martes, 24 de noviembre de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

    25 DE NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Un grupo de alumn@s de 1º ESO colaboradores da nosa biblioteca escolar elaboraron un sinxelo mural conmemorativo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A súa intención é sensibilizar á nosa comunidade educativa das causas e consecuencias da violencia contra as mulleres. Moitas grazas a tod@s el@s.


Ademais, propúxoselle ao alumnado de 3º de ESO a análise de letras de cancións de contido machista para posteriormente elaborar novas versións que reflictan a crudeza destas mensaxes e inviten ao empoderamento da muller. 






lunes, 2 de noviembre de 2020

XA ESTÁ AQUÍ UN NOVO CLUB DE LECTURA!!!

 SE CHE ENCANTA LER

E QUERES COMPARTIR AS TÚAS OPINIÓNS CON OUTROS LECTORES... 


ESTE CLUB É PARA TI... 

COMPARTIREMOS FEIXES DE TEXTOS

DE XEITO PRESENCIAL E VIRTUAL


DÉIXATE PESCAR POLAS BOAS LECTURAS!!!



PARA PARTICIPAR, PODES DAR O TEU NOME NA BIBLIOTECA... 



CONCURSO: UN DEBUXO DE REVISTA

 

QUERES ILUSTRAR A NOSA PUBLICACIÓN O BUK DE MONCHÍN?

SE DEBUXAR É O TEU... 

E QUERES SER A PORTADA DA NOSA REVISTA


NON O DUBIDES... 

PARTICIPA


CON MOTIVO DO SAMAÍN 2020 

A BIBLIOTECA CHE PROPÓN UNHA ACTIVIDADE 


QUERES ESCRIBIR UN RELATO DE MEDO? 

A BIBLIOTECA ANÍMATE A PARTICIPAR CO TEU

  NA NOSA REVISTA LITERARIA





sábado, 31 de octubre de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

   No día de hoxe, 31 de outubro de 2020, celebramos o Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910- Santiago de Compostela, 1990). No seguinte enlace podedes atopar novedades editoriais sobre a figura deste destacado historiador, crítico literario, filósofo e escritor que con tanto empeño dignificou e promoveu o idioma e a cultura galega.

Novidades editoriaishttps://catalogo.galiciale.gal/




martes, 27 de octubre de 2020

O SAMAÍN

COÑECE CON @CLICKJACOBO AS ORIXES DO SAMAÍN NA NOSA TERRA!

CANTO SABES SOBRE O SAMAÍN?

COÑECE CON @CLICKJACOBO AS ORIXES DO SAMAÍN NA NOSA TERRA!

O Samaín é unha festividade céltica moi moi antiga que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno segundo o calendario celta. É celebrada, tradicionalmente, entre o  31 de outubro e o 1º de novembro, xa que o día celta comeza no lusco-fusco. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno. Crese que o Samaín ten a súa orixe no politeísmo celta. En Galicia, está fundamentalmente relacionado co Magosto e o Día dos Defuntos.

Está baseada na tradición de tallar cabazas o día de Defuntos, que eran deixadas nos camiños para asustar ós transeúntes. É unha festa asociada ó ciclo anual do sol que forma parte do Patrimonio Inmaterial de Galicia e da Zona Norte de Portugal.

Algunhas destas tradicións foron perseguidas e prohibidas pola Igrexa durante moito tempo.

A súa recuperación comezou na década los ‘90 en Cedeira, estendéndose por Galicia con actividades que involucran as escolas ou asociacións culturais. De feito, tódo-los anos celebrámolo en Galicia nas nosas escolas e institutos, coma ben sabedes...

Hoxe en día é común atopala referenciada en diversas expresións culturais e festivas relacionadas con esa data.

O escritor e académico Xosé Luís Méndez Ferrín defende que se trata dunha falsa tradición, inexistente en Galicia ata esta recuperación, un "costume imposto polo imperialismo norteamericano", que se quere presentar como tradición céltica galega como froito dunha corrente ideolóxica celtista; como vedes, hai unha moi ampla diversidade de opinións acerca disto.

Tamén hai xente que sostén que hai que prestarlle máis atención ás tradicións galegas en canto a outras importadas coma o Halloween que todos coñecemos.


                                    Decoración de cabazas

"Doce cosas que debes saber sobre el Samaín", La voz de Galicia, en: https://viajes.lavozdegalicia.es/lista/viajes-galicia/2018/07/05/doce-debes-saber-sobre-samain/03071530805944300944843.htm#1 (consultado o día 14/10/2020)



QUERES LECTURAS TERRORÍFICAS? 

AQUÍ TES ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS DUNHA ALUMNA DE ITI (2º ESO):  

Ainoa Pena Mouta


Este é un dos libros máis terroríficos que coñezo. É moi recomendado para os nenos aos que lles guste o samaín e as novelas. O libro está pensado para lectores a partir dos 9 anos. A verdade é que é moi divertido e interesante, sobre todo para os apaixonados da cociña. Vou contar un pouco de que trata: “relata a historia dun neno chamado Román que, con tan só 10 anos, sabe que de maior quere ser un prestixioso chef e, cando cumpre os 9 anos, pídelles aos seus pais un curso de cociña, pero xusto cando lle chega o seu regalo, é un ataude”. Xa non vos conto máis que senón despois non o ledes!


Este outro non o lin, pero parece moi interesante. Esta recomendado aos nenos de 13 a 18 anos. A autora deste libro é Chris Priestley, e escribiu o libro no ano 2014. Por se os interesa, contareivos un pouco de que trata:“Conta que un neno chamado Robert Harper debe volver ao colexio, e ese é o primeiro viaxe que fai so, pero non é unha viaxe coma todas. O tren detense na boca do túnel e, para pasar o rato, unha muller vestida de branco achégase a Robert e empézalle a contar a historia. Sen embargo, non é unha historia que lle soen contar a todos os nenos...”

Esta xa é a introdución e xa me da medo... a vos non?



Isto xa é unha peli, chámase “pesadilla antes de navidad” é moi entretida e mola bastante; está recomendada para maiores de 7 anos pero, sinceramente, cada vez que me acordo, véxoa de novo. Para a xente que nunca escoitara dela, voulles contar un pouco de que vai. “Jack Skeletor, o señor do halloween, describe a navidad e queda namorado dunha muller. Por ise motivo decide mellorar a navidad aínda que a súa versión queda totalmente oposta. A súa idea é secuestrar a Santa Claus. Todos os habitantes da ciudad de halloween deben traballar no novo proxecto da Navidad, pero a súa natureza fai que todos teñan tintes macabros. Solo Sally (a muller da da que está namorado Jack) ve o error que está cometendo”. É ata ahí os podo contar, é moi interesante e pegadiza, a min encántame, a verdade, polo que vos convido a que a vexades.


Esta é outra película. Chámase “Los mundos de Coraline” tamén está recomendado a maiores de 7. Pero a min dame igual porque a sigo vendo. A película saíu no ano 2009 e conta que un día unha nena está aburrida e triste, xa que se mudou de casa cos seus pais e ten extraños veciños arriba e abaixo.Entón, xa que estaba aburrida, descubre que no seu piso hai unha porta secreta cara outro lado.


Información recollida de: 

www.bebesymas.com

www.boolino.es

www.alalibreta.com


 

        


domingo, 25 de octubre de 2020

DÍA DA BIBLIOTECA

  Coa finalidade de resaltar a importancia das bibliotecas como centros de encontro, conservación e difusión da diversidade cultural achegamos infromación dos progamas destinados a fomentar a lectura e das posibilidades de aceso ós fondos bibliográficos que se ofertan desde as distintas bibliotecas públicas de Galicia.



sábado, 24 de octubre de 2020

Horario servizo préstamo

    Lembramos ós integrantes de toda a comunidade educativa do IES Moncho Valcarce que o servizo de préstamo dos nosos fondos atópase habilitado durante os períodos de lecer (luns a venres en horario de 10:10-10:30 e 12:10-12:30).  Seguindo as medidas de adaptación á situación sanitaria derivada da COVID-19 este servizo funcionará baixo cita previa quedando restrinxida a súa atención a nove usuari@s por recreo. Esperámosvos!!!


                                       

lunes, 29 de junio de 2020


Estas vacacións non deixes de ler. 







miércoles, 15 de abril de 2020

CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO 
O VINDEIRO 23 DE ABRIL

Yo me quedo en casa leyendo ¿Quién más?


PEDÍMOSCHE QUE RECOMENDES LECTURAS 
PARA ESTES DÍAS NA CASA

A CONTINUACIÓN AMOSAREMOS 
ALGUNHAS DAS VOSAS SUXESTIÓNS






Es una novela basada en hechos reales que sucedieron durante la Segunda Guerra Mundial y los años posteriores a la guerra. La trama sigue a una familia lituana a la que envían a Siberia cuando Lituania entra en la URSS, al comienzo de la guerra.
Es una novela muy interesante, entretenida y realista, aunque cuenta una dura historia de los miembros de una familia que, junto al resto de su pueblo, son deportados y obligados a vivir en pésimas condiciones, sin haber hecho nada para merecer ese trato.
Personalmente, creo que merece la pena la lectura de este libro.
Sergio Hermida (4º ESO A)





Percy Jackson y los Dioses Griegos de Rick Riordan



Esta novela trata de las experiencias que Percy tuvo con los dioses e incluye otros datos para conocerlos mejor. La historia está ambientada en un supuesto presente y en el pasado, en el cual transcurren las historias.
Es un libro de aventuras que, a su vez, transmite una enseñanza, y ese es un aspecto positivo.
Yo la volvería a leer y la recomiendo a los demás.

(Sergio Paz, 4º ESO A)



El niño con el pijama de rayas de John Boyne



Este libro, que leí el año pasado, cuenta la historia de una familia que vive en la época de Hitler. Era una familia acomodada: el padre trabajaba para el ejército y tenía una buena vida, hasta que por su trabajo se tienen que mudar a un lugar aislado. El niño se puso a investigar y encontró un campo de refugiados, donde se hizo amigo de un niño que vivía allí. Al final el niño decide entrar en el campo con su amigo. En ese momento habían decidido llevar a la gente que estaba en el campo a una cámara de gas, ya que los alemanes odiaban a los judíos por eso los llevaban ahí.  Lo que más me gusta es como los adultos siguen enfrentados, mientras que los niños obvian esas diferencias y establecen un vinculo entre ellos.

Yo recomiendo este libro, ya que es una historia conmovedora y que nos muestra los horrores que tuvieron que sufrir los judíos y demás presos a causa del mandato de Hitler. También me gusta mucho su forma de narrar y que a mí me enganchó mucho. 

(Celia Durán, 4º ESO A)


Europa express de Andrea Maceiras


Nesta novela fálase dun grupo de amigos que se van de viaxe por Europa ao rematar o bacharelato e buscan descubrir a causa da morte do seu amigo Xacobe. É unha novela caracterizada polo misterio da morte de Xacobe. Esta novela gustoume xa que mantén totalmente oculto o final. Outra cousa que me gustou desta novela é que propón unha idea para cando rematemos o bacharelato que perfectamente podería ser realizada. A única cousa que non me gustou son os saltos temporais que se producen. Debido aos motivos mencionados penso que esta obra sería de moito interese para un gran número de estudantes. 

(Mario Regueiro, 4º ESO A)




Fantasmas de luz de Agustín Fernández Paz
Esta obra narra a historia dun home preto da terceira idade, chamado Damián, que se queda sen traballo debido ao cerre do cine no que traballaba como operador de cabina. Tras este golpe tan duro, tanto para a súa vida laboral como persoal (era un fanático do cine), el e a súa muller, Marga, inician un proceso no que ninguén se fixa neles e no que tampouco queren contratar ao noso protagonista, debido á súa avanzada idade. Esta obra describe moi ben o que senten e viven aquelas persoas en situacións críticas ou precarias que, na súa maioría, sofren a exclusión social. Recomendo este libro a calquera persoa á que lle interesen estes temas, xa que é fácil de ler.
(Antón Todosantos, 4º ESO A)


A dos metros de ti de Rachael Lippincott 

A dos metros de ti eBook: Lippincott, Rachael: Amazon.es: Tienda ...

Stella es una chica que controla todo, más cuando se trata de su salud y tiene un canal de Youtube en el que narra todas sus vivencias en el hospital para que la gente sepa más sobre su enfermedad (Fibrosis Quística) y para ayudar a futuros o actuales pacientes. Pero todo este orden y control se ve afectado cuando llega Will (un adolescente rebelde y despreocupado) a su vida. De alguna manera se enamoran, aunque deban mantener dos metros de distancia todo el tiempo, ya que Will puede contagiar a Stella y complicarle el proceso de su trasplante.
Me ha parecido un libro fácil de leer pero muy triste a la vez, he de reconocer que se ha llevado varias de mis lágrimas. Lo que más me ha gustado de este libro es que intenta concienciar y hacer reflexionar a la gente sobre la realidad de todas las personas con este tipo de enfermedad. Y en mi caso se puede decir que lo ha conseguido exitosamente.
Si quieres un libro que te haga pensar y llorar a partes iguales, este es tu libro.
(María Fernández Alvariño, 1º BAC A DES)








miércoles, 26 de febrero de 2020

O PASADO VENRES 21 DE FEBREIRO

 A ESCRITORA, GUIONISTA E ACTRIZ AIZPEA GOENAGA MENDIOLA

MANTIVO UNHA ANIMADA CHARLA LITERARIA COS ALUMNOS E ALUMNAS 
DE 1º DE BACHARELATO


OS/AS RAPACES/AS  PREGUNTARON Á AUTORA 
SOBRE ALGUNHAS DAS SÚAS OBRAS, 
QUE TIVERON OPORTUNIDADE DE LER CON ANTERIORIDADE. 







O ALUMNADO DE LITERATURA UNIVERSAL 
MARCHOU CUN TRABALLO PARA CASA...

Agardamos os resultados!


Ademais, a autora pasou polo club de lectura e coñeceu aos seus membros, aos participantes no taller de curtas e a outros rapaces e rapazas interesados/as no mundo das curtometraxes. 

FOI UNHA XORNADA... 
COMO DICIMOS NO CLUB DE LECTURA... ¡De cine!








martes, 18 de febrero de 2020

O VINDEIRO 21 DE FEBREIRO 


CONTAREMOS COA VISITA 

DA ESCRITORA, GUIONISTA E ACTRIZ AIZPEA GOENAGA MENDIOLA



TODOS OS ALUMNOS/AS INTERESADO/AS EN COÑECELA 

PODEDES ACHEGARVOS POLA BIBLIOTECA

APROVEITAMOS O 14 DE DE FEBRERO 

PARA QUE OS ALUMNOS DESMITIFICASEN

O AMOR ROMÁNTICO



AQUÍ TEMOS ALGÚNS DOS RESULTADOS OBTIDOS: 







CON MOTIVO DO DÍA DA PAZ, O 31 DE XANEIRO,

OS ALUMNOS LEVANTARON UN MURO PARA 
A SÚA LOITA PERSOAL CONTRA A VIOLENCIA


OS RESULTADOS PODEN VERSE NO MURO Á ENTRADA DO INSTITUTO



lunes, 10 de febrero de 2020

OS TRES RELATOS GAÑADORES DO NOSO CONCURSO DO SAMAÍN
ESTÁN A RECIBIR OS SEUS AGASALLOS. 

1º PREMIO: Sheila González (1º ESO B)
MENCIÓN: Carla Pico (2º ESO B)
MENCIÓN: Icía Fernández Fornos (4º ESO B)

¡PARABÉNS ÁS TRES

AXIÑA... NO NOSO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

COMENTAREMOS O LIBRO

LA PUERTA DE MAGDA SZABÓ


¡AGARDAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN... 

PARA ATRAVESALA XUNT@S







miércoles, 22 de enero de 2020

NON ESQUEZAS PARTICIPAR UN ANO MÁIS
 NO NOSO CONCURSO LITERARIO





CONSULTA AS BASES NA BIBLIOTECA

PREGUNTA A MONCHÍN


viernes, 17 de enero de 2020

O DÍA INTERNACIONAL CONTRA 

A VIOLENCIA DE XÉNERO


OS ALUMNOS DOS DIFERENTES CURSOS BUSCARON FRASES DE PERSONAXES CÉLEBRES SOBRE O TEMA.


XA DECORAN AS NOSAS MESAS!











O CARTEL FOI ELABORADO POLA ALUMNA
 ICÍA FERNÁNDEZ FORNOS (4º DE ESO)