lunes, 8 de marzo de 2010

Día internacional da muller traballadora

O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita plurisecular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home.

Na antiga Grecia, Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para pór fin á guerra, segundo nos conta Aristófanes; na Revolución Francesa, as parisienses que pedían "liberdade, igualdade e fraternidade" marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino.

A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX, que foi, no mundo industrializado, un período de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais.

O día 8 de marzo mulleres e homes que traballan polas causas das mulleres conmemoran en todo o mundo os esforzos que estas realizaron por alcanzar a igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento. Máis aló de fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, as mulleres dos cinco continentes organizan diversos eventos para festexar este día.

Sobre o  porque do 8 de marzo existen diversas versións. A máis coñecida é a dun incendio ocorrido nunha fábrica téxtil de Nova York en 1857, onde morrerían queimadas as obreiras que facían unha folga. Segundo a historiadora canadense Renée Côté, non existen probas documentais de que un incendio desas características producísese ese ano, nin que ese feito fose o motivo para establecer unha xornada internacional das mulleres. Si que un 8 de marzo de 1857 unha marcha pioneira de obreiras téxtiles percorreu os suburbios ricos da cidade de Nova York para protestar polas miserables condicións de traballo.
Tamén un 5 de marzo de 1908 en Nova York comezou unha folga das obreiras téxtiles reclamando a igualdade salarial, que se diminuíse a xornada a dez horas e que se permitise un tempo para a lactación.

O Día Internacional da Muller foi instaurado en 1910 pola alemá Clara Zetkin, integrante do Sindicato Internacional de Obreiras da Confección, durante o Congreso Internacional de Mulleres Socialistas en Copenhague, Dinamarca.

O primeiro Día Internacional da Muller celebrouse o 19 de marzo de 1911 en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza, conmemorando un levantamento ocorrido en Prusia nesa data. As demandas foron o dereito ao voto, a igualdade de oportunidades para exercer cargos públicos e o dereito ao traballo.

Os dereitos humanos da muller son parte inalienable, integrante e indivisible dos dereitos humanos universais. A plena participación, en condicións de igualdade, da muller na vida política, civil, económica, social e cultural e a erradicación de todas as formas de discriminación baseadas no sexo son obxectivos prioritarios da comunidade internacional.
Nós queremos render unha homenaxe ao traballo de millóns de mulleres que coa súa acción silenciosa atenúan os defectos da pobreza, resaltar o seu insuperábel  valor como elemento de cambio e transformación e destacar o papel esencial na loita contra a pobreza e a exclusión.
Hernán Zin danos a coñecer historias reais e próximas que co seu liderato engadiron a viabilidade, eficacia e eficiencia dos procesos de desenvolvemento nos que se atopan inmersas. Grazas a el e a Mundo Cooperante que nos achega esta información.
O curso pasado tivemos aquí a Rosemary Nyrumbe que nos contou de primeira man de que maneira participaba na libertade para as escravas sexuais da guerra de Uganda.
Este ano queremos falar de Margarita Barrientos.
A vida desta muller nunca foi fácil. Pertenecía a unha familia de aborixes toba, criouse nunha mísera choza perdida no norte de Arxentina. Trala morte da súa nai, sendo só unha adolescente, Margarita colleu un tren rumbo a Bos Aires en busca dunha oportunidade de progreso. Acabou nun barrio de chabolas da capital porteña, onde casou e tivo dez fillos. Un accidente laboral deixou ao seu marido sen traballo, de maneira que se veu obrigada a recoller comida das basuras urbanas.
O punto de inflexión na súa vida chegou en 1996, cando ao volver de traballar cun carro ateigado de desperdicios descubreu que os nenos dunha casa pegada á súa levaban varios días sen comer. Comparteu con eles o que recollera, basicamente pan dunha panadería.
Juan Carr, activista social arxentino, comezou a colaborar no labor que en silencio estaba a realizar Margarita, que cada vez daba de comer a máis e máis nenos de Villa Soldati.
En doce anos, o traballo desta loitadora medrou exponencialmente. No comedor Los Piletones, preto da súa casa, hoxe da de comer a máis de mil nenos cada día.
Recibeu o premio en 1999 de Muller do Ano en Arxentina o que a fixo visible e entón comezou a recibir axudas coas que puxo en marcha garderías, clínicas, farmacias, proxectos de microcréditos, para a xente do seu barrio.
O primeiro xesto foise multiplicando e así veu transformada a súa vida e dos que a rodean.

Precisamos moitas MARGARITAS coma esta, e hoxe quixemos compartirla con todos vós.

No hay comentarios: