Si se calla el cantor, calla la vida, porque la vida, la vida misma es todo un canto
si se calla el cantor, muere de espanto la esperanza, la luz y la alegría.
si se calla el cantor, se quedan solos los humildes gorriones de los diarios,
los obreros del puerto se persignan quién habrá de luchar por su salario.
"que ha de ser de la vida si el que canta no levanta su voz en las tribunas por el que sufre, por el que no hay ninguna razón que lo condene a andar sin manta"
si se calla el cantor, muere la rosa, de que sirve la rosa sin el canto
debe el canto ser luz sobre los campos iluminando siempre a los de abajo.
Que no calle el cantor, porque el silencio cobarde apaña la maldad que oprime,
no saben los cantores de agachadas, no callarán jamás de frente al crimen.
"que se levanten todas las banderas cuando el cantor se plante con su grito,
que mil guitarras desangren en la noche una inmortal canción al infinito".
si se calla el cantor...calla la vida.
Isto era o que non hai tanto nos cantaba Mercedes Sosa. Todas as verbas sobran cando ela mesma explica nesta fermosa canción para que cría que servía o seu canto. E así foi. Sempre ao lado dos oprimidos, sempre erguendo a bandeira da solidaride, da libertade frente a opresión, buscando a democracia no seu país ...ao tempo de ser rosa, xunto con outras mulleres hispanoamericanas como Violeta Parra, Gabriela Mistral ou Alfonsina Storni.
Hoxe morreu "La negra Sosa","La voz de América" morreu o canto, morreu a rosa e ...quedounos un inmortal silencio.
ADEUS PARA SEMPRE A MERCEDES SOSA.
domingo, 4 de octubre de 2009
Calou a vida, calou Mercedes
Publicado por
Endora
en
18:18
0
comentarios
sábado, 3 de octubre de 2009
LECTURAS RECOMENDADAS. LENGUA CASTELLANA.
Oliver Twist. Charles Dickens. Vicens Vives. Cucaña
La señora de los gatos. Nick Shadow. Anaya.
Lágrimas de Shiva. César Mallorquí. Edebé.
El diario de Ana Frank. Editorial Juventud.
Maldita adolescente. María Menéndez Ponte. SM
La ciudad de las Bestias. Isabel Allende. Debolsillo.
El gato negro y otros cuentos de horror. Edgar Allan Poe. Vicens Vives.
La espada y la rosa. Antonio Martínez Menchén. Alfaguara serie Roja.
La tesis de Nancy. Ramón J.Sénder. Editorial Casals
4º de ESO - A y B
El fantasma de Canterville, Oscar Wilde. Vicens Vives. Cucaña.
Doctor Jekill y Mister Hyde, R.L.stevenson. Vicens Vives.
Cinco relatos españoles del siglo XIX. VV.AA. Cátedra base.
El mercader de Venecia, Shakespeare. Cátedra base
Cuentos fantásticos, VV.AA. Cátedra base.
El universo de Poe. Selección de relatos de Edgar Allan Poe. Editorial Bambú.
OK, señor Foster, Eliacer Cansino. Edelvives, colección Alandar.
Saboreando el cielo. Ibtisam Barakat. Bambú Vivencias.
La profecía del abad Negro, José María Latorre. Alfaguara, Serie Roja.
Publicado por
Chus ProfedeLengua
en
19:40
1 comentarios
jueves, 10 de septiembre de 2009
PARA EMPEZAR...POESÍA
Del blog del infatigable Evaristo Romaguera tomo este poema de Walt Whitman para empezar el curso contentos, conciliadores, concienciados, combativos, con ganas.
Carpe Diem! Aprovecha el día,
No dejes que termine sin haber crecido un poco,
sin haber sido un poco mas feliz,
sin haber alimentado tus sueños.
No te dejes vencer por el desaliento.
No permitas que nadie
te quite el derecho de
expresarte que es casi un deber.
No abandones tus ansias de hacer de tu vida
algo extraordinario...
No dejes de creer que las palabras, la risa y la
poesía
sí pueden cambiar el mundo...
Somos seres, humanos, llenos de pasión.
La vida es desierto y tambien es oasis.
Nos derriba, nos lastima, nos convierte en
protagonistas de nuestra propia historia...
Pero no dejes nunca de soñar,
porque sólo a través de sus sueños
puede ser libre el hombre.
No caigas en el peor error, el silencio.
La mayoría vive en un silencio espantoso.
No te resignes...
No traiciones tus creencias. Todos necesitamos
aceptación, pero no podemos remar
en contra de nosotros mismos.
Eso transforma la vida en un infierno.
Disfruta el pánico que provoca tener
la vida por delante...
Vívela intensamente,
sin mediocridades.
Piensa que en ti está el futuro y en
enfrentar tu tarea con orgullo, impulso
y sin miedo.
Aprende de quienes pueden enseñarte...
No permitas que la vida te pase por encima
sin que la vivas...
Publicado por
Chus ProfedeLengua
en
13:20
1 comentarios
martes, 8 de septiembre de 2009
Benvida
Benvida a todos os que nos seguides e tamén a todos aqueles que pasedes por aquí e tedes un momento para ver se compartimos as mesmas inquedanzas.
Despois destes meses de descanso, ben merecido, tras un curso de moito traballo e esforzo por parte dos profesionais que estamos detras destas letras, volvemos á carga, e por carga entendemos facer todo o posible por compartir con vós o noso gusto pola lectura, por saber cada día algo novo, por ser quen de atopar aquela información que precisamos, ben para enriquecemento propio ou porque un terceiro nola demanda... e outras cousas que teñen como eixo vertebrador a NOSA BIBLIOTECA.
Un saúdo de benvida por tanto para todos e xa sabedes, aquí estamos de novo.
Queremos comezar esta nova andaina, curso 2009-2010, con esta campaña en favor da lectura que conocemos grazas a Trafegando ronseis
Publicado por
Endora
en
20:39
0
comentarios
Etiquetas: benvida, campaña lectora, comezo do curso
domingo, 28 de junio de 2009
O POETA DO COUREL, Letras Galegas 2010
Uxío Novoneyra, o poeta de Parada de Moreda, no corazón do Courel, será o escritor ao que a Academia Galega dedicará no 2010 o Día das Letras Galegas. Esta grata noticia colleunos xa gardando os bártulos do curso e saíndo cara as vacacións. Pero desde a biblioteca non queremos deixar pasar a ocasión de mostrar a nosa satisfacción por esta nova.
PANOS brancos
esfiañados
da nebra
ouveando polos vales
polos soutos
i as devesas marelas
en busca dun caborco
ou dunha valiña outa
que os acolla
i os faga acougar!
Fiañas da nebra
rubindo
e baixando
á gaiola do aire
polas serras érmedas
e polos soutos despidos
do Nadal! (De OS EIDOS)
Publicado por
Chus ProfedeLengua
en
9:05
1 comentarios
Etiquetas: Día das letras galegas, Uxío novoneyra
sábado, 6 de junio de 2009
Poesía viva nas Pontes
Hoxe aistimos a un novo recital do grupo poético Alalá.
Como teñen por costume, xunta a eles había un convidado de excepción, o poeta Eduardo Estévez.
Os alumnos de piano -Carlota Candelas, Ana Mª Ameneiro, Alberto Lozano e Brais Martínez- e frauta travesera -Carme Pita, Alicia López, María Allegue e Candela Paz- do Conservatorio de música de As Pontes e a danza oriental de Vanessa Lakshmi acompañáronos para crear unha grata atmósfera e convertíronse nun agradable telón de fondo para os poemas de Santi, Gloria, Ofelia, Aníbal Ánxel e Mª Carmen.
Publicado por
Endora
en
8:30
0
comentarios
Etiquetas: Eduardo Estévez, Grupo poético Alalá
jueves, 4 de junio de 2009
As Pontes non sempre foi o que é
Aos das Pontes gústanos atopar de cando en vez cousas tan preciosas coma as que conta Otero Pedrayo neste libro ilustrado por Vicente Risco e digo isto porque, sen dúbida, a nosa non é a vila máis fermosa de Galiza; o seu carácter industrial, o feito de ser unha encrucillada,... non fan dela a mellor das vilas, pero é a nosa vila e nos sentimos orgullosos de ter nacido nela e de ser parte da súa historia, unha historia que por outra parte abrangue ata a prehistoria.
Pois ben, aquí vos traio unha obra que podedes atopar na nosa biblioteca, publicada alá polo ano 1929 cando Otero Pedrayo e Vicente Risco xunta a Ben-Cho-Shey, fixeron un camiño dende Ourense ate San Andrés de Teixido para coñecer en detalle o país e así poder integrar a súa bagaxe cultural no ámbito xeografico, económico, paisaxistico,...reivindicando dalgunha maneira o noso patrimonio cultural. Neste itinerario pasaron por aquí e veredes o que dín das Pontes de principios do século XX. Deixemos falara D. Ramón, na súa lingua, unha lingua que ás veces, esixe do lector un esforzo, pero ben merece a pena.
"SEÑORES D´APASEO
Piñeirales. Pechos, mestos, armoñosos. Ouro verdecente da serán. A cada volta da carreteira vaise redondeando pra nós a conca das Pontes. Roca e piñeiros. Un grande golfo de piñeirás aberto no cerne das montanas. Un escuro verdecer e mancholas de casas brancas. Outras mancholas brancas e recendentes âs táboas de pino. Os ollos feridos e deslombrados de choutar pol-as serras, de brincar cotas, de fixar lonxanos paralelos históricos durme no arreconchego d´iste val. O Eume eiquí tamén folga un pouquiño: un descanso d´heroe na tarde ô pé dos arboredos. Terra de dólmenes e de encantamentos. Cruce de camiños axexado por outas penedías esgrevias. O Caxado racha a armonía da serán como un berro. Con todo Pontes é un val de montana. Non ten apesares dos piñeiros isa priguiza da veiramar. Priguiza dificultosa de dicir. Casas brancas, ponte, río, noite de sábado, nova espranza pr´o día seguinte. E se non se pode dubidar da seriedade da vila: eiquí inda lonxe chegan señores d´apaseio. Ouservámolos con grande curiosidade. Ben mantidos, importantes, paso dixestivo. Hai unha ximnástica burguesa ben século dazanove pra pasear pol-as carreteiras. Con todo istes señores non me parecen ser da vila. Levan gabás desmasiado â moda. Que pracer pra un veraneante poder dicir chegado o outono:"el día...de Julio salíamos de paseo, a las tardes en Puentes de García Rodríguez y teníamos que llevar gabán". Sospeitamos chegar a unha vila de oxixenación. A cada volta da estrada precísanse augas batidas entr´os piñeirás; hai cortinas de piñeiros que figuran encobrir a surpresa do val ullán. Logo as primeiras casas, as primeiras aceras, dúas pontes paralelas e unha cruz de estradas."
Se vos interesa todavía queda máis sobre a nosa vila, cousas ben interesantes como cando dí: "Casas de artesanos vilegos. As estradas novas criaron a outra vila: perpiñaos, galerías, tendas, acacias de bola, cafés, praza con bancos, despacho dos boletíns...Luminosa, espallada, c´a presencia custante dos piñeirás dá unha impresión hixiénica, aseptica..."
Anímovos a ler esta obra por moitas razóns, algunhas delas quedan aí argumentadas polo propio texto.
Publicado por
Endora
en
22:59
0
comentarios
Etiquetas: As Pontes, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco
viernes, 29 de mayo de 2009
Charla sobre el proceso de Boloña

Facémonos eco dunha noticia que consideramos de especial transcendencia e interese para todos vós pois GZ Nova As Pontes vai organizar unha Charla - Debate na Aula Polivalente da Casa Dopeso vindeiro día 29 deste mes ás 20.00 do serán. O obxectivo desta Charla - Debate é achegar a todos e moi especialmente á xente nova, un pouco máis de información sobre este tema.
Xurde esta iniciativa por mor do Proceso de Boloña e a implantación do novo Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).
A súa intención é aportar información con obxectividade para que cada quen se faiga unha opinión propia sobre toda esta reforma, aínda en proceso, da universidade pública.
Para isto teñen convidados a:
- Marcos Loureiro, Responsábel Nacional dos Comités Abertos, sindicato estudantil nacionalista.
- Elena Sierra, Vicerreitora de Calidade e Novas Tecnoloxías da UdC.
- Xulio Ferreiro, Responsábel nacional de Universidade da CIG Ensino e profesor na Facultade de Dereito da UdC.
Promete estar interesante. Anímate e acude cos teus compañeiros para te informar.
Publicado por
Endora
en
1:03
0
comentarios
Etiquetas: Boloña, EEES, Elena Sierra, Galiza Nova, Marcos Loureiro, Xulio Ferreiro
martes, 19 de mayo de 2009
EPÍSTOLA A BENEDETTI
Publicado por
Chus ProfedeLengua
en
22:51
1 comentarios
viernes, 15 de mayo de 2009
Ramón Piñeiro
Ramón Piñeiro é o persoeiro a quen lle adica A Real Academia Galega este ano o Día das Letras Galegas.
Nace en Armeá, Láncara o 31 de Maio de 1915 e fina en Compostela o 27 de agosto de 1990.
Político, escritor e filósofo. Estudou o bacharelato elemental en Lugo e en 1930 traballou como empregado de oficina nun comercio de Sarria. Durante esta época, a lectura do xornal El Pueblo Gallego espertou nel un grande interese polo movemento político e cultural de Galicia.
En 1932 instalouse en Lugo para estudar o bacharelato superior e relacionouse con mozos galeguistas lucenses, cos que participou na fundación das Mocidades Galeguistas, que posteriormente presidiu.
En 1933 asistiu á asemblea do Partido Galeguista, celebrada en Santiago de Compostela, onde coñeceu a Castelao, Alexandre Bóveda e outros galeguistas, cos que iniciou unha estreita amizade. Participou no coñecido mitin das arengas, celebrado na praza da Quintana en Santiago de Compostela o 25 de xullo de 1934, con motivo do Día de Galicia, xunto a Alexandre Bóveda, Castelao, Ramón Otero Pedrayo e outros.
En 1936 foi elixido secretario do comité provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía. Co inicio da Guerra Civil Española (1936-1939) permaneceu agochado en Lugo ata que foi mobilizado e tivo que incorporarse ao bando nacional.
Ao rematar a guerra comezou os seus estudos universitarios de filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e en Madrid, e mantivo a súa militancia política clandestina. Influíu na autodisolución do Partido Galeguista e, a partir de 1943, participou na reorganización clandestina do galeguismo.
En 1946 viaxou a París coa misión de xestionar a inclusión de Castelao, aceptado por todas as organizacións galegas, como ministro do goberno de José Giral. Ao seu regreso detivérono en Madrid e condenárono a seis anos de cárcere, dos que cumpriu tres en Alcalá de Henares, Ocaña e Yeserías. Ao saír estableceuse en Santiago de Compostela e defendeu a loita cultural fronte á política, o que lle valeu as críticas doutros sectores galeguistas. Por unha banda tentou manter a estrutura clandestina do galeguismo e, pola outra, iniciar unha vía legal que levase á afirmación de Galicia como pobo nas conciencias dos máis novos. O seu fin era acadar a galeguización xeral da sociedade.
En 1950 participou na fundación da Editorial Galaxia, da que foi o seu primeiro director literario; alí iniciou a colección Grial co ensaio Siñificado metafísico da saudade, que tivo unha enorme repercusión en Galicia e Portugal porque, centrado na filosofía existencialista de M. Heidegger, definiu a saudade como “o sentimento da soidade ontolóxica do home”, co que a converteu na principal achega da cultura galego-portuguesa ao pensamento universal.
En 1963 participou na creación do Partido Socialista Galego e, entre 1966 e 1970, impartiu cursos de verán no Middelbury College de Vermont (EE UU) sobre cultura española. En 1967 ingresou na Real Academia Galega co discurso A lingoaxe e as língoas, en que defendeu a importancia da lingua como sinal de identidade dun pobo, e a finais da década de 1970 cofundou, con outros intelectuais galeguistas, o grupo Realidade Galega para defender que Galicia obtivese un Estatuto de Autonomía en igualdade de condicións ca as outras nacionalidades históricas. Tras a morte de Franco, en 1977 foi candidado ao Senado pola Candidatura Democrática Galega pola provincia de Lugo, pero non foi elixido e o seu nome soou en diversos medios de comunicación como candidato á presidencia da Xunta de Galicia. Foi deputado independente polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia durante a primeira lexislatura (1981-1985) e o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega (1983-1990).
Incluído dentro dos autores da Xeración do 36 que conforman o Grupo Galaxia, foi un dos principais responsables do mantemento do legado cultural do grupo Nós, a través dunha serie de traballos que procuraban a vinculación de Galicia con Europa e que sentaron as bases para o reinicio da normalización cultural no país galego. Escribiu numerosos artigos en Grial e noutras publicacións de temática política e cultural, moitos deles asinados co pseudónimo Luís Veiga do Campo, ademais de limiares e artigos en obras colectivas, como A saudade en Rosalía (1952), A saudade(1953), A lingua sangue do espíritu (1959), A filosofía e o home (1963), Vicisitudes históricas da cultura galega (1975) e Castelao político (1986).
Da súa obra, que xirou ao redor da filosofía da saudade, destacan Pra unha filosofía da saudade (1953), Olladas no futuro (1974), Lembrando a Castelao (1975) e Filosofía da saudade (1984). Ademais, traduciu ao galego, con Celestino F. de la Vega, Cancioeiro de poesía céltica, de J. Pokorny (1952) e Da esencia da verdade (1956) de M. Heidegger. A súa correspondencia editouse en Cartas para os amigos (1992) e Un epistolario de Ramón Piñeiro (2000). Recibiu a Medalla Castelao (1985).
Visita este traballo de IES As Mariñas de Betanzos, unha páxina ben feita entorno á figura de Ramón Piñeiro
Máis información tela naWikipedia
- Na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes podemos atopar documentos sonoros.
Publicado por
Endora
en
9:01
0
comentarios
Etiquetas: Día das letras galegas, Ramón Piñeiro
miércoles, 13 de mayo de 2009
Ponte ao noso lado
Grazas a Mesturas por poñernos na onda
Publicado por
Endora
en
18:45
0
comentarios
martes, 12 de mayo de 2009
IN MEMORIAM
Nos dejó Antonio Vega, músico y poeta, y uno de los referentes del pop español. Con su grupo Nacha Pop compuso la banda sonora de la juventud de los 80 que, como ellos, deambulaban por pubs y discotecas llenos de vida y de ilusión. Recuerdo el Clangor, La Facultad, El Dúplex, Black y tantos otros en los que sonaban sus canciones y Chica de ayer ponía el broche de oro a las mágicas noches en Santiago. Hoy, 20 años después, lugares y melodías permanecen en nuestra memoria como huella imborrable de lo que para muchos fueron los mejores años de nuestras vidas...
Por siempre, Antonio Vega.
Publicado por
Endora
en
20:02
0
comentarios
Etiquetas: Antonio Vega, movida, Nacha Pop
lunes, 11 de mayo de 2009
Por Mario Benedetti
Queremos sumarnos á iniciativa de Pilar del Rio, esposa de Saramago, que solicita leamos a poesía deste insigne poeta pola súa saúde, en este momento un tanto escasa, pois atópase con un grave problema do que esperemos se recupere de camiño. Todos xuntos podemos sumar sinerxias para acadar este fermoso obxectivo que nos propón Pilar.
Asemade, Gabriel Impaglioni, na revista virtual Isla negra, (quizáis por unha das tres casas que tiña en Chile outro poeta,Pablo Neruda? ) convócanos a ler poesía neste mes sempre relacionado con ela, mes do renacemento, da luz...para nós tamén das letras galegas que deben este día á súa poeta máis insigne-Rosalía de Castro- que tal día como outro 17 de Maio adicara a súa obra Cantares galegos a outra escritora, Fernán Caballero.
Por todos estes motivos, e aínda sen eles, quérovos propor ler estes poemas que siguen de Mario Benedetti e seguir a ler máis neste enlace, onde atoparedes aqueles que todos poderemos recitar no noso centro esta semana aproveitando os momentos de lecer.
Saúde e poesía.
ME SIRVE Y NO ME SIRVE
La esperanza tan dulce
tan pulida tan triste
la promesa tan leve
no me sirve
no me sirve tan mansa
la esperanza
la rabia tan sumisa
tan débil tan humilde
el furor tan prudente
no me sirve
no me sirve tan sabia
tanta rabia
el grito tan exacto
si el tiempo lo permite
alarido tan pulcro
no me sirve
no me sirve tan bueno
tanto trueno
el coraje tan dócil
la bravura tan chirle
la intrepidez tan lenta
no me sirve
no me sirve tan fría
la osadía
sí me sirve la vida
que es la vida hasta morirse
el corazón alerta
sí me sirve
me sirve cuando avanza
la confianza
me sirve tu mirada
que es generosa y firme
y tu silencio franco
sí me sirve
me sirve la medida
de tu vida
me sirve tu futuro
que es un presente libre
y tu lucha de siempe
sí me sirve
me sirve tu batalla
sin medalla
me sirve la modestia
de tu orgullo posible
y tu mano segura
sí me sirve
me sirve tu sendero
compañero
Letras de Emergencia (1969-1973)
Publicado por
Endora
en
22:00
0
comentarios
Etiquetas: Benedetti, Cantares galegos, Fernán Caballero, Gabriel Impaglioni, Isla negra, Pilar del Río, poesía, Rosalía
lunes, 4 de mayo de 2009
Remata a semana adicada ao libro
Hoxe damos por concluídos os actos adicados ao Día do libro (23 de abril) que no noso centro exténdense por uns días.
Dende a Biblioteca colaboramos coas nosas aportacións a outras actividades promovidas por departamentos e polo centro.
Estas son algunhas coas que contamos este ano:
-Exposición de poemas de distintos autores: Esta actividade vén a abondar na intención de facilitar e mellorar a relación dos nosos lectores coa poesía. Xa contamos este curso coa poeta santiaguesa Berta Dávila, regalamos poesía en febreiro e sorteamos libros de poemas (Neruda e a propria B.Dávila) entre os usuarios da nosa biblioteca.
-Mercadiño solidario: Un ano máis colaboramos coa ONG Mundo Cooperante a prol de moitos proxectos de axuda e cooperación que desenvolven en países desfavorecidos do noso planeta. O mercadiño de libros está creado a partires das xenerosas doazóns de todos os membros da comunidade educativa do noso centro. Nós somos tamén quen mercamos os que outros traen, aínda que este ano trasladámolo, a petición de Rosa López ( responsable da ONG en Coruña), á Barha Party que por segundo ano se celebra na nosa vila, coa colaboración do Concello, e alí atopamos moitos veciños da vila realmente solidarios.
-Exposición de libros: A aventura era o tema central das nosas lecturas durante este curso polo que reunimos un nutrido grupo de libros dos nosos fondos e pedimos a Fundación Germán Sánchez-Ruipérez unha selección de títulos en distintas linguas. Con todo isto resultou unha boa mostra deste xénero.
-Rincón de Machado:Coincidindo co setenta aniversario da morte de Antonio Machado,
colocamos na entrada do centro un rincón adicado ao poeta sevillano, profesor de francés, cos seus poemas impresos en follas de colores cos que invitabamos a ler aos nosos alumnos e levalos para casa, uns exemplares da nosa biblioteca e unha gran foto cos datos básicos da efeméride completamos este espazo.
-Certame literario: Coas bases publicadas no blog do club de lectura, os cartaces espallados polo centro, tras recoller os traballos presentados, lelos e valoralos, fallamos o "II Certame literario Biblioteca Moncho".
Publicado por
Endora
en
23:02
0
comentarios
Etiquetas: certame literario, Día do libro, exposicións, Germán Sánchez- Ruipérez, libros de aventura
lunes, 27 de abril de 2009
Consejos para vivir mejor: LEE COSAS SANAS, NO ENGORDAN, 0% MATERIA GRASA.
RECETA: ENSALADA MIXTA DE BUENAS LECTURAS. PLATO ESPECIAL DE LA CASA PARA 3º Y 4º DE ESO.
INGREDIENTES:
- AVENTURAS:
La leyenda del Rey Errante, Laura Gallego. Ed.SM, Barco de vapor
Walid es un caprichoso principe árabe aficionado a la poesía. Desea ganar un certamen de poesía pero nunca lo logra porque Hammad, un humilde tejedor de alfombras, siempre le gana. Walid planea vengarse de él separándolo de su familia y obligándolo a hacer tareas imposibles en su palacio. Así, le pide que teja una alfombra en la que se represente toda la historia de la humanidad. Hammad logra lo que parecía imposible, pero muere abandonado y solo. Y entonces comienza el calvario del joven principe, ya que la alfombra parece tener un poder diabólico.
En este libro encontrarás aventuras en el desierto, bandidos rebeldes, personajes malvados, verdaderos amigos,y, por supuesto, una historia de amor.
El año de Gracia, Cristina Fernández Cubas. Editorial Tusquets.
Daniel es un joven seminarista que, tras la muerte de su padre, abandona su reclusión y vuelve a su casa. Una vez en ella, su hermana Gracia decide regalarle un año sabático para que conozca mundo. Daniel acaba embarcándose con un capitán borrachín y un siniestro marinero que planean algo turbio. pero no lograrán su fin. Naufragan y solo Daniel salva su vida. Al igual que Robinson Crusoe tendrá que aprender a sobrevivir en un entorno hostil... pero las cosas no son lo que parecen.
En este libro encontraréis aventuras, extraños animales domésticos, un pastor de ovejas loco y un final bastante sorprendente.
- TERROR:
Luces de septiembre, Carlos Ruíz Zafón. Ed. Booket.
Simone Sauvalle se ve obligada a buscar un trabajo tras la muerte de su marido. Junto con sus hijos, irene y Dorian, se traslada a un pequeño pueblo costero en que empieza a trabajar como ama de llaves en la casa de un amable constructor de juguetes, Lazarus Jann, quien vive con su esposa enferma (a quien nadie ha visto jamás) en un caserón lleno de juguetes y autómatas. Irene hace buenas amistades, incluso conoce a un chico que le gusta, Ismael. Todos son felices en el pequeno pueblo hasta que un día...Aquí pasarás miedo pero también vivirás una apasionante historia de amor a bordo de un velero.
- INTRIGA:
La mu
erte del cisne, Fernando Lalana. Alfaguara, serie Roja. - Elisa y Carlota tienen una extraña relación en la que se mezclan la amistad y la rivalidad. Comparten una gran pasión: el ballet clásico. Cuando deciden presentarse a un concurso, sus vidas cambiarán radicalmente su rumbo. Carlota, la inesperada ganadora, hallará el camino a la muerte. Elisa se verá envuelta en una complicada trama de amor y odio al que la conduce su relación con César, el cámara encargado de grabar el video que ha de presentar al concurso maldito… Celos profesionales, ambiciones desmedidas, dobles apariencias, seres sin escrúpulos que la llevarán al descubrimiento inesperado del motivo y autor del asesinato de su amiga.
- AMOR Y ARTE
La joven de la perla, Tracy Chevalier. Punto de Lectura.
Griet es una joven muchacha, pobre y sin cultura, que entra a trabajar como criada en casa del pintor Johannes Vermeer. Allí será la encargada de la limpieza del estudio del pintor, en el que no puede cambiar de sitio nada. También cuidará de sus hijas, entre las que destaca Cornelia, caprichosa y malévola, quien estará siempre pendiente de los pasos de la joven sirvienta. Griet está sola en un mundo donde su único confidente es Pieter, el hijo de un carnicero. Vermeer empezará a fijarse en la joven y entre ellos nacerá una platónica historia de amor que la familia del pintor no está dispuesta a tolerar
Esta novela, ambientada en Holanda, siglo XVII, no narra hechos reales pero está basada en la vida del pintor holandés Johannes Vermeer y recrea una historia ficticia a partir de su retrato La joven de la perla. Os gustará a los amantes de la pintura, de la historia y de las historias de amor. - CUENTOS MODERNOS
Caperucita en Manhattan, Carmen Martín Gaite. Editorial Siruela
Sara Allen es una niña de 10 años que vive en el barrio neoyorkino de Brooklyn. Al otro lado del río Hudson, en Manhattan, vive su abuela, una moderna viejecita algo chiflada (según el padre de Sara) a la que la niña desea visitar, pues le apasiona su vida. Todos los sábados, Sara y su madre, una mujer obsesionada con hacer tartas de fresa, cruzan la ciudad para visitar a la abuela. A Sara le encantaría hacer sola ese trayecto, pero su asustadiza madre no le deja, pues la ciudad es peligrosa. Sin embargo, un buen día Sara desobedece y empezará una extraña aventura en la que tendrá mucho que ver una estrafalaria mendiga, Miss Lunatic.AQUÍ ENCONTRARÁS MÁS
Publicado por
Chus ProfedeLengua
en
22:40
1 comentarios
sábado, 25 de abril de 2009
Os agasallos dos outros blogs
Debemos empezar polo Recanto do Mik, encantador blog da biblioteca do CEIP Mestres Goldar de Vigo do que nos sentimos deudores pois hai tempo que o coñecemos e temos aprendido moito del. Agasállannos con moita fantasía e oito desexos, nós compartimos os seus e esperamos se cumplan seguindo as regras desta cadea que son:
-Comentar no blog de quen nos convidou.
-Mencionar as regras.

Os desexos son:
1) Inventar uns lentes máxicos para ver sempre a cara positiva das cousas.
2) Ter un saco inesgotable de historias que contar, como Sherezade.
3) Vivir a vida co espíritu de Peter Pan.
4) Dar a volta ao mundo en 80 días.
5) Descubrir a Biblioteca dos Libros Olvidados.
6) Explorar novos mundos a bordo do Enterprise.
7) Ser quen de dibuxar un sorriso na cara dos que nos arrodean.
8) Ter unha variña máxica para facer realidade os desexos que saen do corazón.
Do blog da biblioteca do IES Fernando Esquío e do IES Ollos Grandes recibimos outro novo agasallo. Este convírtenos nun "Blog Maneiro", que significa "Blog xeitoso" o que conleva certas obrigas como :
- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
- Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros.
- Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
- Publicar as regras.
- Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.
Por último, esperemos non sexa o derradeiro, recibimos de Os leóns de Medeiros, blog dos usuarios da biblioteca do CEIP Medeiros o selo violeta que como eles mesmos din :
“O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".
Este selo obriga a expoñer estas regras:-Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras.
-Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
-Avisar aos indicados, non hai que esquecerse diso!
-Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.
Nós consideramos que son moitos os blogs que deben recibir todos estos agasallos e cremos que todos os que lean isto pódense considerar distinguidos con eles.
Aí van algúns:
Os trasnos dos libros
Pasa Páxina
Paxaros na cabeza
Punto de encontro
Salcedoteca
Un rato na biblioteca
Unha lagoa de libros
Vilán
Wences-leo
Ó carón da lúa
Publicado por
Endora
en
21:26
3
comentarios
miércoles, 22 de abril de 2009
Lúa más eu
Este é o título do relato de Claudia Pico Martínez de 1º ESO B ven de acadar hoxe mesmo un premio no I Certame de relatos curtos "Amigos para sempre"Estaba organizado polo Consello da Xuventude de Galicia.
A Editorial Sálvora lanzou un libro cun total de vinte relatos, entre os que se atopan os gañadores do certame e outros seleccionados de entre os participantes.
Un tanto por cen dos beneficios das vendas deste libro destinarase á Asociación protectora de animais e plantas de Lugo.
Parabens para esta prometedora escritora, un orgullo que estea no noso centro e unha iniciativa da CXG que compartimos e apoiamos.
O texto comeza así: " Era unha tarde de outono, había pouco que escampara e pediralles ós meus pais permiso para ir apañar algúns cogomelos ó piñeiral máis próximo, estaba situado xusto ó lado da estrada principal do lugar. Collín o bocadillo de xamón que me acababa de preparar a avoa, metín o caravel debaixo do brazo e encamiñeime pola estrada adiante ata que pasados uns cinco minutos cheguei ao devandito piñeiral, crucei a estrada e comecei a adentrarme por entre os matorrais e os piñeiros. Entre tanto ía cavilando e preguntándome como sería o lugar de Ribacova se nel houbese algún neno máis ca eu, de seguro que así tería con quen xogar ó escondinte e ó pilla-pilla, pois eu soa non podía e mamá, papá e a avoa tiñan sempre moito que facer co gando..."
Se queredes ler o texto completo tédelo neste enlace.
Publicado por
Endora
en
22:56
0
comentarios
Etiquetas: certame literario, mascotas, relatos curtos
martes, 21 de abril de 2009
Estamos seleccionados

Acabámonos de enterar, efectivamente estamos seleccionados no III Premio Espiral Edublogs 09. Os nosos bolgs: Felices Lecturas, Felices Pesadelos e Felices Aventuras (estes dous son do club de lectura e actualmente En obras) resultaron finalistas na categoría de blogs de centro.
Este premio pretende como alí se di:
- Valorar la importancia y repercusión de los blogs en la educación, como herramienta didáctica para el desarrollo de contenidos curriculares y motivación de los alumnos.
- Reconocer el trabajo de muchos profesores y profesoras en la red demostrando su utilidad pedagógica.
- Servir de escaparate motivador de una corriente educativa dentro de la blogosfera, que ayuda a la generalización del uso de las TIC en el aula.
- Favorecer cauces de opinión y debate sobre la necesidad de avanzar en el uso de los blogs en el entorno educativo.
Publicado por
Endora
en
18:20
4
comentarios
Etiquetas: edublogs, finalistas, seleccionados
domingo, 19 de abril de 2009
Encontros en Santiago dos centros do Plan de Mellora das Bibliotecas escolares,17-18 de abril 2009
O 16 e 17 de abril celebramos en Santiago os Encontros do Plan de Mellora de bibliotecas escolares 2008/2009.
Nestes encontros reunímonos os responsables das bibliotecas escolares integradas no Plan de Mellora de bibliotecas.
A nosa biblioteca forma parte do Plan de Mellora dende este curso, é dicir, que somos do PLAMBE 4, pois hai tres anos que empezaron estas axudas para mellorar a calidade das nosas bibliotecas.
Estes Encontros serviron para recibir formación sobre diferentes aspectos da biblioteca escolar, para intercambiar experiencias, e para tomar contacto cos compañeiros doutros centros escolares de toda Galiza.
Publicado por
Endora
en
2:08
1 comentarios
Etiquetas: Encontros, Plan de mellora
martes, 14 de abril de 2009
Un novo material ao voso dispor
Dende hoxe, o noso blog conta cun novo enlace que podedes ver na parte estreita, no índice.
Puxemos unha data ao chou e saleunos isto.
Publicado por
Endora
en
18:19
3
comentarios
Etiquetas: hemeroteca virtual, mesturas, Vanguardia
jueves, 9 de abril de 2009
LIGERO DE EQUIPAJE.
Este año, que se cumplen setenta de la muerte de Antonio Machado, he estado releyendo los últimos capítulos de la biografía que Ian Gibson dedica al poeta: Ligero de equipaje. La vida de Antonio Machado (Punto de Lectura, 2007). El último viaje de Machado es largo: es un peregrinaje que comienza en noviembre de 1936, fecha en la que el poeta huye de Madrid y de la guerra – eso, sí, con su familia: su madre y su hermano José junto con su esposa y sus tres hijas-. Antonio Machado se siente viejo y está enfermo. Pero el poeta no deja de escribir, ahora defendiendo la causa republicana. Primero en Rocafort, Valencia, donde Machado pasa un tiempo relativamente tranquilo, rodeado de limoneros y naranjos, de fuentes y de luz, y recibiendo la visita de intelectuales y amigos que se preocupan por su deteriorada salud. En 1938 debe trasladarse a Barcelona. Es el principio del fin, ya no habrá retorno ni paz. En Barcelona, Machado y su familia viven en La Torre Castañer, un palacete del siglo XVIII en el que el poeta no se siente cómodo. De esta vivienda recordará dos años más tarde su hermano José:”Grandes habitaciones. Salones con profusión de espejos en marcos dorados, piano antiguo, cornucopias, litografías que amarilleaban por el tiempo y grandes y magníficas arañas.[…] continuar
Publicado por
Chus ProfedeLengua
en
23:38
1 comentarios
Etiquetas: Antonio Machado, Serrat
martes, 17 de marzo de 2009
FELICIDADES, MAESTRO
Ayer celebró su cumpleaños Francisco Ayala, tan contento y en compañía de Carolyn Richmond, su mujer. Ni más ni menos que 103, una edad estupenda. Da gusto verlo y da gusto leerlo, activo aún con 103, y lúcido e irónico, también con ciento tres. Su secreto, la miel. Eso sí, la toma desde que era un niño.
Publicado por
Chus ProfedeLengua
en
21:33
1 comentarios
Etiquetas: Ayala, escritores, literatura española
domingo, 8 de marzo de 2009
Día Internacional da muller
Todos nós – homes e mulleres, soldados e axentes de mantemento da paz, ciudadanos e líderes – temos a responsabilidade de contribuír a eliminar a violencia contra a muller. Os Estados deben cumplir coas súas obligacións de previr a violencia, enxuiciar aos perpetradores e proporcionar reparacións ás víctimas. E cada quen de nós debe falar claramente na familia, no lugar de traballo e na comunidade, de modo que cesen os actos de violencia contra a muller.
Non debemos olvidar que somos máis da metade da poboación do noso país, aínda hai un 5% de analfabetas pero ocupamos máis prazas universitarias. Temos 1,2 fillos, disfrutamos menos do ocio que os varóns pero levamos unha vida máis saudable, cometemos menos delitos, gústanos ser independentes, xa non somos só nais e esposas pero seguimos levando o peso do fogar pois fronte aos homes que lle dedican tres horas nós dedicámoslle sete horas, tamén nos ocupamos máis dos fillos. As mulleres casámonos máis tarde que as nosas nais e avoas e apesar do tópico sobre o tempo que as mulleres tardan en arreglarse, as actuais só dedicamos 50 minutos ao día ao aseo persoal e menos de oito horas ao descanso, segundo un estudo do Instituto da Muller.
Estamos nesta situación, que aínda pode mellorarse ben, grazas a outras moitas mulleres que abriron novos camiños como Emilia Pardo Bazán ( 1852-1921) que ademais de ser unha figura das letras, defendeu activamente os dereitos da muller. Foi profesora universitaria e tivo unha vida íntima escandalosa para a súa época.
Emmeline G. Pankhurst (1858-1928) foi sufraguista británica. Dirixiu no seu país o movemento a favor do voto da muller. Foi encadeada varias veces e morreu poucas semanas despois de lograr o seu obxectivo.
Margaret Sanger (1883-1966) creou a primeira clínica de planificación familiar en New York, en 1916. Loitou para que os anticonceptivos formaran parte dos dereitos das mulleres.
Clara Campoamor (1888-1972) abogada española, en 1931 fundou a Unión Republicana Femenina. Foi unha das tres primeiras deputadas, xunta a Victoria Kent e Margarita Nelken, que obtivo un escaño no Parlamento da nosa II República.
Esta é unha pequena lista pero a estas mulleres podíamos engadir outras como Federica Montseny, Simone de Beauvoir, Rita Levy Montalcini, Indira Ghandi, Simone Veil, Gro Harlem Brundtland, Aung Sang Suu Kyi, Rigoberta Menchú...
O departamento de Lingua Castelá tamén aportou datos doutras mulleres de ámbitos diferentes.
Con todo este material lograron o que podedes ver a continuación.
Publicado por
Endora
en
18:18
0
comentarios
Etiquetas: científicas, mulleres



