miércoles, 18 de febrero de 2009

Día mundial da poesía

“La poesía, principio y fin de todo, es indefinible. Si se pudiera definir, su definidor sería el dueño de su secreto, el dueño de ella. Y el secreto de la poesía no lo ha sabido, no lo sabe, no lo sabrá nunca nadie(…)"
Juan Ramón Jimenez

Cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Esta conmemoración foi impulsada pola UNESCO no ano 2000 co obxectivo de recoñecer as actividades poéticas que se realizan nos diferentes países e promover a poesía como unha forma de cultura esencial.

Esta organización considera que o mundo contemporáneo ten necesidades, no terreo da estética, que a poesía pode cubrir sempre e cando se recoñeza o seu papel social. Por este motivo, era necesario crear un día específico que servira para mostrar a importancia da poesía á opinión pública. Este Día da Poesía é o marco no que se efectúan as accións para soster este xénero literario, valóranse os esforzos dos pequenos editores que intentan entrar no mercado e se fomenta a lectura e o coñecemento da poesía.

Nós quixemos, dende a Biblioteca, colaborar nesta celebración mundial adiantádonos un pouco para poder xuntar esta festividade co Día de San Valentín, que ten unha longa tradición no noso centro, e organizamos as seguintes actividades:
-Escolla de poemas que os alumnos recollían nos recreos na Biblioteca para engadir ás súas cartas de amor e amizade.
-Lectura de poemas a cargo de alumnos do centro:
Noemí Tojeiro e Alberto Dopico, de 4º de ESO leron os seus propios poemas.
- Recibimos a Berta Dávila, unha xove poeta múltiples
veces premiada ( Minerva, Entre Nós en Galego, Premio Concello de Ames,...), para que nos recitara os seus versos.
Esta autora presentounos tamén a súa novela gañado
ra do premio Biblos-Pazos "Bailarei sobre a túa tumba".
-Sorteo de 15 exemplares da súa obra Dentro, Premio Avelina Valladares
e 7 exemplares de Pablo Neruda.


Grazas a Tucho Calvo pola súa colaboración desinteresada e a cantos puxeron da súa forza e do seu tempo para que a actividade saíra adiante.








“¿Qué es poesía?”, dices mientras clavas En mi pupila tu pupila azul. “¿Qué es poesía? ¿Y tú me lo preguntas? Poesía… eres tú”
Gustavo Adolfo Bécquer

No hay comentarios: