lunes, 4 de mayo de 2009

Remata a semana adicada ao libro

Hoxe damos por concluídos os actos adicados ao Día do libro (23 de abril) que no noso centro exténdense por uns días.
Dende a Biblioteca colaboramos coas nosas aportacións a outras actividades promovidas por departamentos e polo centro.
Estas son algunhas coas que contamos este ano:

-Exposición de poemas de distintos autores: Esta actividade vén a abondar na intención de facilitar e mellorar a relación dos nosos lectores coa poesía. Xa contamos este curso coa poeta santiaguesa Berta Dávila, regalamos poesía en febreiro e sorteamos libros de poemas (Neruda e a propria B.Dávila) entre os usuarios da nosa biblioteca.

-Mercadiño solidario: Un ano máis colaboramos coa ONG Mundo Cooperante a prol de moitos proxectos de axuda e cooperación que desenvolven en países desfavorecidos do noso planeta. O mercadiño de libros está creado a partires das xenerosas doazóns de todos os membros da comunidade educativa do noso centro. Nós somos tamén quen mercamos os que outros traen, aínda que este ano trasladámolo, a petición de Rosa López ( responsable da ONG en Coruña), á Barha Party que por segundo ano se celebra na nosa vila, coa colaboración do Concello, e alí atopamos moitos veciños da vila realmente solidarios.


-Exposición de libros: A aventura era o tema central das nosas lecturas durante este curso polo que reunimos un nutrido grupo de libros dos nosos fondos e pedimos a Fundación Germán Sánchez-Ruipérez unha selección de títulos en distintas linguas. Con todo isto resultou unha boa mostra deste xénero.


-Rincón de Machado:Coincidindo co setenta aniversario da morte de Antonio Machado, colocamos na entrada do centro un rincón adicado ao poeta sevillano, profesor de francés, cos seus poemas impresos en follas de colores cos que invitabamos a ler aos nosos alumnos e levalos para casa, uns exemplares da nosa biblioteca e unha gran foto cos datos básicos da efeméride completamos este espazo.

-Certame literario: Coas bases publicadas no blog do club de lectura, os cartaces espallados polo centro, tras recoller os traballos presentados, lelos e valoralos, fallamos o "II Certame literario Biblioteca Moncho".

No hay comentarios: