lunes, 23 de febrero de 2015

GAÑADORES CERTAME LITERARIO CURSO 2014/15

   Xa temos a lista de premiados do concurso literario de relato curto convocado polo noso Club de Lectura. En vindeira data farase entrega oficial dos agasallos na biblioteca do noso centro escolar. Noraboa a tod@s os premiad@s e participantes.


1º  Ciclo ESO

  •    Paula Sabín Carrión por "Un futuro inesperado"

2º Ciclo ESO
  • Alba Antúnez Pena por "Instantes"
  • Walisson Da Silva Gama por "Amor, prohibición y diferencias"
Bacharelato
  • Tamara Pérez Permuy por "Tres lechuzas"
  • Lucía Rivera Gutiérrez por "Ahora y siempre"
Adultos
  • María Jesús Galego Pacheco por " El perro y el dinosaurio"
  • José Fernández Novo por " The White Pigeón III"

jueves, 29 de enero de 2015

O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS DO 2015


deu comezo o mércores 28 de xaneiro.


Os libros seleccionados para este segundo trimestre son: 




Londres, 1792. La familia Kellaway acaba de llegar a la gran capital para buscar fortuna y olvidar un pasado doloroso. Ahí los espera una ciudad palpitante donde todos tendrán ocasión de aprender algo nuevo: los mayores descubrirán que en su vida aún hay lugar para el placer, y los jóvenes cruzarán ese puente tambaleante qu e lleva de la adolescencia a la madurez de la mano de William Blake, el más sabio de los maestros. Domadores de leones y acróbatas, artesanos, pícaros, seductores, asesinos y revolucionarios... El mundo entero desfila ante los ojos de Jem y su hermana Maisie, que aprenden a vivir en las callejuelas del barrio en compañía de la entrañable Maggie, una chiquilla que guarda un sórdido secreto. Un buen día los tres visitarán por fin el estudio de Blake, un vecino strafalario dedicado a la lectura, el dibujo y la escritura, y de sus labios oirán las primeras lecciones de vida. Novela de aprendizaje y retrato magistral de una época y un poeta extraordinarios, El maestro de la inocencia muestra una vez más el talento de Tracy Chevalier, una gran escritora que une pasado y presente con el hilo de la emoción.







      

Un dos actuais escritores alemáns de maior prestixio, escribe unha novela de prosa intensa, unha investigación subxugante en busca da verdade.

Os avós de Peter Debauer traballan como correctores para unha colección de literatura popular. Decote, o rapaz debuxa e fai os deberes no dorso dos folios corrixidos e un día dá en ler unha das historias. Intrigado, descobre na narración incompleta dun prisioneiro de guerra alemán retido en Siberia detalles que se relacionan estrañamente coa súa propia vida... Bernhard Schlink (Bielefeld, 1944), un dos actuais escritores alemáns de maior prestixio, escribe unha novela de prosa axustada e intensa, unha investigación subxugante en busca da verdade e en contra do silencio.


As reunións terán periodicidade mensual e celebraranse nos recreos

Os libros de lectura estarán axiña na biblioteca

jueves, 22 de enero de 2015

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E NON VIOLENCIA

   O  vindeiro venres día 30 de xaneiro celebraremos o día Internacional da Paz e Non Violencia cunha exposición de viñetas temáticas que se situará na entrada do noso centro educativo. Non deixedes de darlle una ollada.
 

Tamara Pérez Permuy 1º BAC A

O Noso Club de Lectura foi noticia

   O pasado mércores 21 de xaneiro o periódico "El Progreso" dedicou un artigo aos Clubs de Lectura dos centros educativos da Terra Chá, Meira e As Pontes. Neste traballo xornalístico faise mención específica das actividades que se veñen desenvolvendo neste senso no IES Moncho Valcarce. Noraboa a participantes e organizadores polo seu sempre bo facer.
 

 

lunes, 12 de enero de 2015

PROXECCIÓN CONTOS EDUCATIVOS

   Nos vindeiros meses aproveitaremos os recreos dos mércores para proxectar fragmentos de curtametraxes e contos didácticos. Esperamos a vosa presenza e as vosas sempre axeitadas propostas.
 
 
 

miércoles, 10 de diciembre de 2014

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA


 Entre os días 4 e 12 de decembro tedes a oportunidade de visitar a Exposición "Lugares e Xentes" con fotos antigas da comarca pontesa. Graciñas a tod@s pola vosa colaboración.

martes, 9 de diciembre de 2014




jueves, 20 de noviembre de 2014

DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA MACHISTA (25-11-2014)

 O vindeiro luns 24 de novembro proxectaremos durante os recreos a montaxe audiovisual elaborada polos alumn@s de Educación Secundaria na clase de relixión con motivo da celebración do Día Internacional de Loita contra a Eliminación da Violencia contra a Muller. Como xa ben sabedes, estades tod@s invitados.
 
 


viernes, 7 de noviembre de 2014


 CON MOTIVO DO SAMAÍN 2014


O IES MONCHO VALCARCE E O CLUB DE LECTURA A TEIMA DO DINOSAURIO
ORGANIZARON UNHA ACTIVIDADE DE CREACIÓN DE RELATOS DE TERROR.

Os alumnos do centro participaron nesta actividade guiada que consistiu en responder ás preguntas: "Que? Quen? Onde? Como? e Por que? dacordo coa técnica do "cadáver exquisto" dos Surrealistas.






 Estas son as pequenas historias resultantes: 

 

 

Con motivo desta festividade o IES elaborou outras actividades como unha exposición de froitos de outono (na entrada) e un pasadizo do terror (no salón de actos).