sábado, 28 de febrero de 2009

A biblioteca máis bonita do mundo

Aínda que neste caso sobran as palabras porque estas imaxes que ides ver dan boa conta do título, non quero deixar de recomendar que si ides a Porto visitedes esta maravilla (por dentro e por fora). Ademais está moi cerca da Torre dos Clérigos e podedes entrar tranquilamente, o propietario está acostumado a que a xente entre e faga fotos.

Ten dúas plantas, xunguidas por unha escaleira preciosa e arriba hai como unhas pequenas mesas onde podedes tomar algo.


viernes, 27 de febrero de 2009

Aprender a investigar dende a Biblioteca escolar: Galicia

Quero facerme eco desta noticia que todos debemos coñecer.
O pasado mes de xaneiro tivo lugar un seminario en Vilanova sobre alfabetización informacional, no que Cristina Novoa presentou unha panorámica das accións que se realizan nesta comunidade para tecer unha rede de bibliotecas escolares, avanzando hacia os proxectos documentais como forma de usar a capacidade transformadora das bibliotecas para desenvolver as competencias básicas.

Xa hai varias comunidades como Galicia, Asturias e Cataluña que teñen incorporado ao currículum unha asignatura de “proyecto de investigación” ou “proyecto documental” nalgún curso da ESO, na que a Biblioteca é o laboratorio de traballo para o manexo das fontes de información.

Cataluña ten ademais un programa complementario chamado “Mentes curiosas“.


Alfinred xorde como resultado das conclusións do documento “Declaración de Toledo sobre la alfabetización informacional (Alfin) - Bibliotecas por el aprendizaje permanente” (2006), no relativo a:

Creación, mantenimiento y actualización de un sitio web específico sobre alfabetizaciones y competencias fundamentales, como centro de recursos y apoyo a los foros e iniciativas que se desarrollen.

Logo AlfinOs obxectivos do "Foro Alfinred" son:

  • Crear unha comunidade virtual para o estudo, a investigación, a promoción e a posta en práctica de servicios de alfabetización informacional.
  • Facer dispoñible á comunidade profesional e á cidadanía informacións, tutoriais, comentarios e propostas de mellora da capacidade de informarse.
  • Intensificar a presenza das bibliotecas nas políticas de alfabetización dixital e aprendizaxe permanente.

Está promovido pola Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria, do Ministerio de Cultura.



viernes, 20 de febrero de 2009

O noso entroido


O entroido é unha festa tradicional no noso centro. Gústanos transgredir por unhas horas e converternos noutros personaxes, noutras cousas que doutra maneira non podería ter sido. Se non se pode ter a oportunidade de ser actor, sempre nos pode quedar o entroido.
A palabra entroido deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" da primavera e do rexurdimento da vexetación. Na zona norte de Galiza emprégase antroido, como no antroido ribadense e na zona da Fonsagrada, incluso Monforte de Lemos e Viana do Bolo, mentres que no sur é máis frecuente entroido. A palabra aparece citada desde o século XIII. O entroido coñécese tamén como carnaval, que tamén é un termo galego. Nalgúns países onde o entroido desapareceu por presión eclesiástica ou policial, cando foi recuperado utilizouse o termo "carnaval" (así no Brasil). Tamén é carnaval o termo correcto para festas similares celebradas fóra dos días anteriores á Coresma, como os carnavais de verán.
A palabra vén do italiano carnevale, que ten como orixe, segundo a maioría dos etimoloxistas modernos o latín vulgar carne-levare, que significaba "abandonar a carne" (o cal xustamente era a prescrición obrigatoria para todo o pobo durante todos os venres da Coresma).
As denominacións populares de carnestoltes ou carnestolendas, respectivamente, parecen indicar que esta é a opción etimolóxica máis sensata (do latín tolere, retirar).

Posteriormente xurdiu outra etimoloxía manexada no ámbito popular: a palabra italiana carnevale significaría que durante a época do carnaval a "carne vale", ou sexa que "se pode comer".
Pero a fins do século XX, varios autores comezaron a sospeitar a orixe pagá do nome. Carna é a deusa celta das fabas e o touciño. Tamén estaría conectada con festas indoeuropeas, dedicadas ao deus Karna(que no Mahabhárata aparece como un ser humano, irmán maior dos Pándavas, fillo do deus do Sol e a raíña Kuntí).



As máscaras do antroido galego presentan, segundo as zonas e comarcas, trazos diferentes. Podemos distinguir dous grandes grupos:

  • As máscaras ourensás, que pertencen aos antroidos dun arco de vilas que nace en Maceda e esténdese polo sur da provincia e remonta polo leste ata chegar á Ribeira Sacra. Son, habitualmente, máscaras coloristas que cobren a cara, realizadas moitas delas en madeira e que teñen como misión meter medo, asustar, bater nos veciños ou escorrentalos. Aínda que ás veces van en grupo, a súa presenza é habitualmente individual. Entre elas están os cigarróns de Verín, os peliqueiros de Laza, os felos de Maceda, os boteiros de Vilariño de Conso, de Manzaneda e de Viana do Bolo, os irrios de Castro Caldelas, as charrúas de Allariz, as pantallas de Xinzo, os vergalleiros de Sarreaus, os murrieiros da Teixeira, os troteiros de Bande, os vellarróns de Riós, etc.
  • As máscaras da zona atlántica, nunha zona non continua que vai dende Cangas e Vilaboa ao sur ata as comarcas do Deza e o val do Ulla.


Este ano nós tamen temos as nosas máscaras particulais grazas ao departamento de debuxo, á nosa compañeira Ali Puchades e os seus alumnos, que con unha técnica moi depurada ou con materiais de refugallo acadaron uns fenomenais resultados.

miércoles, 18 de febrero de 2009

Día mundial da poesía

“La poesía, principio y fin de todo, es indefinible. Si se pudiera definir, su definidor sería el dueño de su secreto, el dueño de ella. Y el secreto de la poesía no lo ha sabido, no lo sabe, no lo sabrá nunca nadie(…)"
Juan Ramón Jimenez

Cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Esta conmemoración foi impulsada pola UNESCO no ano 2000 co obxectivo de recoñecer as actividades poéticas que se realizan nos diferentes países e promover a poesía como unha forma de cultura esencial.

Esta organización considera que o mundo contemporáneo ten necesidades, no terreo da estética, que a poesía pode cubrir sempre e cando se recoñeza o seu papel social. Por este motivo, era necesario crear un día específico que servira para mostrar a importancia da poesía á opinión pública. Este Día da Poesía é o marco no que se efectúan as accións para soster este xénero literario, valóranse os esforzos dos pequenos editores que intentan entrar no mercado e se fomenta a lectura e o coñecemento da poesía.

Nós quixemos, dende a Biblioteca, colaborar nesta celebración mundial adiantádonos un pouco para poder xuntar esta festividade co Día de San Valentín, que ten unha longa tradición no noso centro, e organizamos as seguintes actividades:
-Escolla de poemas que os alumnos recollían nos recreos na Biblioteca para engadir ás súas cartas de amor e amizade.
-Lectura de poemas a cargo de alumnos do centro:
Noemí Tojeiro e Alberto Dopico, de 4º de ESO leron os seus propios poemas.
- Recibimos a Berta Dávila, unha xove poeta múltiples
veces premiada ( Minerva, Entre Nós en Galego, Premio Concello de Ames,...), para que nos recitara os seus versos.
Esta autora presentounos tamén a súa novela gañado
ra do premio Biblos-Pazos "Bailarei sobre a túa tumba".
-Sorteo de 15 exemplares da súa obra Dentro, Premio Avelina Valladares
e 7 exemplares de Pablo Neruda.


Grazas a Tucho Calvo pola súa colaboración desinteresada e a cantos puxeron da súa forza e do seu tempo para que a actividade saíra adiante.








“¿Qué es poesía?”, dices mientras clavas En mi pupila tu pupila azul. “¿Qué es poesía? ¿Y tú me lo preguntas? Poesía… eres tú”
Gustavo Adolfo Bécquer

lunes, 16 de febrero de 2009

Teresa Moure no noso Club de lectura de adultos

Teresa naceu en Monforte, é doctora en Lingüística e exerce a docencia nas Facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e unha apaixoada dos recunchos da linguaxe.
A súa carreira como escritora comeza en 1997 co ensaio: "Alternativa non discreta en lingüística: unha perspectiva histórica e metodolóxica".
A esta obra síguenlle outras dúas tamén dentro deste xénero en 2001, "Universales da linguaxe e linguo-diversidade" e "A lingüística no conxunto do coñecemento: unha mirada crítica".
En 2004 gaña o Premio Manuel Lueiro Rei de novela curta por "A xeira das árbores ", un día na vida de Clara, muller-árbore que se enfronta ao mundo.
Co ensaio "Outro idioma é posible" rachou cos esquemas preconcebidos e revolucionou o campo da lingüística, ademais de obter o premio Ramón Piñeiro.
Gañadora dos premios Xerais de novela, o Premio AELG e o Premio da Crítica de narrativa galega con Herba moura, coa que esta autora acada o recoñecemento internacional. Esta obra está traducida ao catalán, español, rumano, italiano, portugués e neerlandés.
Pero Teresa Moure non somentes destacará en novela e ensaio senón que ademais en 2007 é gañadora do Premio Rafael Dieste de teatro pola súa peza "Unha primavera para Aldara", peza representada por Teatro do Atlántico e que tivemos sorte de ver aínda non hai tres meses aquí, no Cine Alovi.
Deste mesmo ano son tamén dúas novelas "Benquerida catástrofe", a que Teresa lle ten moito cariño e "A casa dos Lucarios"( na nosa biblioteca podedes atopala tamén).

Viñamos lendo dende hai algo máis dun mes Herba Moura. Esta pareceunos un canto ás paixóns: á paixón amorosa pero tamén a outras paixóns como a do amor polo coñecemento, a da amizade, a da maternidade, a da lectura e a da palabra.
Nesta novela formúlanse debates filosóficos, pero ao mesmo tempo reivindica os sentidos ( tacto e olfato, sobre todo), as paixóns, a maternidade, o amor ao coñecemento e á natureza, mediante narracións, preciosas descripcións, enumeracións, poemas...
As mulleres da novela- a raiña Cristina de Suecia, a herborista Hélène Jans, a estudante Einés Andrade- apártanse do camiño marcado, é, en catro partes, técense as súas historias entrelazadas como un pano de pachwork; todas teñen en común o seu amor polo coñecemento, pola escritura, e as renuncias que han de facer para poder continuar ese camiño elexido por elas. Teñen en común cadansúa relación co filósofo Descartes como maestro, como amante, como obxecto de estudo.

Para a nosa reunión contamos coa presenza da escritora.Tiñabamos moitas gañas de coñecela pois a súa talla humana quedou patente o día que nos poñiamos en contacto para solicitar a súa colaboración. Foi tan xenerosa na contestación que enseguida comezamos a querela.
Con ela xa aquí, dímonos de conta que a novela que tanto nos gustara era fruto dunha autora sincera, real, unha muller dos pés á cabeza. As tres mulleres protagonistas tiñan un algo dela, ou era ao revés? Sobre todo Hèléne, que representa o contrapunto da visión masculina da vida. Regalounos a voz, esa misma voz que perfilaba a figura da muller apaixoada, desa muller loitadora, nunca convencional, como unha encantadora de serpes creou un ambente máxico nesta reunión.

Teresa Moure-Herba moura amosounos unha novela moderna, diferente, sorprendente ata o final. Non se pode deixar de ler porque convírtese nun tecido tan ben urdido que nopodes soltar senón todo desaparece, desfaise como un calcetín aínda metido nas agullas de calcetar, deixa de ter a súa forma. Hai que chegar ao final para saber que é unha historia de "perdedoras" pero que fixeron na súa vida todo o que non se esperaba delas.
O saber, os sentimentos como a maternidade escollida ou o amor carnal, a paixón, restrinxidos para unha muller do século XVII ponos Teresa Moure ao alcance das súas heroínas e así nos los transmiteu na nosa reunión de hoxe.

Grazas a Teresa pola súa participación desinteresada no noso club de lectura.

miércoles, 4 de febrero de 2009

Como citar

Moitas veces cando realizamos traballos escritos e audiovisuais, o que dicimos neles non sempre son conceptos que xurdiron de nos, independientemente de que a nosa intención fora a de mostrar unha producción orixinal.

Sobre isto fala Umberto Eco no seu libro “Cómo se hace una tesis”, onde se mostra ao lector dous conceptos interesantes: Orgullo e Humildade científica .


  • O primero é a capacidade que temos para producir traballos orixinais, pois aínda que a nosa producción pode ser semellante a outras, o que a fai orixinal é a forma na que abordamos o tema elexido: dende a selección da problemática, ás posibles respostas que damos para resolvela ou dala a coñecer. O que fai diferente aos traballos son un conxunto de criterios persoais que nos levan a tratalos dese modo particular.
  • A humildade é igual de importante, xa que é a capacidade de darnos de conta de que as cousas que dicimos teñen antecedentes noutros investigadores, ou creadores. Por iso, é importante aprender a citar ben as fontes que usamos.

Para iso recoméndovos que leades a Eco e tamén piquedes neste enlace Hablemos de historia, onde se simplifican as ensinanzas do autor de El nombre de la rosa, e apórtanse outras novas.


Yo no nací sino para quereros


Acércase o 14 de febreiro. No noso instituto é unha data moi sinalada. Os alumnos e alumnas envíanse cartas (máis que de amor, de amistade) e poemas. Dende a Biblioteca promovemos este envío de poemas e, para isto, estamos preparando unha selección de textos. Non queremos quedarnos no 14 de febreiro. Queremos que a nosa comunidade educativa lea poesía e disfrute coa poesía.