sábado, 25 de abril de 2009

Os agasallos dos outros blogs

Todos os que facemos posible este blog queremos agradecer os moitos agasallos e reconocementos que estamos a recibir nestes días doutras bibliotecas amigas.
Debemos empezar polo Recanto do Mik, encantador blog da biblioteca do CEIP Mestres Goldar de Vigo do que nos sentimos deudores pois hai tempo que o coñecemos e temos aprendido moito del. Agasállannos con moita fantasía e oito desexos, nós compartimos os seus e esperamos se cumplan seguindo as regras desta cadea que son:

-Comentar no blog de quen nos convidou.
-Comentar no blog dos nosos convidados para que saiban do agasallo
-Mencionar as regras.

Os desexos son:
1) Inventar uns lentes máxicos para ver sempre a cara positiva das cousas.
2) Ter un saco inesgotable de historias que contar, como Sherezade.
3) Vivir a vida co espíritu de Peter Pan.
4) Dar a volta ao mundo en 80 días.
5) Descubrir a Biblioteca dos Libros Olvidados.
6) Explorar novos mundos a bordo do Enterprise.
7) Ser quen de dibuxar un sorriso na cara dos que nos arrodean.
8) Ter unha variña máxica para facer realidade os desexos que saen do corazón.

Do blog da biblioteca do IES Fernando Esquío e do IES Ollos Grandes recibimos outro novo agasallo. Este convírtenos nun "Blog Maneiro", que significa "Blog xeitoso" o que conleva certas obrigas como :

- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
- Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros.
- Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
- Publicar as regras.
- Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.



Por último, esperemos non sexa o derradeiro, recibimos de Os leóns de Medeiros, blog dos usuarios da biblioteca do CEIP Medeiros o selo violeta que como eles mesmos din :
“O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".

Este selo obriga a expoñer estas regras:

-Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras.
-Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
-Avisar aos indicados, non hai que esquecerse diso!
-Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

Nós consideramos que son moitos os blogs que deben recibir todos estos agasallos e cremos que todos os que lean isto pódense considerar distinguidos con eles.
Aí van algúns:

Os trasnos dos libros
Pasa Páxina
Paxaros na cabeza
Punto de encontro
Salcedoteca
Un rato na biblioteca
Unha lagoa de libros
Vilán
Wences-leo
Ó carón da lúa

3 comentarios:

PapelMollado dijo...

Profundamente agradecidos desde Paxaros na Cabeza!

Celia Díaz dijo...

Moitas grazas polo voso agasallo.
Un garimoso saúdo desde Ourense.

Vilán dijo...

MOITAS GRAZAS!!
Acabo de enterarme do agasallo (por un pelo non se me pasa) e enseguida nos poñemos máns á obra para ser maneiros.
Encantados e grazas de novo.