miércoles, 23 de abril de 2014

jueves, 10 de abril de 2014

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS. LECTURAS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE.



Balada do café triste. Carson McCullers. En castelán, na editorial Seix Barral. En galego, en Rinoceronte Editora.

O café convértese no punto de reunión da xente dunha vila rural do sur dos Estados Unidos, e recolle os cambios que o amor provoca coma se dun personaxe máis da novela se tratase. Carson McCullers describe con gran sensibilidade os temas da soidade, o desamor e a complexidade das relacións humanas a través dun triángulo de amor non correspondido formado pola señorita Amelia, Lymon e Marvin Macy. Inverte os roles de xénero e rexeita someter os seus personaxes aos habituais patróns de conduta, criticando a hipocrisía e os ríxidos valores morais do antigo sur dos Estados Unidos. (Información para as tres novelas: tomada da páxina web de Rinoceronte Editora)





Os ditosos anos do castigo. Fleur Jaeggy. En castelán, na editorial Tusquets. En galego, en Rinoceronte Editora.

No Bausler Institut, internado feminino situado no cantón suízo de Appenzell, pasa a protagonista desta historia a súa infancia e parte da súa xuventude. A aquel ambiente represivo e enfermizo chega un día Frédérique, unha rapaza diferente que a atrae e a desconcerta. Fleur Jaeggy asómanos á ventá dese lugar estraño cunha prosa lacónica, que cala e suxire, e que nos atrapa nesta historia de erotismo velado, sentimentos calados, soidade e loucura.








O edificio Yacoubian. Alaa Al Aswany. En castelán, na editorial Maeva. En galego,en Rinoceronte Editora. 

En pleno corazón do Cairo, tras os muros do esplendoroso e decadente edificio Yacoubian, crúzanse a diario todo tipo de personaxes, coas súas debilidades e soños. Entre eles, Taha, o fillo do conserxe que cae nos brazos do islamismo tras ver frustradas as súas aspiracións a policía; Zaki Bei, un vello aristócrata nostálxico doutros tempos; Hatem, o xornalista homosexual que se enfronta a un mundo cada vez máis intolerante; ou Busayna, que acepta os convites do seu xefe para axudar economicamente a súa familia. A través destes personaxes, Al Aswany ilustra a sociedade exipcia actual e a marca que a Historia recente foi deixando nela, ao tempo que aborda, cun ton despoxado de xuízos, asuntos tabú como a corrupción política, o auxe do fundamentalismo relixioso, as desigualdades sociais ou a ausencia de liberdade sexual.

jueves, 27 de marzo de 2014

I CERTAME LITERARIO DE VIDEOPOEMAS



BIBLIOTECA IES MONCHO VALCARCE.

I CERTAME LITERARIO DE VIDEOPOEMAS

BASES

 
11.- A convocatoria vai dirixida a toda a comunidade educativa do IES Moncho Valcarce. Cada participante presentará un só videopoema.

2.2.-   Os videopoemas deben incluír os elementos seguintes:
a)    Conter polo menos 5 imaxes.
b)   Combinadas con textos poéticos de poetas das diferentes literaturas.
c)    Levar un fondo musical.
d)   Conformando un arquivo de vídeo.

33.-  Os textos poden estar en calquera das catro linguas estudadas no instituto (galego, castelán, francés ou inglés).

44.-pódense empregar as ferramentas dixitais que se consideren oportunas (MovieMaker, Photopeach, Audacity, etc). 

55.-   Establécense dúas categorías con tres premios cada unha:
a)    Alumn@s do centro.
b)   Adultos (pais e nais, profesorado e persoal non docente).

66.-  Os videopoemas entregaranse na biblioteca nun lapis de memoria ou serán remitidos á seguinte dirección de correo electrónico: 

77.-  O prazo de admisión finaliza  o 12 de maio de 2014.

88.- O xurado estará composto polos membros da equipa da biblioteca e da AMPA.

99.- O acto de entrega dos premios terá lugar na biblioteca do centro nunha data aínda sen determinar durante o mes de maio.

110.As obras presentadas serán expostas nos blogs da biblioteca e na páxina de facebook da mesma.

111.- A participación no Certame implica a total aceptación destas bases.


ORGANIZA: Biblioteca IES Moncho Valcarce.
COLABORA: AMPA o Brixeo.

SOLICITA MÁIS INFORMACIÓN NA BIBLIOTECA

miércoles, 19 de marzo de 2014

Entrega premios certame poético

  O pasado 11 de marzo entregáronse os premios do certame poético convocado pola biblioteca do IES Moncho Valcarce. Os galardonad@s recitaron as súas propias composicións e un grupo de alumn@s leron unha serie de poemas da poetisa Janes Danko como anticipo do que posteriormente sería a visita desta escritora  á Biblioteca Municipal de As Pontes. Noraboa ós premiados e animarvos a participar no novo concurso literario que faremos público en fechas próximas.

Listado galardonados:

  • José Fernández Novo (1º Premio adult@s)
  • Adoración Pena Rodríguez (2 º Premio adult@s)
  •  Wallisson da Silva Gama (1º Premio alumn@s)
  • Martín García Prieto (2 ºPremio alumn@s)







Mercado solidario

 En colaboración coa ONG Mundo Cooperante poñemos en marcha o xa tradicional mercado solidario de libros. Ata o 11 de abril podedes facer as vosas achegas voluntarias. Graciñas a todos.


viernes, 7 de marzo de 2014

Jane Danko visita As Pontes


     Jane Danko nació en Texas. Pero desde el año 2000 vive en Galicia. Para los que no sepan nada de ella,  diré que Jane Danko es una artista dotada de gran sensibilidad. Pero una artista integral, de esas que se dejan la piel en sus creaciones, al estilo de los viejos artesanos. Buril o pluma en ristre, da forma a sus grabados, a sus poemas, a sus libros hechos a mano con el afán de buscar lo que se esconde más allá de lo que nuestros sentidos perciben. 
     En su país ejerció como crítica de arte, como directora de redacción en diversas revistas. Ha estado siempre vinculada al mundo de la cultura. Tras su llegada a Galicia ejerció como profesora de inglés en la Universidad de A Coruña.  
     Autora de varios poemarios, sus vivencias en Galicia le llevan a escribir e ilustrar De amor y vida.  Estructurado en tres partes, en la primera acude a la mitología y a la simbología del  patrimonio gallego: costumbres ancestrales como el Samaín, la mar, sus hombres y sus códigos; las hojas del otoño en su decadencia, los paseos bajo la llovizna,... para reflejar las vivencias y las sensaciones que le producen el descubrimiento de la tierra gallega.  En la segunda parte, "Enigmas" indaga sobre  grandes temas universales del ser humano como el amor o la muerte.  Además de la inspiración en la realidad cotidiana, Jane Danko vierte en su obra su amor por  clásicos como  San Juan de la Cruz o Dante. La propia Jane confirma que su poema  "Polemic es un homenaje a Dante: "Escribí "Polemic" en tercetos encadenados como mi homenaje privado a Dante Alighieri. escribiendo como él había escrito en su Divina Comedia, y eso influyó mucho en la selección del tema, las famosas - o infamosas  - discusiones bizantinas, en este caso, la discusión sobre el número de ángeles que podían bailar sobre la cabeza de un alfiler". La última parte está formada por tres poemas inspirados en recuerdos de su tierra natal.



    Además de su valor estético, el poemario muestra la originalidad de estar escrito en tres lenguas. Inicialmente escritos en inglés, la propia autora realiza la traducción al castellano. Además cuenta con la colaboración de Vicente Araguas, que interpreta los poemas y los vierte al gallego.
     Si os resulta atractiva la propuesta literaria y plástica de la autora, sabed que el viernes 14 de marzo, a las 20:00,  estará  en la Biblioteca Municipal de As Pontes presentando su libro, recitando alguno de sus poemas y mostrando algunos de sus grabados. Estáis invitados.
        
Grabado que ilustra Soneto
Aquí podéis leer su poema Soneto:




Más información sobre la autora: http://www.janedanko.com/

miércoles, 12 de febrero de 2014

14 de febreiro: poesía e bombóns

Un ano máis, os alumnos e alumnas participantes no Club de Lectura repartirán bombóns é poemas entre aqueles que se acheguen á nosa biblioteca. Este ano a selección poética é moi suxerente: poemas de amor, libres e fermosos, escritos por mulleres de diversos lugares do mundo: Bulgaria, Polonia, Siria, Portugal, Marrocos, Brasil, Francia e, por suposto, Galicia. Bo proveito.


domingo, 12 de enero de 2014

Club de Lectura de Adultos. Lecturas do 2º trimestre

      CLUB DE LECTURA DE ADULTOS
                     Lecturas do 2º trimestre


Demasiada felicidad. Alice Munro. DeBolsillo Contemporánea. Traducción de Flora Casas.

“Leer un libro de Alice Munro equivale a adentrarse en un complejo entramado de vidas humanas, cada una de las cuales se abre a otras vidas, a otros caracteres perfectamente dibujados, a otras honduras psicológicas que acaban penetrando en la conciencia del lector. La sencillez expresiva que uno cree percibir leyendo las primeras líneas de sus relatos o abriendo cualquiera de sus libros al azar, no sólo es aparente: es totalmente engañosa. Terminado el libro, después de haber pasado con fascinación de un relato al siguiente, el lector está habitado por una pluralidad de seres de ficción, pero también por mínimos instantes imperecederos que, por alguna razón, uno cree recordar como si los hubiera tenido delante de los ojos: […]esa mujer que hace cola en una librería para que una joven escritora le firme la novela en la que esa mujer ha creído reconocer algunas escenas de su propia vida, contadas desde una perspectiva distinta; hay el chasquido que hacen unas nalgas desnudas al separarse «de la lustrosa tapicería de la silla del comedor» en una casa opulenta; hay una viuda reciente charlando en su cocina con un desconocido cada vez más amenazante; hay una niña pintándose la cara con una brocha y un padre que se echa al hombro el cuerpo maltrecho de su hijo, que acaba de caer por un hueco de una montaña, y una niña de trece años sentada en el primer escalón de una larga escalera después de haber cerrado con llave la habitación donde agoniza un enfermo, y dos niñas a quienes todos toman por mellizas aunque acaban de conocerse en un campamento de verano, y un hombre gateando en un bosque, y una matemática de finales del XIX atravesando el crudo invierno centroeuropeo en tren”.  


A neta do señor Linh. Philippe Claudel.  Rinoceronte Editora. Tradución  de Isabel García Fernández.

Dúas soidades que se xuntan. Un vello, o señor Linh, que abandona o seu país fuxindo da guerra e levando nos brazos a súa neta, único motivo polo que viaxa cara a unha terra hostil da que descoñece a lingua e os costumes. E un home só, o señor Bark, que vive decote sumido nas súas lembranzas. O día a día do protagonista mostra unha experiencia de soidade, desarraigo e illamento, unha realidade crúa, pero é tamén un canto á tolerancia, ao respecto e á esperanza a través da amizade. (Nota da editorial).

lunes, 11 de noviembre de 2013

SERVIZO PRÉSTAMO LIBROS ELECTRÓNICOS



Servizo de préstamo de lectores de libros electrónicos
A Biblioteca pon a disposición dos seus usuarios o préstamo externo de lectores de libros electrónicos (e-readers), para uso persoal, ofrecendo outra forma de ler e acceder á información.
Qué é un lector de libros electrónicos?
Un lector de libros electrónicos ou e-reader é a solución máis sinxela para a lectura dos libros electrónicos ou ebooks. Gracias á tecnoloxía da tinta electrónica, proporciona unha calidade de lectura, semellante a do libro en papel. Trátase dunha ferramenta moi cómoda, que ademáis de almacenar centos de libros, permite axeitar a paxinación do libro e o tamaño do texto, asi como escoitar música ou audio-libros, ó incorporar tamén son.
Préstamo de lectores de libros electrónicos
Pode acceder ó préstamo de lectores de libros electrónicos calquer usuario con carnet de lector. O dispositivo pódese sacar da biblioteca, sempre que se acepten as condicións específicas de préstamo para este tipo de soportes. Oos dispositivos dispostos para o préstamo son da marca e modelo Sony. Conteñen máis de 300 obras, libres de dereitos de autor, en galego, español, francés e inglés. Cada equipo entrégase dentro dunha funda protectora e inclúe:
·        O libro electrónico e un cable USB.
·        Un folleto coas pautas de uso do servizo e un resumen das instruccións de manexo do dispositivo.
Condicións do préstamo
1.     Os préstamos realízanse no mostrador de control de préstamo da biblioteca.
2.     Para formalizar o préstamo é necesario presentar o número de carnet de lector ó profes@r encargado.
3.     O préstamo do dispositivo terá unha duración de 15 días, prorrogables por quince días máis. A renovación do préstamo poderase efectuar a través do Meiga no mostrador de préstamo da Biblioteca. Si o dispositivo foi solicitado por outro usuario, a renovación non poderá efectuarse.
4.     O dispositivo prestado é intransferibel. O usuario é responsable do dispositivo e de todos os seus accesorios.
5.     Cumpriranse os prazos de devolución dos dispositivos prestados.
6.     O usuario comprométese a devolver os equipos nas mesmas condicións que os recibiu, sen modificar, añadir, suprimir ou copiar os ficheiros que teña incorporados o aparato lector na súa configuración orixinal. O mal emprego no uso dos dispositivos prestados, sancionarase cun mes sen facer uso dos servizos bibliotecarios.
7.     En caso de pérdida ou avería do dispositivo, o usuario comprométese a restituir á Biblioteca cun aparello de iguais características técnicas, nun prazo máximo de 30 días.

viernes, 8 de noviembre de 2013

EXPOSICIÓN CÓMIC E ÁLBUM ANTIGO

Estamos a preparar unha exposición de cómics e álbumes antigos. Unha vez recollidos os distintos exemplares entre toda a comunidade educativa  estarán a vosa disposición na bibioteca do centro. Saúdos.






lunes, 21 de octubre de 2013

CONVOCATORIA CERTAME POÉTICO

      Biblioteca do IES Moncho Valcarce
BASES- CERTAME POÉTICO



Desde o Club de Lectura “A Mazá de Rilke” convócase un certame poético coas seguintes bases:

  1. A convocatoria vai dirixida a toda a comunidade educativa do IES Moncho Valcarce. Cada participante presentará un só poemario.

  1. Os poemas poderán estar escritos tanto en lingua galega como en lingua castelá.

  1. As composicións poéticas terán una extensión mínima de 30 versos e unha máxima de 80 versos, escritos a ordenador a dobre espazo e por unha soa cara, con fonte de corpo 12.

  1. Temática: Libre. O poemario pode constar de un ou varios poemas.

  1. Establécense catro categorías.
         - Primeiro ciclo (1º e 2º de ESO).
       - Segundo ciclo (3º, 4º de ESO e PCPI).
       - Bacharelato e Ciclo Formativo.
       - Adultos (pais e nais, profesorado e persoal non docente):

    6. Haberá dous premios para cada categoría.

    7. As obras deberán presentarse nun sobre aberto asinadas cun lema ou pseudónimo, que figurará tamén noutro sobre pechado, xunto co título da obra. No interior do sobre pechado farase constar a identidade do autor e curso. Así mesmo, no sobre aberto debe figurar, de maneira visíbel, a categoría a que pertence o concursante.

    8. Os orixinais entregaranse na biblioteca do IES. O plazo de admisión finaliza o venres 31 de xaneiro de 2014.

    9. O xurado estará composto por membros (profesores e alumnos) do Clube de lectura “A Mazá de Rilke”.

    10. O acto de entrega dos premios terá lugar na biblioteca do centro nunha data aínda sen determinar.
    11. As obras presentadas poderán ser expostas na biblioteca e/ou incluídas no blog da mesma. Tamén se contempla a posibilidade de seren publicadas nun libro ou na revista do Club de Lectura.

    12. A participación no Certame implica a total aceptación destas bases.



                                                                           As Pontes, a 20 de de outubro de 2013




lunes, 14 de octubre de 2013

Club de Lectura de Adultos: literatura afgana.

BIBLIOTECA IES MONCHO VALCARCE
          
         CLUB DE LECTURA DE ADULTOS
                    Lecturas para o 1º trimestre






Y las montañas hablaron. Khaled Hosseini.
Ed. Salamandra. Traducción del inglés de Patricia Antón de Vez y Rita da Costa 
Nota de la editorial: La decisión de una humilde familia campesina de dar una hija en adopción a un matrimonio adinerado es el fundamento sobre el que Khaled Hosseini —autor de las inolvidables Cometas en el cielo y Mil soles espléndidos— ha tejido este formidable tapiz en el que se entrelazan los destinos de varias generaciones y se exploran las infinitas formas en que el amor, el valor, la traición y el sacrificio desempeñan un papel determinante en las vidas de las personas. 
La historia arranca en una remota y desolada aldea de Afganistán, donde Sabur y su segunda mujer se enfrentan en condiciones precarias a la llegada de otro invierno implacable. Abdulá, el hijo mayor, de diez años, ha cuidado de su hermana Pari desde que era pequeña, y ahora ambos escuchan cautivados la triste historia que les relata su padre antes de acostarlos, la víspera de iniciar un largo viaje que los conducirá hasta Kabul. Allí, en las bulliciosas calles de la capital, dará comienzo este fascinante itinerario que guiará al lector desde el otoño de 1952 hasta el presente, de Kabul a París, desde la isla griega de Tinos hasta San Francisco. 




Sangué Sabur. Atiq Rahimi.
Rinoceronte editora.
 Tradución do francés de Isabel García Fernández
Nota da editorial: “Nalgún lugar en Afganistán ou noutro sitio calquera”, así sitúa o autor este relato que ten como protagonista unha muller oprimida pola relixión, o matrimonio e a sociedade. Nunha cidade tomada polos tanques, vive entregada ao coidado do seu home, un heroe da Guerra Santa en estado vexetal, que converte na súa sangué sabur, na súa pedra de paciencia, unha pedra máxica que escoita as mágoas de quen llas quere confiar. Un día tras outro, a muller vai confesando o inconfesable, liberándose da súa dor, mesturando frustración con tenrura, pasado con presente. Nesta súa primeira novela en francés, pola que recibiu o Premio Goncourt, Atiq Rahimi denuncia, cunha prosa austera pero non exenta de lirismo, o fanatismo, a violencia e o sometemento da muller.