jueves, 17 de enero de 2013

Novas lecturas no Club de Lectura de Adultos


  O xiro postal 
Ousmane Sembène
Rinoceronte Editora

A chegada dun xiro postal altera a rutina dun barrio pobre do Dakar dos anos 60. Toda a veciñanza espera atopar neses cartos a saída a unha vida miserenta, chea de débedas e privacións.
A través das peripecias polas que pasa o protagonista para cobrar o xiro, Ousmane Sembène ofrécenos un retrato cruel pero lúcido do Senegal inmediatamente posterior á Independencia, no que se manteñen as estruturas sociais e económicas da época colonial.
Levado ao cine polo propio autor (Mandabi, 1968), O xiro postal denuncia a hipocrisía, a corrupción e o parasitismo dunha sociedade que, porén, ten nas súas mans a posibilidade de tentar cambiar.
Ousmane Sembène (1923-2007) figura entre os grandes nomes da literatura e o cine africano. Naceu en Senegal, loitou en Europa durante a II Guerra Mundial e posteriormente traballou en Francia como mecánico, estibador e albanel nos anos 50. Nesa época comezou a súa actividade política como militante comunista e publicou O estibador negro, a súa primeira novela. Interesouse polo cine coa intención de chegar a un público máis amplo, viaxou a Moscova para aprender dirección no Estudio Gorki, e despois de varias curtametraxes dirixiu en 1966 A negra de..., primeira longametraxe africana.
Autor concienciado e comprometido, Ousmane Sembène concibe a súa obra literaria e cinematográfica como un instrumento didáctico útil para transmitir ao pobo africano unha mensaxe de loita e de esperanza. (Presentación da editorial).



El callejón de los milagros
Naguib Mahfuz
Editorial Martinez Roca


Una panadera que acosa a su esposo, un vendedor de caramelos, una alcahueta y un dentista, un comerciante, la joven Hamida, hermosa, pobre y ambiciosa... Todos ellos integran el peculiar universo del callejón Midaq, en el corazón de El Cairo. Ahí se encuentra un café donde la radio ha sustituido a los poemas y donde los hombres se reúnen para su cotidiana ceremonia del té. La calle, con su sórdida meseria y sus mil colores, es el testimonio de una apasionante trama que expresa las contradicciones humanas. (www.lecturalia.com)






No hay comentarios: