martes, 18 de diciembre de 2012

CONVOCATORIA CERTAME LITERARIO




Biblioteca do IES Moncho Valcarce
CERTAME LITERARIO






 

   Desde o Club de Lectura “A Casa Encantada” convócase un certame literario de relato que ten as seguintes bases:

  1. A convocatoria vai dirixida a toda a comunidade educativa do IES Moncho Valcarce. Cada participante presentará un só relato.

  1. Os relatos poderán estar escritos tanto en lingua galega como en lingua castelá.

  1. As narracións terán una extensión mínima de 1 folio e unha máxima de 10 folios, escritos a ordenador a dobre espazo e por unha soa cara, con fonte de corpo 12.

  1. Temática: o relato terá que estar inspirado na Casa Encantada de As Pontes (misterios, pantasmas, mortes estranas e inesperadas,...).

  1. Establécense catro categorías.
        -  Primeiro ciclo (1º e 2º de ESO).
        -  Segundo ciclo (3º, 4º de ESO e PCPI).
        -  Bacharelato e Ciclo Formativo.
        -  Adultos (pais e nais, profesorado e persoal non docente):

    6. Haberá dous premios para cada categoría, agás para os adultos, onde non se contempla agasallo de carácter económico.

    7. As obras deberán presentarse nun sobre aberto asinadas cun lema ou pseudónimo, que figurará tamén noutro sobre pechado, xunto co título da obra. No interior do sobre pechado farase constar a identidade do autor e curso. Así mesmo, no sobre aberto debe figurar, de maneira visíbel, a categoría a que pertence o concursante.

    8. Os orixinais entregaranse na biblioteca do IES. O plazo de admisión finaliza o mércores 30 de xaneiro de 2013.

    9. O xurado estará composto por membros (profesores e alumnos) do Clube de lectura “A Casa Encantada”.

    10. O acto de entrega dos premios terá lugar na biblioteca do centro nunha data aínda sen determinar.

    11. As obras presentadas poderán ser expostas na biblioteca e/ou incluídas no blog da mesma. Tamén se contempla a posibilidade de seren publicadas nun libro ou na revista do Club de Lectura.

    12. A participación no Certame implica a total aceptación destas bases.



                                                      As Pontes, a 20 de de decembro de 2012

domingo, 25 de noviembre de 2012

"La casa del juez". Bram Stoker en el Club de Lectura



En el Club de Lectura  estamos leyendo un relato terrorífico de Bram Stoker. Todo sucede en una siniestra mansión, y no,... no se trata del castillo de Drácula, en la lejana Transilvania, en donde se ve encerrado Jonathan Harker, sino de una solitaria mansión en un pequeño pueblo (¿inglés, irlandés?) llamado Benchurch. En este pueblo se refugia un joven estudiante de matemáticas, Malcolm Malcolmson,  quien necesita la soledad necesaria para concentrarse en sus estudios. ¡Ay!, el pobre Malcolm no sabe lo que le espera...


Leyéndolo,  fácilmente podemos imaginar que los terribles sucesos bien podían ocurrir en nuestra  Casa Encantada de As Pontes y que el protagonista podría ser cualquiera de vosotros... Querido lector: ¿te atreves con el cuento?, ¿te atreves a pasar la noche estudiando en la Casa Encantada? Decidas lo que decidas, desconfía del silencio de las ratas...


Bram Stoker es un escritor irlandés que nació en 1847 y murió en 1912. Así que este año se celebra el centenario de su fallecimiento. Aunque escribió muchos relatos de terror, es conocido sobre todo por  su novela epistolar Drácula.

La casa del juez es un relato que está recogido en la Antología del cuento de terror de Alianza Editorial.
Drácula está publicado por Espasa, aunque en la biblioteca también tenemos una muy completa y atractiva versión publicada por Valdemar.


BRAM STOKER Y SUS DEMONIOS TE ESPERAN EN LA BIBLIOTECA. SÍ, A TI.

lunes, 12 de noviembre de 2012

REPRESENTACIÓN  TEATRAL

   O vindeiro venres 16 de novembro, en xornada de mañá,  o alumnado do primeiro curso da Educación Secundaria Obrigatoria participará na representación da obra teatral" Kafka e a boneca viaxeira" a celebrar no cine Alovi (As Pontes). A obra estará interpretada polo grupo Emedous Teatro.
 
   O resto dos alumnos do centro poderedes asistir a esta representación o mesmo día ás 21 horas. Para poder acudir tedes que retirar a vosa invitación na Biblioteca Municipal ou ben solicitala na nosa Biblioteca.

   Basada na novela homónima de Jordi Sierra i Fabra: Kafka e a boneca viaxeira (Premio Nacional de Literatuta Infantil e Xuvenil no ano 2007). A obra relata a historia real acontecida a Franz Kafka una ano antes da súa morte. Paseando por un parque de Berlín, o autor atopou unha nena que choraba desconsolada porque perdera a súa boneca. Para calmar á pequena, Kafka contoulle que a boneca marchara de viaxe, e el, convertido en carteiro, tiña unha carta que lle levaría ao día seguinte ao parque. Durante tres semanas, o escritor checo estivo escribindo e levando cartas á mociña, narrando as peripecias da extraordinaria boneca desde todos os rincóns do mundo.
 

viernes, 26 de octubre de 2012

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

Damos comezo ao Club de Lectura de Adultos, destinado a profesores, pais e nais, personal non docente e alumnado do ciclo.


Empezamos con dous escritores ben diferentes nos seus estilos artísticos pero igualmente sensibilizados co ser humano e as súas loitas .


La bestia del corazón, Herta Müller, Editorial Siruela. Nuevos tiempos.

Herta Müller (1953) es una escritora rumana que se exilio en Alemania durante el régimen del dictador Ceaucescu. La represión sufrida en su país de origen así como las consecuencias posteriores de esa represión se manifiestan en un estilo narrativo cargado de elementos poéticos, Recibió el  Premio Nobel de literatura en 2009.
Información da contraportada: Un grupo de cuatro amigos que se resisten a ser anulados por el sistema, ven en el suicidio de Lola, una joven estudiante del sur de Rumanía que intenta escapar de la pobreza durante el régimen de Ceausescu, una razón para continuar resistiéndose. Porque La bestia del corazón nos habla de la resistencia que se ha de tener para que no destruyan nuestra individualidad. Y habla también de la corrupción y la asimilación social, de la violación de las normas, del hastío del mundo, de ser «un error para nosotros mismos». Herta Müller nos describe en esta sobrecogedora novela, llena de poesía, una sociedad que excava su propia tumba a través de la supresión y de las privaciones materiales: «Si nos mantenemos en silencio, nos odiamos a nosotros mismos. Si hablamos, nos volvemos ridículos».


De  ratos e homes, John Steinbeck , Editorial Galaxia, colección Costa Oeste.

Steinbeck (1902-1968) é un escritor americano membro da chamada Xeración Perdida. Nas súas obras retrata  con realismo estampas da vida de seres pobres e oprimidos socialmente que,a pesar de todo, loitan pola súa vida con dignidade. Obtivo o Premio Nobel en 1962.
Información da contraportada: George é un tipo pequeño e desconfiado. Lennie é un retrasado, cunha inmensa forza física, que intenta facer ben todo o que George lle di. Son dous vagamundos pobres e sen fogar que soñan con chegar a ter unha casa propia, con animais dos que coidar. Contratados como xornaleiros por unha granxa californiana, introdúcense nunha trama de malentendidos que os conducirá a un final desgraciado.

jueves, 4 de octubre de 2012

Clube de Lectura: A Casa Encantada

Clube de Lectura


A casa encantada 


 As actividades comezarán a semana do 22 de outubro


Lectura libro e cómic xuvenil, humor, lendas, viaxes culturais, encontros, cine, teatro, elaboración curtametraxes e vídeos... e todo o que queirades propoñer.

ESPERAMOS AS VOSAS SUXESTIÓNS. NON NOS FALTES

Pasa pola Biblioteca durante o recreo, e apúntate para participar


I.E.S. Moncho Valcarce 2012/2013

miércoles, 3 de octubre de 2012

Propuestas de Lectura. Lengua Castellana



Ilustración- marcapáginas de Andreas Nossman


"Todos tenemos un libro que nos espera; de la misma manera que a todos nos aguarda un amor en algún sitio: la cosa es descubrirlo. Los que no disfrutan con la lectura son los que no han encontrado aún ese libro". Rosa Montero.

Elige un libro entre los siguientes teniendo en cuenta el tema:

2º de ESO:

. De intriga y misterio:
Arthur Conan Doyle: Estudio en escarlata.
                                 Las aventuras de Sherlock Holmes.
Mark Haddon: El curioso incidente del perro a medianoche.
. De misterio y terror:
Edgar Allan Poe: Los crímenes de la calle Morgue.
. De misterio y aventuras:
Carlos Ruiz Zafón: El príncipe de la niebla.
                             El palacio de la medianoche.
. De humor:
Eduardo Mendoza: Sin noticias de Gurb.

4º de ESO
. De intriga:
Patrick Süskind: El perfume.
. De teatro (cómico)
Enrique Jardiel Poncela: Eloísa está debajo del almendro.
                                     Cuatro corazones con freno y marcha atrás.
. De misterio:
Carlos Ruiz Zafón: Marina.
. De reflexión y adolescencia:
J.D. Salinger: El guardián entre el centeno.
Janne Teller: Nada.

PASA POR LA BIBLIOTECA. AQUÍ LOS PODRÁS ENCONTRAR.

lunes, 24 de septiembre de 2012

NOVA ADQUISICIÓN



   Os membros da Fraternidade de Dragal xa iniciaron o seu regreso co fin de cumprir co xuramento de sangue que fixeron os seus devanceiros na época medieval. Para que a profecía se cumpra, os sete cabaleiros teñen que reunir as claves de Ciencia Secreta na cripta do dragón e pechar o círculo da vida.

viernes, 1 de junio de 2012

Viaxe ás Terras de Miranda, á procura do mundo de Cunqueiro

Ollando o río Valiñadares desde a ponte do Pasatempo. Que habería?
O pasado luns, 28 de maio, un escollido e entusiasta grupo de alumnado e profesorado participante no Clube de Lectura “Papeis que serán vida” fomos coñecer sobre o terreo os lugares e as paisaxes que viron nacer, medrar, madurar e ficar as palabras de Álvaro Cunqueiro. Desde a Fonmiñá até o mindoniense barrio dos Muíños, visitamos Meira, escoitamos o nacemento do Miño no Pedregal de Irimia, subimos até o Pico do Forno de Martín para ollarmos desde alí medio mundo (incluído a Terra de Miranda), petamos na porta do pazo de Cachán, no val do Ríotorto, chamamos polo lobo no alto da Cruz da Cancela, enxergamos as cores da pizarra “mindoniese” e o horizonte do Cantábrico desde o balcón de Lindín e o alto do Padornelo, quixemos cortar o pelo e escoitar algún conto na barbería do Pallarego e vimos como era a taberna de Póngalas. Claro é que tamén sentamos ao pé da Fonte Vella e saudamos o Cunqueiro sedente da Praza da Catedral. Lemos e procuramos ver o mundo a través das letras de varios dos seus artigos. E como recordo, gardamos palabras, como estas:

 “El viaje a Mondoñedo” 

“¿A que viajáis, si viajáis a Mondoñedo? Excepto por la claridad de la Marina, para venir a verlo venís por el tiempo de una taza de tierra. Por la pastoriza antigua y solitaria, y la tierra de Miranda, que ya en Vasco da Ponte, hablando de Pedro de Miranda, uno de aquellos condes locos de nuestro siglo XV, tiene el adjetivo que le conviene: “Tierra brava”, venís al balcón de Lindín. Todo el mar de los montes se abre ante vuestros ojos: la heroica cabeza de Pena da Roca, el lomo granítico y poderoso del Xistral, Toxiza, los ásperos montes de Tronceda. pero a vuestros pies está toda la dulzura del valle, y en su corazón, la ciudad. Los tejados de pizarra, ya en su Anjou natal el señor Du Bellay los prefirió...”
 Álvaro Cunqueiro, “El viaje a Mondoñedo”, in 100 artigos, LVG 2001

P. S. Tamén encontramos cun señor que falaba o que non debía e andaba a rolos, non semellaba ter gañas de ler e tampouco parecía moi estudado. Alguén dixo que ese veciño non calmara a súa sede con auga da Fonte Vella...

martes, 22 de mayo de 2012

OBRA DE CARLOS FUENTES

Carlos Fuentes.Obra. on PhotoPeach

miércoles, 18 de abril de 2012

J. M. Coetzee no Clube de lectura



O xoves 19 de abril, ás 20:00, na Casa Dopeso, reunímonos os integrantes do Clube de Lectura de adultos para falarmos sobre a última obra que nos propuxemos coñecer: Digrace, do escritor hoxe australiano mais sudafricano de orixe J. M.Coetzee, premio Nobel en 2003.
Nesta novela, que presenta un título diverxente segundo o tradutor (Deshonra na versión galega de Rinoceronte, Desgracia na castelá de Mondadori), relátase parte da vida non demasiado honrosa de David Lurie, un profesor que, tras se ver implicado nun escándalo e ser expulso da universidade en que daba aulas, decide ir visitar a súa filla Lucy, no campo. Non será esta unha viaxe plácida, nin parece que ese mundo rural teña tintes bucólicos, porque a violencia está á espreita con especial ferocidade e semella difícil desandar impunemente o camiño de tantos anos de colonialismo e apartheid...
Nesta reunión, aberta como de costume a todos e todas as que nos quixeron acompañar, aproveitamos para ver a adaptación cinematográfica desta narración, o filme que dirixiu Steve Jacobs e que ten a John Malkovich no papel de David Lurie. E comprobamos como a Disgrace cinematográfica procura seguir con grande fidelidade a novela de Coetzee, logrando un resultado digno onde destaca, como non, a interpretación do protagonista.

lunes, 12 de marzo de 2012

Si no despierto (Before I fall)


Imaxina que tan só che queda un día de vida. Que farías? Ata onde chegarías para librarte de morrer? Samantha está a piques de averigualo: o venres 12 de febreiro será o seu último día. Ou, mellor dito, os seus últimos sete días, porque todo se vai repetir unha e outra vez ata que se dea conta de que cambiar as cousas... está nas súas mans”.

Recoñezo que este libro non é o tipo de lectura que adoita formar parte das miñas eleccións. En realidade, que me fixera con el foi un feito casual. Vagando por unha librería, tiña unhas ganas enormes de facerme con algún libro novo para ler, mais ningún me convencía. Entón, cando xa ía marchar, reparei neste libro. “Probablemente, esta é a típica novela adolescente. Totalmente plana e insubstancial”, pensei para min. Mais dinlle unha oportunidade. 

E menos mal que o fixen. Estareille sempre agradecida á autora por espertar en min tantas emocións e todas tan diferentes, cousa que ningún libro conseguiu polo momento. A historia que nos conta Lauren Oliver é unha historia de xerarquías nun mundo cruel e superficial, onde os populares cometen continuos abusos contra os demais polo simple feito de seren diferentes. Sam, a protagonista, é claro exemplo disto. Guapa, exitosa e admirada por todos, ten a vida perfecta, o mozo perfecto, as amigas perfectas. Ou iso cre.

Unha noite de sábado, tras consumir alcohol nunha festa, Aly, Elody, e Sam montan no coche de Lindsay para voltar á casa. Mais non chegan a facelo. Tras un despiste, o coche desvíase da estrada e choca. Samantha, a cal ía no asento do copiloto, morre. Ben, en realidade non de todo. Cando esperta, Samantha dáse conta de que quedou atrapada nunha especie de espiral, que a obriga a espertarse unha e outra vez no mesmo día. 

E aquí é onde a historia cobra sentido. A partir deste instante comézase a apreciar a evolución de todos e cada un dos personaxes. Cada "novo" día vivido por Sam reflíctese no dito de que "o bater de ás dunha bolboreta en Londres pode desatar unha tormenta en Hong Kong". Cada cousa diferente que fagas, por insignificante que sexa, pode cambialo todo. Samantha é a bolboreta. E polo tanto, está nas súas mans cambiar as malas accións que provocaron a tormenta

En resumo, recomendo encarecidamente esta novela especialmente por tres motivos: a apaixonada forma de narrar da autora, a profunda reflexión sobre a vida na que te fai somerxerte e, sobre todo, o final. Non vos deixará indiferentes.
Unha suxestión de Laura Permuy Pico

lunes, 13 de febrero de 2012

100 anos con Cunqueiro


A semana pasada, no marco da celebración do centenario de Cunqueiro que estamos a promover desde o Clube de lectura, tivemos unha boa chea de actividades. Grazas á colaboración de Radio Eume, o mércores 8 graváronnos lendo 22 poemas, que ían desde o seu libro primeiro, Mar ao norde (1932) até o derradeiro, Herba aquí e acolá (1980). Para alén de que poidamos escoitar e ver estes poemas de Cunqueiro na emisora municipal, tamén en breve han de estar ao dispor de todos na páxina do noso centro. Xa vos teremos informados.
O xoves 9, ás 8 do serán, reunímonos na Biblioteca Municipal lectoras e algún lector para falarmos de Un hombre que se parecía a Orestes . Foi unánime a sorpresa e admiración que todos sentimos cara a esta obra que, como case todo o que escribiu Cunqueiro en castelán, non é moi coñecido. Coido que todas as persoas que estaban o xoves na Biblioteca Municipal das Pontes coinciden en recomendar esta novela, divertida, chea de imaxinación, diferente a todas as demais, e que nos presenta un Orestes que dá moito que pensar sobre sentimentos como o deber ou a vinganza.
Mais a nosa semana con Cunqueiro non rematou aí. O venres 10 de febreiro, ás 8 e media do serán, a Biblioteca Municipal das Pontes e Clube de Lectura do noso I.E.S. convocamos os veciños e veciñas da vila para que leses e escoitasen a poesía de Cunqueiro. Contamos coa colaboración, magnífica, de varios alumnos, tanto da E.S.O. como do Bacharelato, do grupo poético Alalá, así como do mestre X. M. Campello (que nos trouxo a música, con variacións sobre o tema de “No niño novo do vento”), e das Cantareiras da Asociación Cultural Alende, que lle puxeron un bonito ramo ao acto interpretando o poema de Cunqueiro con máis éxito na súa adaptación musical.
Agora ben, o conto non remata aquí, que aínda queda moito Cunqueiro por ler e disfrutar!

viernes, 3 de febrero de 2012

Wislawa Szimborska, la alegría de escribir



Wislawa Szimborska. Pincha AQUÍ para leer sus poemas.
                                   
El miércoles murió Wislawa Szimborska. Así es la vida. Tenía tan sólo 88 años. Le gustaba el coñac y fumaba como un carretero.  Además de eso, era una mujer extraordinariamente lúcida, muy culta y a la que desde niña le había dado por escribir poesía. Por eso, en 1996, le dieron el Premio Nobel de Literatura. Tuvo que ir a Suecia para recogerlo y eso que no le gustaba nada viajar.  De hecho, salió muy poco de Cracovia (Polonia), la ciudad en la que ha vivido casi siempre.  Cuando la invitan a ir a otros países responde que irá cuando sea más joven.  Pero la verdad es que anda siempre viajando por ahí, sin moverse de casa. En una ocasión dijo "No me gusta viajar, pero me gusta volver".  Incluso ha vuelto del Himalaya, ella, tan atrevida, de buscar al Yeti:
Así, pues, esto es el Himalaya.
Montañas corriendo hacia la luna.
El instante del despegue detenido
en un cielo rasgado.
Un desierto de nubes lleno de agujeros.
Un golpe en la nada.
El eco: un mudo blanco.
Silencio.

Yeti, abajo es miércoles,
hay abecedario y pan,
dos y dos son cuatro,
 y la nieve se funde.
Hay una manzana roja
partida en cuatro.

Yeti, entre nosotros
no sólo existe el crimen.
Yeti, no todas las palabras
condenan a muerte.

Heredamos la esperanza,
regalo del olvido.
Verás cómo entre ruinas
damos a luz niños.

Yeti, tenemos a Shakespeare.
Yeti, tocamos el violín.
Yeti, al anochecer
prendemos la luz.

Aquí, ni luna ni tierra,
y se congelan las lágrimas.
¡Oh, Yeti, casi hombre de la luna,
piénsalo y vuelve!

Así dije, a gritos, al Yeti
entre las cuatro paredes de avalanchas,
y para entrar en calor pateaba
en la nieve eterna.

viernes, 20 de enero de 2012

Haberá primavera

No marco das actividades arredor da obra de Cunqueiro que estamos a facer neste curso no noso Clube de lectura, o vindeiro venres 3 de febreiro, na Casa Dopeso, contaremos coa visita de César Morán, un músico lector e bo coñecedor de Cunqueiro, que nos virá presentar as súas cancións a partir de poemas do autor mindoniense.
César Morán está a presentar o seu novo libro-disco, unha obra de grande interese, xa que ademais das catorce cancións, comentadas e presentadas con valiosos textos (breves, claros, lúcidos), contén a gravación dunha entrevista que o propio César Morán lle fixo a Álvaro Cunqueiro pouco antes do seu pasamento, na víspera do día de Reis de 1981. Para alén dalgunha anécdota de humor, a entrevista é un magnifico documento para mellor coñecer o autor de Herba aquí e acolá.
Se tedes ocasión, non deixedes de escoitar e ler este libro disco. E ao concerto do día 3 de febreiro, estamos todos e todas convidados/as.