lunes, 11 de noviembre de 2013

SERVIZO PRÉSTAMO LIBROS ELECTRÓNICOS



Servizo de préstamo de lectores de libros electrónicos
A Biblioteca pon a disposición dos seus usuarios o préstamo externo de lectores de libros electrónicos (e-readers), para uso persoal, ofrecendo outra forma de ler e acceder á información.
Qué é un lector de libros electrónicos?
Un lector de libros electrónicos ou e-reader é a solución máis sinxela para a lectura dos libros electrónicos ou ebooks. Gracias á tecnoloxía da tinta electrónica, proporciona unha calidade de lectura, semellante a do libro en papel. Trátase dunha ferramenta moi cómoda, que ademáis de almacenar centos de libros, permite axeitar a paxinación do libro e o tamaño do texto, asi como escoitar música ou audio-libros, ó incorporar tamén son.
Préstamo de lectores de libros electrónicos
Pode acceder ó préstamo de lectores de libros electrónicos calquer usuario con carnet de lector. O dispositivo pódese sacar da biblioteca, sempre que se acepten as condicións específicas de préstamo para este tipo de soportes. Oos dispositivos dispostos para o préstamo son da marca e modelo Sony. Conteñen máis de 300 obras, libres de dereitos de autor, en galego, español, francés e inglés. Cada equipo entrégase dentro dunha funda protectora e inclúe:
·        O libro electrónico e un cable USB.
·        Un folleto coas pautas de uso do servizo e un resumen das instruccións de manexo do dispositivo.
Condicións do préstamo
1.     Os préstamos realízanse no mostrador de control de préstamo da biblioteca.
2.     Para formalizar o préstamo é necesario presentar o número de carnet de lector ó profes@r encargado.
3.     O préstamo do dispositivo terá unha duración de 15 días, prorrogables por quince días máis. A renovación do préstamo poderase efectuar a través do Meiga no mostrador de préstamo da Biblioteca. Si o dispositivo foi solicitado por outro usuario, a renovación non poderá efectuarse.
4.     O dispositivo prestado é intransferibel. O usuario é responsable do dispositivo e de todos os seus accesorios.
5.     Cumpriranse os prazos de devolución dos dispositivos prestados.
6.     O usuario comprométese a devolver os equipos nas mesmas condicións que os recibiu, sen modificar, añadir, suprimir ou copiar os ficheiros que teña incorporados o aparato lector na súa configuración orixinal. O mal emprego no uso dos dispositivos prestados, sancionarase cun mes sen facer uso dos servizos bibliotecarios.
7.     En caso de pérdida ou avería do dispositivo, o usuario comprométese a restituir á Biblioteca cun aparello de iguais características técnicas, nun prazo máximo de 30 días.

No hay comentarios: