Biblioteca do IES Moncho Valcarce
CERTAME LITERARIO
Desde o Club de Lectura “A Casa Encantada” convócase un certame literario de relato que ten as seguintes bases:
- A convocatoria vai dirixida a toda a comunidade educativa do IES Moncho Valcarce. Cada participante presentará un só relato.
- Os relatos poderán estar escritos tanto en lingua galega como en lingua castelá.
- As narracións terán una extensión mínima de 1 folio e unha máxima de 10 folios, escritos a ordenador a dobre espazo e por unha soa cara, con fonte de corpo 12.
- Temática: o relato terá que estar inspirado na Casa Encantada de As Pontes (misterios, pantasmas, mortes estranas e inesperadas,...).
- Establécense catro categorías.
- Primeiro ciclo (1º e 2º de ESO).
- Segundo ciclo (3º, 4º de ESO e PCPI).
- Bacharelato e Ciclo Formativo.
- Segundo ciclo (3º, 4º de ESO e PCPI).
- Bacharelato e Ciclo Formativo.
- Adultos (pais e nais, profesorado e persoal non docente):
6. Haberá dous premios para cada categoría, agás para os adultos, onde non se contempla agasallo de carácter económico.
7. As obras deberán presentarse nun sobre aberto asinadas cun lema ou pseudónimo, que figurará tamén noutro sobre pechado, xunto co título da obra. No interior do sobre pechado farase constar a identidade do autor e curso. Así mesmo, no sobre aberto debe figurar, de maneira visíbel, a categoría a que pertence o concursante.
8. Os orixinais entregaranse na biblioteca do IES. O plazo de admisión finaliza o mércores 30 de xaneiro de 2013.
9. O xurado estará composto por membros (profesores e alumnos) do Clube de lectura “A Casa Encantada”.
10. O acto de entrega dos premios terá lugar na biblioteca do centro nunha data aínda sen determinar.
11. As obras presentadas poderán ser expostas na biblioteca e/ou incluídas no blog da mesma. Tamén se contempla a posibilidade de seren publicadas nun libro ou na revista do Club de Lectura.
12. A participación no Certame implica a total aceptación destas bases.
As Pontes, a 20 de de decembro de 2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario