Mostrando entradas con la etiqueta Concurso literario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concurso literario. Mostrar todas las entradas

lunes, 31 de octubre de 2011

Gañadores do Concurso de relatos de Samaín

procedencia da imaxe

1ª categoría:
Relato gañador: A pantasma da estrada...fantasma, de Tamára Pérez. 2º de ESO-B
Alba Antúnez, 1º ESO-A: Mary Crispy
Martín García, 1º ESO- A: Noite Chuviosa
Laura Gregorio, 2º ESO-A: O portal que conduce ao mundo dos mortos
Beatriz Prieto, 2º ESO-A: Cartas do Mais Alá


2ª categoría:
Relato gañador: O tren. Iago Foxo. 2º de bacharelato-B
Emilio Sanjurjo, 2º de bacharelato- B: Pausa
Rubén Seco, 2º de bacharelato- A: Samaín

3ª categoría:
Félix Longueira, profesor de Xeografía e Historia, participou con dous relatos:
Cu de mal asento e Déitese aí!
Chus Galego, profesora de Lingua Castelá e Literatura: A frauta

lunes, 10 de octubre de 2011

Samaín: Concurso de relatos curtos.






O Equipo de Normalización Lingüística do IES Moncho Valcarce convoca o I concurso literario de relatos breves con motivo do Samain. Animádevos a participar. Estas son as BASES:



1.- A temática dos relatos presentados deberá estar relacionada co Samaín, e portanto ter algunha relación co mundo do “máis alá”, ou coa presenza ou irrupción do mundo dos mortos no dos vivos, ou viceversa!
2.- Unicamente poderán presentarse traballos escritos en lingua galega.
3.- A extensión máxima dos relatos concorrentes será de 350 palabras, e calquera texto que sobrepase este límite será excluído.

4.- Os relatos poderán apresentarse preferentemente en formato dixital, nun arquivo de texto, ou ben manuscritos.
Tamén se poderan enviar por correo electrónico á conta de correo:
normaliza.ies.moncho.valcarce@gmail.com
5.- Haberá tres niveis:
1. 1º , 2º e 3º da E.S.O.
2. 4º da E.S.O. e Bacharelato
3. Profesorado, pais e nais, e persoal non docente.
6.- A data límite para a entrega de traballos será o 26 de outubro de 2011.
7.- Os premios fallaranse o 28 de outubro, e serán entregados a víspera do Samaín. En coherencia co xénero literario que promove o concurso, até a víspera do Samaín non se dará a coñecer en que consiste cada un dos premios de cada categoría.


E lembra, o terrorífico ha de ser o argumento, ou os personaxes, mais nunca a ortografía ou a presentación.
Organiza: Vicedirección
Colabora: Equipo de dinamización lingüística / Biblioteca


Toda a información sobre o concurso e outras moitas noticias e enlaces de interés sobre a lingua as podedes atopar no blog:



viernes, 15 de enero de 2010

Concurso de Contos



Estas son as bases dun Concurso literario que organiza a Biblioteca do Concello de Pontedeume. Algúns datos importantes son estes:

  • É a súa edición número XX
  • Está pensado para rapaces nas vosas idades
  • Son contos
  • De entre 6 e 10 folios
  • O prazo remata o día 31 de marzo
  • O premio é suculento: 732 euros
Se queredes participar, podedes ver polo miúdo na nosa biblioteca a convocatoria.
Ánimo, xa sabedes que AUDACES FORTUNA IUVAT