domingo, 19 de abril de 2009

Encontros en Santiago dos centros do Plan de Mellora das Bibliotecas escolares,17-18 de abril 2009

O 16 e 17 de abril celebramos en Santiago os Encontros do Plan de Mellora de bibliotecas escolares 2008/2009.
Nestes encontros reunímonos os responsables das bibliotecas escolares integradas no Plan de Mellora de bibliotecas.
A nosa biblioteca forma parte do Plan de Mellora dende este curso, é dicir, que somos do PLAMBE 4, pois hai tres anos que empezaron estas axudas para mellorar a calidade das nosas bibliotecas.
Estes Encontros serviron para recibir formación sobre diferentes aspectos da biblioteca escolar, para intercambiar experiencias, e para tomar contacto cos compañeiros doutros centros escolares de toda Galiza.


1 comentario:

LIBROUCHO dijo...

Saúdos desde Cabanas!! A verdade é que a reportaxe foi completa. Da gusto vela!
Libroucho