lunes, 12 de noviembre de 2012

REPRESENTACIÓN  TEATRAL

   O vindeiro venres 16 de novembro, en xornada de mañá,  o alumnado do primeiro curso da Educación Secundaria Obrigatoria participará na representación da obra teatral" Kafka e a boneca viaxeira" a celebrar no cine Alovi (As Pontes). A obra estará interpretada polo grupo Emedous Teatro.
 
   O resto dos alumnos do centro poderedes asistir a esta representación o mesmo día ás 21 horas. Para poder acudir tedes que retirar a vosa invitación na Biblioteca Municipal ou ben solicitala na nosa Biblioteca.

   Basada na novela homónima de Jordi Sierra i Fabra: Kafka e a boneca viaxeira (Premio Nacional de Literatuta Infantil e Xuvenil no ano 2007). A obra relata a historia real acontecida a Franz Kafka una ano antes da súa morte. Paseando por un parque de Berlín, o autor atopou unha nena que choraba desconsolada porque perdera a súa boneca. Para calmar á pequena, Kafka contoulle que a boneca marchara de viaxe, e el, convertido en carteiro, tiña unha carta que lle levaría ao día seguinte ao parque. Durante tres semanas, o escritor checo estivo escribindo e levando cartas á mociña, narrando as peripecias da extraordinaria boneca desde todos os rincóns do mundo.
 

No hay comentarios: