacharelato Miriam Castro 

participou nun coloquio co alumnado sobre temas de igualdade, feminismo e violencia de xénero. 

O obxectivo foi coñecer o xeito en que os alumnos e alumnas perciben as conductas sexistas, as desigualdades e outras formas de violencia de xénero. 

Seguiremos afondando neste coloquio coa intención de incorporar algunha aportación para a nosa revista. 




miércoles, 24 de febrero de 2021

Día Internacional da Muller (8 de Marzo): Libros coeducación

       Desde a nosa biblioteca escolar poñemos a disposición do alumnado e dos distintos departamentos didácticos material propio dos nosos fondos para traballar a coeducación co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.





DÍA DA ILUSTRACIÓN

   O pasado 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Castelao, a Xunta de Galicia celebrou o día da Ilustración. Para celebralo o departamento de Educación Plástica e Visual baixo a coordinación dos seus profesores, Silvia e Toni, analizou a función da arte ilustrativa e a súa influenza no mundo actual.

   As creacións do seu alumnado de Educación Secundaria están a ser expostos e a disposición de toda a comunidade educativa nos paneis acristalados da nosa biblioteca escolar. Xunto cos traballos inclúense uns códigos QR que proporcionan información sobre divers@s ilustrador@s e  sobre lugares online de interés xeral relacionados coa ilustración. Quedades invitados a visitar esta orixinal exposición e grazas a tod@s pola vosa implicación.















miércoles, 3 de febrero de 2021

A GAÑADORA DO CONCURSO DE RELATO DE SAMAÍN

Un xurado conformado por tres alumnas de segundo de bacharelato decidiu o gañador dos relatos presentados ao certame convocado polo club de lectura e os alumnos/as de ITI. 

A decisión estivo difícil pola calidade dos textos. Na súa opinión as obras presentadas tiñan unha gran calidade expresiva, creativa e orixinalidade. 

O premio foi concedido ao conto Luna azul de Uxía Piñón Calvo. 




Noraboa a todos os participantes. 

E tendo en conta a calidade dos textos, todos serán publicados na nosa revista 

O buk de Monchín.



martes, 2 de febrero de 2021

O NOSO TRADICIONAL CONCURSO LITERARIO

 Xa está aquí o concurso literario que agardabas. 

Pregunta polas bases na biblioteca... 


e anímate a participar... 

Os gañadores recibirán un agasallo literario. 

lunes, 1 de febrero de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E NON VIOLENCIA (30-01-2021)

  Actividade "Unha linguaxe para a Paz"

  Co gallo da celebración do Día da Paz desenvolveuse desde a nosa biblioteca escolar unha actividade que perseguía pór en práctica actuacións concretas para que cada alumn@ participante entendera que a paz empeza cun mesm@ e no día a día no noso xeito de falar cos compañeir@s, na forma de relacionarnos persoalmente a través das redes sociais, nos nosos comportamentos cotiás, etc.

   Reproducimos diálogos a través de viñetas nas que se amosaban condutas pouco axeitadas para posteriormente propoñer alternativas máis acordes cunha convivencia solidaria, empática e pacífica. Grazas a todo ó alumnado pola súa implicación e interés.









lunes, 25 de enero de 2021

O INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

 Ola a todos e todas, 

ainda que xa o saberedes...

 temos unha conta de instagram que podedes seguir: 

biblioteca_moncho.valcarce

Nela, comentamos lecturas, falamos de concursos e doutras actividades relacionadas co club de lectura, da biblioteca e do equipo de dinamización... 

Adéntrate e sorpréndete.




martes, 1 de diciembre de 2020

XA ESTÁ AQUÍ A PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA CAER NAS REDES

 Se che gusta ler e compartir as túas lecturas...

Non o dubides: o club de lectura é para ti. Aínda estás en tempo de formar parte. 



SERÁ NA BIBLIOTECA DO CENTRO 

O VENRES 4 DE DECEMBRO ÁS 10:10 h


martes, 24 de noviembre de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

    25 DE NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Un grupo de alumn@s de 1º ESO colaboradores da nosa biblioteca escolar elaboraron un sinxelo mural conmemorativo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A súa intención é sensibilizar á nosa comunidade educativa das causas e consecuencias da violencia contra as mulleres. Moitas grazas a tod@s el@s.


Ademais, propúxoselle ao alumnado de 3º de ESO a análise de letras de cancións de contido machista para posteriormente elaborar novas versións que reflictan a crudeza destas mensaxes e inviten ao empoderamento da muller. 






lunes, 2 de noviembre de 2020

XA ESTÁ AQUÍ UN NOVO CLUB DE LECTURA!!!

 SE CHE ENCANTA LER

E QUERES COMPARTIR AS TÚAS OPINIÓNS CON OUTROS LECTORES... 


ESTE CLUB É PARA TI... 

COMPARTIREMOS FEIXES DE TEXTOS

DE XEITO PRESENCIAL E VIRTUAL


DÉIXATE PESCAR POLAS BOAS LECTURAS!!!



PARA PARTICIPAR, PODES DAR O TEU NOME NA BIBLIOTECA... 



CONCURSO: UN DEBUXO DE REVISTA

 

QUERES ILUSTRAR A NOSA PUBLICACIÓN O BUK DE MONCHÍN?

SE DEBUXAR É O TEU... 

E QUERES SER A PORTADA DA NOSA REVISTA


NON O DUBIDES... 

PARTICIPA


CON MOTIVO DO SAMAÍN 2020 

A BIBLIOTECA CHE PROPÓN UNHA ACTIVIDADE 


QUERES ESCRIBIR UN RELATO DE MEDO? 

A BIBLIOTECA ANÍMATE A PARTICIPAR CO TEU

  NA NOSA REVISTA LITERARIA





sábado, 31 de octubre de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

   No día de hoxe, 31 de outubro de 2020, celebramos o Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910- Santiago de Compostela, 1990). No seguinte enlace podedes atopar novedades editoriais sobre a figura deste destacado historiador, crítico literario, filósofo e escritor que con tanto empeño dignificou e promoveu o idioma e a cultura galega.

Novidades editoriais: https://catalogo.galiciale.gal/




martes, 27 de octubre de 2020

O SAMAÍN

COÑECE CON @CLICKJACOBO AS ORIXES DO SAMAÍN NA NOSA TERRA!

CANTO SABES SOBRE O SAMAÍN?

COÑECE CON @CLICKJACOBO AS ORIXES DO SAMAÍN NA NOSA TERRA!

O Samaín é unha festividade céltica moi moi antiga que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno segundo o calendario celta. É celebrada, tradicionalmente, entre o  31 de outubro e o 1º de novembro, xa que o día celta comeza no lusco-fusco. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno. Crese que o Samaín ten a súa orixe no politeísmo celta. En Galicia, está fundamentalmente relacionado co Magosto e o Día dos Defuntos.

Está baseada na tradición de tallar cabazas o día de Defuntos, que eran deixadas nos camiños para asustar ós transeúntes. É unha festa asociada ó ciclo anual do sol que forma parte do Patrimonio Inmaterial de Galicia e da Zona Norte de Portugal.

Algunhas destas tradicións foron perseguidas e prohibidas pola Igrexa durante moito tempo.

A súa recuperación comezou na década los ‘90 en Cedeira, estendéndose por Galicia con actividades que involucran as escolas ou asociacións culturais. De feito, tódo-los anos celebrámolo en Galicia nas nosas escolas e institutos, coma ben sabedes...

Hoxe en día é común atopala referenciada en diversas expresións culturais e festivas relacionadas con esa data.

O escritor e académico Xosé Luís Méndez Ferrín defende que se trata dunha falsa tradición, inexistente en Galicia ata esta recuperación, un "costume imposto polo imperialismo norteamericano", que se quere presentar como tradición céltica galega como froito dunha corrente ideolóxica celtista; como vedes, hai unha moi ampla diversidade de opinións acerca disto.

Tamén hai xente que sostén que hai que prestarlle máis atención ás tradicións galegas en canto a outras importadas coma o Halloween que todos coñecemos.


                                    Decoración de cabazas

"Doce cosas que debes saber sobre el Samaín", La voz de Galicia, en: https://viajes.lavozdegalicia.es/lista/viajes-galicia/2018/07/05/doce-debes-saber-sobre-samain/03071530805944300944843.htm#1 (consultado o día 14/10/2020)



QUERES LECTURAS TERRORÍFICAS? 

AQUÍ TES ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS DUNHA ALUMNA DE ITI (2º ESO):  

Ainoa Pena Mouta


Este é un dos libros máis terroríficos que coñezo. É moi recomendado para os nenos aos que lles guste o samaín e as novelas. O libro está pensado para lectores a partir dos 9 anos. A verdade é que é moi divertido e interesante, sobre todo para os apaixonados da cociña. Vou contar un pouco de que trata: “relata a historia dun neno chamado Román que, con tan só 10 anos, sabe que de maior quere ser un prestixioso chef e, cando cumpre os 9 anos, pídelles aos seus pais un curso de cociña, pero xusto cando lle chega o seu regalo, é un ataude”. Xa non vos conto máis que senón despois non o ledes!


Este outro non o lin, pero parece moi interesante. Esta recomendado aos nenos de 13 a 18 anos. A autora deste libro é Chris Priestley, e escribiu o libro no ano 2014. Por se os interesa, contareivos un pouco de que trata:“Conta que un neno chamado Robert Harper debe volver ao colexio, e ese é o primeiro viaxe que fai so, pero non é unha viaxe coma todas. O tren detense na boca do túnel e, para pasar o rato, unha muller vestida de branco achégase a Robert e empézalle a contar a historia. Sen embargo, non é unha historia que lle soen contar a todos os nenos...”

Esta xa é a introdución e xa me da medo... a vos non?



Isto xa é unha peli, chámase “pesadilla antes de navidad” é moi entretida e mola bastante; está recomendada para maiores de 7 anos pero, sinceramente, cada vez que me acordo, véxoa de novo. Para a xente que nunca escoitara dela, voulles contar un pouco de que vai. “Jack Skeletor, o señor do halloween, describe a navidad e queda namorado dunha muller. Por ise motivo decide mellorar a navidad aínda que a súa versión queda totalmente oposta. A súa idea é secuestrar a Santa Claus. Todos os habitantes da ciudad de halloween deben traballar no novo proxecto da Navidad, pero a súa natureza fai que todos teñan tintes macabros. Solo Sally (a muller da da que está namorado Jack) ve o error que está cometendo”. É ata ahí os podo contar, é moi interesante e pegadiza, a min encántame, a verdade, polo que vos convido a que a vexades.


Esta é outra película. Chámase “Los mundos de Coraline” tamén está recomendado a maiores de 7. Pero a min dame igual porque a sigo vendo. A película saíu no ano 2009 e conta que un día unha nena está aburrida e triste, xa que se mudou de casa cos seus pais e ten extraños veciños arriba e abaixo.Entón, xa que estaba aburrida, descubre que no seu piso hai unha porta secreta cara outro lado.


Información recollida de: 

www.bebesymas.com

www.boolino.es

www.alalibreta.com


 

        


domingo, 25 de octubre de 2020

DÍA DA BIBLIOTECA

  Coa finalidade de resaltar a importancia das bibliotecas como centros de encontro, conservación e difusión da diversidade cultural achegamos infromación dos progamas destinados a fomentar a lectura e das posibilidades de aceso ós fondos bibliográficos que se ofertan desde as distintas bibliotecas públicas de Galicia.



sábado, 24 de octubre de 2020

Horario servizo préstamo

    Lembramos ós integrantes de toda a comunidade educativa do IES Moncho Valcarce que o servizo de préstamo dos nosos fondos atópase habilitado durante os períodos de lecer (luns a venres en horario de 10:10-10:30 e 12:10-12:30).  Seguindo as medidas de adaptación á situación sanitaria derivada da COVID-19 este servizo funcionará baixo cita previa quedando restrinxida a súa atención a nove usuari@s por recreo. Esperámosvos!!!