sábado, 6 de noviembre de 2010

TRÁNSITOS. O noso clube de lectura do curso 2010-2011

Un ano máis, co comezo do outono, inauguramos o noso Clube de Lectura. Esta vez é unha viaxe iniciática que nos levará da man dos grandes narradores, poetas e dramaturgos  a diversos mundos descoñecidos para a maioría dos nosos alumnos. Como todas as viaxes esperamos dela que nos sorprenda e que nos transforme.

Chamamos "Tránsitos" ao clube  polo carácter de percorrido iniciático cultural e vital que pretendermos darlle: tránsito como paso do lugar propio a outro descoñecido e obrigado(o primeiro núcleo temático que imos tratar será a emigración, pero tamén moitos receptores do club son, en gran parte, alumnos de 1º de ESO que chegan novos ao centro ); tránsito como paso dun xénero literario a outro(leremos relatos, poemas, fragmentos de obras teatrais); tránsito como o paso  das lecturas infantís ao un mundo literario adulto.

Desde hai unha semana estamos xa inmersos no primeiro tránsito: a viaxe dos que teñen a obriga de partir, a viaxe dos que chegan, sen acabar de querelo, a un lugar descoñecido; é dicir, a viaxe da emigración. Castelao será o primeiro guía, que nos achega, coa súa escrita concisa e plástica, aos tres  relatos de Cousas que abordan  este tema: Chegou das Américas un home ricoO pai de Migueliño, Nunha rúa dun porto lonxano. Disfrutade coa lectura.

Toda a información sobre o Clube de Lectura a tedes no noso blog  En obras.

No hay comentarios: