viernes, 12 de febrero de 2010

O entroido

É unha festa pagá de orixe ancestral e longa tradición en Galicia.
Aínda que os días máis importantes son o sábado e o luns, polo menos na nosa vila, comeza o entroido tres domingos antes, dependendo da zona: Folecheiro cando os mozos lle guindan cinza aos viandantes, hoxe moi ben organizados; Fareleiro, o que se lanza agora é o farelo; Corredor, tíranselle formigas á xente ou aproveitaxe para ter un xantar de confraternidade. Celebrábase tamén o xoves de compadres e o de comadres e remátase co enterro da sardiña o mércores de cinza.
Segundo as distintas latitudes o entroido adórnase de choqueiro, pelicán, xeneral, cigarrón,etc sendo os lugares de máis sona os de Laza, Xinzo, Verín e outros.
A nosa particular celebración tivo lugar hoxe, venres 12. As dúas últimas horas de clases adicámolas a esta tradicional festa.
Cada quen vestiuse do que máis lle gustou ou o primeiro que atopou. Os cursos organizados por temas ou libremente desfilaron polo polideportivo onde un esixente xurado, non só o público, asistiu ao desfile do resto.
Déronse premios aos mellores, comemos orellas e freixos porque os pais nos agasallaron con eles e colorín colorado este conto ten rematado. Ata o curso vindeiro!!!





No hay comentarios: