lunes, 17 de mayo de 2010
A NOSA HOMENAXE AO POETA DO CAUREL
Publicado por
Chus ProfedeLengua
en
19:27
0
comentarios
viernes, 7 de mayo de 2010
Lengua Castellana: lecturas del 3º trimestre
4º de ESO C
- El caso Galindo. Fernando Lalana. Editorial Bambú.
- Nieve en primavera. Moying Li. Editorial Bambú.
- El palacio de la medianoche. Ruiz Zafón. Editorial Planeta.
Publicado por
Chus ProfedeLengua
en
22:21
0
comentarios
Etiquetas: lecturas recomendadas
lunes, 12 de abril de 2010
El País dos estudantes
Durante este curso 2009-10, os nosos alumnos de 3º A e B da ESO, coordinados pola profesora Marta Ramos, do Departamento de Lingua e Literatura Castelás, participaron na IX edición do País dos Estudantes (concurso creado polo xornal El País, para que os alumnos elaboren un xornal dixital).
Neste proceso,os rapaces foron quen de introducírense no mundo da prensa, elaborando eles mesmo reportaxes, artigos, entrevistas, anuncios publicitarios, etc.
O grupo de 3º B non logrou publicar todas as seccións que propuña El País, pero si o fixeron os alumnos de 3º A. A todos eles queremos darlles desde aquí os nosos parabéns.
Aquí tedes o resultado.
Publicado por
Endora
en
18:13
1 comentarios
viernes, 9 de abril de 2010
O venres imos a Santiago
Na páxina da Asesoria de Bibliotecas Escolares Galegas tendes máis información se é que vos queredes informar máis polo miudo.
Publicado por
Endora
en
20:52
0
comentarios
domingo, 28 de marzo de 2010
As aventuras de Reda e Neto
Son personaxes dunha serie de animacións audiovisuais dirixidas aos mozos, nenos e á comunidade escolar encargadas pola Axencia Vasca de Protección de Datos (AVPD, ), coa colaboración de PantallasAmigas e o asesoramento do Goberno Vasco, Departamento de Educación, Investigación e Universidades.
Ademais existe unha guía dirixida ao profesorado en formato PDF que podes descargar desta páxina.
Nesta páxina web pódese acceder tamén a diversos proxectos, entre eles: Kontuzdatos.Ti decides (15-17), Manuais de uso de Tecnoloxías para rapaces (9-11; 12-14; 15-17).
Os obxectivos finais do recurso son:
- Que os nenos e nenas aprecien o valor que teñen os seus datos persoais e os doutras persoas, particularmente en medios dixitais. E isto porque a través destes datos poden ser identificados, transmiten unha imaxe de si mesmos e terceiras persoas poden tomar decisións que lles afecten.
- Que os nenos e nenas desenvolvan unha actitude consciente e activa no control da información persoal, propia ou doutras persoas.
A idea básica, común a todas as animacións, é que é importante controlar e protexer a información sobre un mesmo e tamén os datos doutras persoas.
As animacións son pequenos cortos de uns 2 minutos cada unha. Presentan aos seus protagonistas, Reda e Neto (nomes recreados a partir dos termos Rede e a súa equivalente Net), en catro aventuras diferentes que queren ilustrar simbólicamente as seguintes ideas:
1. Tes moitos datos persoais e a túa imaxe tamén é moi importante: Atrapados na pócima máxica
2. Os teus datos persoais son un tesouro, protéxeos: Coidando o tesouro fronte aos piratas
3. Tes dereito a non dar todos os teus datos persoais: Aventura medieval e troque de datos
4. Os datos persoais dos demais non che pertencen, pero protéxeos coma se fosen teus: Mensaxeiros interplanetarios.
Despois do visionado de cada animación, propóñense cuestións para o debate que permiten experimentar en contexto real as ideas que as aventuras transmiten. Ademais, relaciónanse actividades a desenvolver coa familia, cuxo obxectivo tamén é sensibilizar a esta do seu papel educativo no uso das tecnoloxías da información e comunicación (TIC), rol que só pode levar a cabo compartindo con eles o uso das mesmas.
Tamén podemos atopar enlaces interesantes coma estes:
Sitios relacionados coa seguridade en Internet e a protección de información persoal
- SegurSarean, por unha Internet máis segura
- Proyecto Susi - Uso máis seguro dos Servizos en Internet
- Página web de Panda Security e INTECO
- Oficina de Seguridad del Internauta - OSI
- Asociación sin ánimo de lucro contra la pornografía infantil
- Pautas para el uso seguro y crítico de las pantallas (TV e Internet)
- EducaRed, sitio para aprender e innovar mediante Internet
Grazas a Cristina Novoa da Asesoria de Bibliotecas por estar sempre ao tanto e transmitirnos a información.
Publicado por
Endora
en
19:55
0
comentarios
Etiquetas: Axencia Vasca de Protección de Datos, Neto, PantallasAmigas, Reda
domingo, 21 de marzo de 2010
La poesía es un arma cargada de futuro
Queremos celebrar esta data do día internacional da Poesía cun poema de Gabriel Celaya que di así:
"Cuando ya nada se espera personalmente exaltante,
mas se palpita y se sigue más acá de la conciencia,
fieramente existiendo, ciegamente afirmado,
como un pulso que golpea las tinieblas,
cuando se miran de frente
los vertiginosos ojos claros de la muerte,
se dicen las verdades:
las bárbaras, terribles, amorosas crueldades.
Se dicen los poemas
que ensanchan los pulmones de cuantos, asfixiados,
piden ser, piden ritmo,
piden ley para aquello que sienten excesivo.
Con la velocidad del instinto,
con el rayo del prodigio,
como mágica evidencia, lo real se nos convierte
en lo idéntico a sí mismo.
Poesía para el pobre, poesía necesaria
como el pan de cada día,
como el aire que exigimos trece veces por minuto,
para ser y en tanto somos dar un sí que glorifica.
Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan
decir que somos quien somos,
nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno.
Estamos tocando el fondo.
Maldigo la poesía concebida como un lujo
cultural por los neutrales
que, lavándose las manos, se desentienden y evaden.
Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse.
Hago mías las faltas. Siento en mí a cuantos sufren
y canto respirando.
Canto, y canto, y cantando más allá de mis penas
personales, me ensancho.
Quisiera daros vida, provocar nuevos actos,
y calculo por eso con técnica qué puedo.
Me siento un ingeniero del verso y un obrero
que trabaja con otros a España en sus aceros.
Tal es mi poesía: poesía-herramienta
a la vez que latido de lo unánime y ciego.
Tal es, arma cargada de futuro expansivo
con que te apunto al pecho.
No es una poesía gota a gota pensada.
No es un bello producto. No es un fruto perfecto.
Es algo como el aire que todos respiramos
y es el canto que espacia cuanto dentro llevamos.
Son palabras que todos repetimos sintiendo
como nuestras, y vuelan. Son más que lo mentado.
Son lo más necesario: lo que no tiene nombre.
Son gritos en el cielo, y en la tierra son actos."
Nós queremos por alma neste poema: De noche
Ás veces os cantautores quedan sen palabras e é entón cando cantan os versos dos poetas que non tiveron voz para cantar. Podemos escoitar a Paco Ibañez interpretando este poema de Celaya.
Non queremos deixar de lembrar neste día a Uxío Novoneyra, o poeta a quen se adica este ano O día das letras galegas.
Nos seus poemas, manifesta o seu compromiso nacionalista sen descuidar a forma poética.
SE o pasado é pasado
"SE o pasado é pasado
i o presente é o urgente
por qué inda busca a xente
aquil soño clausurado?
Vido visto ben Santiago
i esa cuestión non resolta
fago camiño de volta
camiño de volta fago.
Camiño de volta fago
volvo do cabo do Mundo.
Terra sólo en ti me fundo:
é a certeza que trago".
Hai un ano tiñamos aquí a Berta Dávila, xove poeta, que nos felicita este día no seu blog con este poema:
"Non lembro que día foi:
E que mellor celebración que seguir lendo a máis poetas e os seus poemas.
Publicado por
Endora
en
21:21
1 comentarios
Etiquetas: Bera Dávila, Gabriel Celaya, Paco Ibáñez, Uxio Novoneyra
lunes, 15 de marzo de 2010
As Pontes en feminino
Estamos encantadas de encher de actualidade este lugar e tamén a nosa biblioteca.
Con todo preguntámonos se non sería mellor que algún día non tiveramos que celebrar ou conmemorar este día. Creo que se chegara un 8 de marzo e nin nos acordáramos de que somos mulleres traballadoras, porque ganamos o mesmo que os homes nos nosos traballos, porque non temos preocupación de perder o traballo cando parimos os nosos fillos ou porque a paridade fora total en todos os cargos de responsabilidade. Entón en Europa as ministras, eurodiputadas e outras mulleres non terían como agasallo unha flor, entregada polos seus colegas, que non teñen un día de celebración pararelo a este noso. Entón xa non tería sentido ningún todas as iniciativas promovidas por organismos oficiais, asociacións de mulleres, ONGs, etc.
Namentras chega este día propóñoche algunhas das actividades que organiza O Concello de As Pontes para sensibilizar sobre o papel da muller na nosa sociedade e noutras máis alonxadas.
Esta actividade chámase "Elas nos contos". Trátase de lecturas de contos infantís onde as protagonistas somos nós. Na Biblioteca Municipal.Do 15 ao 26 de Marzo.
Na Casa Dopeso, o día 17 deste mes, ás 8 do serán, haberá un recital poético co Grupo poético Alalá e o cantautor galego Xoan Curiel.
Tamén na Biblioteca Municipal "A muller na literatura", exposición de libros entre o 15 e 0 26 deste mes de marzo.
Outras actividades das que podes disfrutar son a Exposición "Realidades de Guinea Ecuatorial e Camerún" da ONG Funciona, que podes visitar entre o 1 e 26 de marzo na Casa Dopeso.
Recorda tamén que o luns 22 ás 7 da tarde no Salón de Actos da Casa Dopeso farase a presentación do Protocolo municipal de actuación en casos de violencia de xénero.
Xa sabes que durante todo o mes no noso centro os alumnos de 1º a 4º da ESO terán a oportunidade de traballar en Igualdade: sistema sexo/xénero, a influencia dos estereotipos de xénero, a socialización diferencial, o uso da linguaxe como instrumento de coeducación,...
Publicado por
Endora
en
11:03
0
comentarios
Etiquetas: Grupo poético Alalá, igualdade, muller, poesía, Xoan Curiel
viernes, 12 de marzo de 2010
Delibes
As súas novelas, os seus escritos periodísticos, os seus artigos ou libros sobre viaxes, de caza son un retrato preciso, e moitas veces crítico, das terras e dos homes da súa Castela natal e un exame para a natureza e perfecta harmonía entre o home eo seu contorno. Miguel Delibes é o novelista da natureza. Pero desde a súa paisaxe e da súa terra natal, Castela, transcende unha dimensión universal e os seus personaxes son retratos vividos do home na segunda metade do século XX.
Publicado por
Endora
en
19:49
0
comentarios
lunes, 8 de marzo de 2010
Día internacional da muller traballadora
O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita plurisecular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home.
A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX, que foi, no mundo industrializado, un período de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais.
O día 8 de marzo mulleres e homes que traballan polas causas das mulleres conmemoran en todo o mundo os esforzos que estas realizaron por alcanzar a igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento. Máis aló de fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, as mulleres dos cinco continentes organizan diversos eventos para festexar este día.
Sobre o porque do 8 de marzo existen diversas versións. A máis coñecida é a dun incendio ocorrido nunha fábrica téxtil de Nova York en 1857, onde morrerían queimadas as obreiras que facían unha folga. Segundo a historiadora canadense Renée Côté, non existen probas documentais de que un incendio desas características producísese ese ano, nin que ese feito fose o motivo para establecer unha xornada internacional das mulleres. Si que un 8 de marzo de 1857 unha marcha pioneira de obreiras téxtiles percorreu os suburbios ricos da cidade de Nova York para protestar polas miserables condicións de traballo.
Tamén un 5 de marzo de 1908 en Nova York comezou unha folga das obreiras téxtiles reclamando a igualdade salarial, que se diminuíse a xornada a dez horas e que se permitise un tempo para a lactación.
O Día Internacional da Muller foi instaurado en 1910 pola alemá Clara Zetkin, integrante do Sindicato Internacional de Obreiras da Confección, durante o Congreso Internacional de Mulleres Socialistas en Copenhague, Dinamarca.
O primeiro Día Internacional da Muller celebrouse o 19 de marzo de 1911 en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza, conmemorando un levantamento ocorrido en Prusia nesa data. As demandas foron o dereito ao voto, a igualdade de oportunidades para exercer cargos públicos e o dereito ao traballo.
Os dereitos humanos da muller son parte inalienable, integrante e indivisible dos dereitos humanos universais. A plena participación, en condicións de igualdade, da muller na vida política, civil, económica, social e cultural e a erradicación de todas as formas de discriminación baseadas no sexo son obxectivos prioritarios da comunidade internacional.Nós queremos render unha homenaxe ao traballo de millóns de mulleres que coa súa acción silenciosa atenúan os defectos da pobreza, resaltar o seu insuperábel valor como elemento de cambio e transformación e destacar o papel esencial na loita contra a pobreza e a exclusión.
Hernán Zin danos a coñecer historias reais e próximas que co seu liderato engadiron a viabilidade, eficacia e eficiencia dos procesos de desenvolvemento nos que se atopan inmersas. Grazas a el e a Mundo Cooperante que nos achega esta información.
O curso pasado tivemos aquí a Rosemary Nyrumbe que nos contou de primeira man de que maneira participaba na libertade para as escravas sexuais da guerra de Uganda.
Este ano queremos falar de Margarita Barrientos.
A vida desta muller nunca foi fácil. Pertenecía a unha familia de aborixes toba, criouse nunha mísera choza perdida no norte de Arxentina. Trala morte da súa nai, sendo só unha adolescente, Margarita colleu un tren rumbo a Bos Aires en busca dunha oportunidade de progreso. Acabou nun barrio de chabolas da capital porteña, onde casou e tivo dez fillos. Un accidente laboral deixou ao seu marido sen traballo, de maneira que se veu obrigada a recoller comida das basuras urbanas.
O punto de inflexión na súa vida chegou en 1996, cando ao volver de traballar cun carro ateigado de desperdicios descubreu que os nenos dunha casa pegada á súa levaban varios días sen comer. Comparteu con eles o que recollera, basicamente pan dunha panadería.Juan Carr, activista social arxentino, comezou a colaborar no labor que en silencio estaba a realizar Margarita, que cada vez daba de comer a máis e máis nenos de Villa Soldati.
En doce anos, o traballo desta loitadora medrou exponencialmente. No comedor Los Piletones, preto da súa casa, hoxe da de comer a máis de mil nenos cada día.
Recibeu o premio en 1999 de Muller do Ano en Arxentina o que a fixo visible e entón comezou a recibir axudas coas que puxo en marcha garderías, clínicas, farmacias, proxectos de microcréditos, para a xente do seu barrio.
O primeiro xesto foise multiplicando e así veu transformada a súa vida e dos que a rodean.
Precisamos moitas MARGARITAS coma esta, e hoxe quixemos compartirla con todos vós.
Publicado por
Endora
en
20:49
0
comentarios
Etiquetas: Aristófanes, Hernán Zin, Lisístrata, Margarita Barrientos., Mundo Cooperante, Rosemary Nyrumbe
lunes, 22 de febrero de 2010
Eloxio da novela gráfica
-Will Eisner: El cómic y el arte secuencial e La narración gráfica, son dúas obras onde ti podes aprender a crear novela gráfica. Eisner bríndase como o teu maestro. Estas dúas obras son estupendas para aprender a coordinar historia e texto.
-Pioneira do cómic en Irán coa historia da súa vida, a de unha muller marcada por unha educación entre dúas culturas que loita por vivir segundo os seus principios, Marjane Satrapi : Persépolis.
-Maus, é o único cómic merecedor do premio Pulitzer. Art Spiegelman, autor desta obra reconstrue os momentos que seu pai lle relata do horror dos campos de exterminio nazi e as secuelas que lle deixara a tormentosa relación co seu pai, o suicidio da súa nai e o recordo dun irmán que non chegou a coñecer.
-Kiki de Montparnasse, relata unha vida e unha época apasionantes. A protagonista foi durante máis de vinte anos a musa do barrio parisino de Montparnasse. Vanguardista e liberal, posou para os mellores pintores e relacionouse cos artistas máis relevantes...e May Ray, o seu amor durante varios anos. Publicada por José- Louis Bouquet e Catel Muller en Editorial Sins Entido.
Por último
-Unha historia para todos os públicos, a de Hugo Cabret, un neno orfo que adica o seu tempo libre a manter en hora os reloxos da estación de tren na que vive e a arranxar un antigo autómata. La invención de Hugo Cabret de Brian Selznick, en S.M.
Anímote a lelas, cóntame logo se mereceu a pena!
Publicado por
Endora
en
19:20
0
comentarios
Etiquetas: Art Spiegelman, Brian Selznick, Catel Muller, José- Louis Bouquet, Marjane Satrapi, Maus, Persépolis, Will Eisner
viernes, 19 de febrero de 2010
Día internacional da lingua materna
Gracias a Cristina Novoa que nos proporcionou a información dende a Asesoría de Bibliotecas.
O Día Internacional da lingua materna establécese en 1999. Faino a Conferencia Xeral da Unesco para promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural.
Por ser domingo, esta vai ser a nosa modesta contribución. Os materiais tomámolos de páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Deixamos posta a exposición que vos mostramos a continuación para coñecemento de todos.
Sentimos que este é un gran día para todos os que cremos que a lingua materna, lingua do afecto debe ser defendida ate as últimas consecuencias pois prescindir dela é renunciar a parte da nosa infancia e do legado dos nosos maiores.
Dicía Álvaro Cunqueiro no Discurso de aceptación do Pedrón de Ouro, "...eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posiblidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ó lado da patria terreal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa".
Publicado por
Endora
en
11:16
0
comentarios
Etiquetas: Dia internacional da lingua materna
viernes, 12 de febrero de 2010
O entroido
É unha festa pagá de orixe ancestral e longa tradición en Galicia.
Aínda que os días máis importantes son o sábado e o luns, polo menos na nosa vila, comeza o entroido tres domingos antes, dependendo da zona: Folecheiro cando os mozos lle guindan cinza aos viandantes, hoxe moi ben organizados; Fareleiro, o que se lanza agora é o farelo; Corredor, tíranselle formigas á xente ou aproveitaxe para ter un xantar de confraternidade. Celebrábase tamén o xoves de compadres e o de comadres e remátase co enterro da sardiña o mércores de cinza.
Segundo as distintas latitudes o entroido adórnase de choqueiro, pelicán, xeneral, cigarrón,etc sendo os lugares de máis sona os de Laza, Xinzo, Verín e outros.
A nosa particular celebración tivo lugar hoxe, venres 12. As dúas últimas horas de clases adicámolas a esta tradicional festa.
Cada quen vestiuse do que máis lle gustou ou o primeiro que atopou. Os cursos organizados por temas ou libremente desfilaron polo polideportivo onde un esixente xurado, non só o público, asistiu ao desfile do resto.
Déronse premios aos mellores, comemos orellas e freixos porque os pais nos agasallaron con eles e colorín colorado este conto ten rematado. Ata o curso vindeiro!!!
Publicado por
Endora
en
13:09
0
comentarios
Etiquetas: choqueiros, cigarróns, entroido, Laza, pelicáns, peliqueiros, Verín, xenerais, Xinzo
miércoles, 3 de febrero de 2010
Febreiro comeza a poesía
Mes frío, chuvioso, ventoso, como di o refrán "Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira".
Nós queremos darlle temperatura, suavizalo, endulzalo e que mellor que dedicalo á poesía.
Temos preparadas variadas actividades. Xa viches o cartaz que colocamos na entrada do centro. Nel tratamos de darche a coñecer todas e cada unha das propostas que temos elaboradas para estas datas. Por certo que xa sei que deu que falar o corazón "partío". A idea era que non identificaramos os poemas co o amor. Aínda que este é un dos sentimentos máis ensalzados polos poetas, tamén hai outros ben fermosos adicados a calquera cousa aínda a máis trivial. É por iso que ao final desta nova déixovos poemas das pequenas cousas.
-Poemas para San Valentín: como todos os anos propomos dende a Biblio poemas cos que podes acompañar as cartas de amor e amizade que envíes. Creo que a selección deste ano vaiche gustar. Temos os que máis levastes estes anos pasados e propostas novas. Os profes que colaboraron recomendaron os que máis lles fan sentir a eles. Habémolos de recoller nunha publicación.Cóntocho despois.
Cantos máis envíes, máis posibilidades tes de que che toque algún dos agasallos que sortearemos entre todos os participantes.
-Libretas de poemas: Co título de "Poetas di(n)versos" queremos sintetizar o que hai dentro delas. Ti es un poeta, outros consagrados tamén o son. Todos ides estar presentes nelas e as mellores tamén acadarán un premio. Non só desfrutarás participando, senón tamén recibirás un agasallo.
-Día 21 de marzo: Celebraremos este Día Internacional da Poesía coa presenza da poeta Eva Veiga, que nos falará de poetas,poemas, versos e rimas; lerá algo da súa obra poética, interactuará con todos e pediremoslle ao final que vos entregue todo o que temos reservado para os participantes destas iniciativas que acabo de contar.
-Publicación de poemas: Imos comezar cunha serie de publicacións onde se recollan os poetas e poemas que preferimos. Queremos contaxiar aos mais do noso gusto pola poesía. Este ano reuniremos aqueles que os profes nos proporcionaron, que foron de sempre preferidos ou que rematan de coñecer e queren compartir con todos.
Déixovos agora con estes poemas. Catulo, poeta do século I a. C, teríaos chamado "Nugae". Pero el escribeu moito sobre o amor e o desamor. Mira o seu poema 85.
Odio e amo
Odio e amo. Quizás preguntes por que o fago.
Non o sei, pero siento que é así e sufro.
Dicía Rosalía de Castro en Cantares Gallegos
Has de cantar
que che hei de dar zonchos;
has de cantar,
que che hei de dar moitos.
Mira agora o que escribe tamén unha poeta chamada Concha Méndez, da Xeración do 27, sobre os mapas.
Dice no con la cabeza
pero dice sí con el corazón
dice sí a lo que quiere
dice no al profesor
está de pie
lo interrogan
le plantean todos los problemas
de pronto estalla en carcajadas
y borra todo
los números y las palabras
los datos y los nombres
las frases y las trampas
y sin cuidarse de la furia del maestro
ni de los gritos de los niños prodigios
con tizas de todos los colores
sobre el pizarrón del infortunio
dibuja el rostro de la felicidad.
Versión de Aldo Pellegrini
inevitables golosas,
vosotras, moscas vulgares,
me evocáis todas las cosas.
¡Oh, viejas moscas voraces,
como abejas en abril,
viejas moscas pertinaces
sobre mi calva infantil!
¡Moscas del primer hastío
en el salón familiar,
las claras tardes de estío
en que yo empecé a soñar!
Y en la aborrecida escuela,
raudas moscas divertidas,
perseguidas
por amor de lo que vuela,
- que todo es volar -, sonoras
rebotando en los cristales
en los días otoñales…
Moscas de todas las horas,
de infancia y adolescencia,
de mi juventud dorada;
de esta segunda inocencia,
que da en no creer en nada,
de siempre… Moscas vulgares,
que de puro familiares
no tendréis digno cantor:
yo sé que os habéis posado
sobre el juguete encantado,
sobre el librote cerrado,
sobre la carta de amor,
sobre los párpados yertos
de los muertos.
Inevitables golosas,
que ni labráis como abejas,
ni brilláis cual mariposas;
pequeñitas, revoltosas,
vosotras, amigas viejas,
me evocáis todas las cosas.
Publicado por
Endora
en
20:58
0
comentarios
Etiquetas: Antonio Machado, Catulo, Concha Méndez, Eva Veiga, Jacques prévert, nugae, poemas, poesía, poetas, San Valentín
lunes, 1 de febrero de 2010
2010: Ano do libro e da lectura
Non parece por casualidade que coincida co Ano Xacobeo pois preténdeselle dar certa dimensión no exterior á nosa cultura e á nosa lingua.
Moitas son as iniciativas:
- Animación cultural
- Libros sobre rodas
- Noite dos libros
- Camiños de amor e lúa
- Exposicións:
- "A palabra convertida en arte", sobre a escrita medieval.
2. Congresos e Exposicións
- "I Encontro Internacional sobre Literatura de Viaxes" en Santiago.
- " I Semana Auria de Novela Histórica".
- Congreso Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
- Centenario do nacemento de Torrente Ballester e Luís Seoane.
- Acto conmemorativo dos 125 anos do pasamento de Rosalia.
- Homenaxe a Uxio Novoneyra, a quen este ano a Academia lle adica o Día das Letras Galegas.
Son variados os proxectos entorno a este aspecto.
- "A Festa das letras": Feira do Libro que este ano comeza en Lugo e que irá cambiando de localidade cada ano.
- Fóra do País, as feiras de Boloña, Madrid, Bos Aires, Frankfurt terán presenza galega, dos nosos escritores e editores, dos nosos libros.
- "Palabra de autor, palabra de autora", na televisión, servíndose deste medio para a divulgación das obras literarias galegas e os seus autores.
4. Fomento da lectura e da escritaNeste ano tan especial, varias campañas de animación lectora e escritora e mesmo actividades relacionadas coas traducións percorreran as vilas galegas.
Prométese neste cobizoso plan un desenvolvemento do marco normativo do libro e as bibliotecas.
Esperemos a ver materializadas todas estas boas intencións!
Avaliaremos nunha nova no noso blog todo isto ao final do ano.
Tedes máis datos premendo aquí.
Publicado por
Endora
en
17:15
0
comentarios
jueves, 28 de enero de 2010
30 de XANEIRO: DÍA DA PAZ
MENOS MAL QUE COS RIFLES NON SE MATAN AS PALABRAS...
Traemos de novo aquí a Benedetti que utilizou a palabra a prol da PAZ como ninguén.
Le este fragmento dun dos seus poemas:
Para matar al hombre de la paz
para golpear su frente limpia de pesadillas
tuvieron que convertirse en pesadilla
para vencer al hombre de la paz tuvieron que congregar todos los odios
y además los aviones y los tanques
para batir al hombre de la paz
tuvieron que bombardearlo, hacerlo llama
porque el hombre de la paz era una fortaleza.
Para matar al hombre de la paz
tuvieron que desatar la guerra turbia
para vencer al hombre de la paz
y acallar su voz modesta y taladrante
tuvieron que empujar el terror hasta el abismo
y matar más para seguir matando
para batir al hombre de la paz
tuvieron que asesinarlo muchas veces
porque el hombre de la paz era una fortaleza.
Publicado por
Chus ProfedeLengua
en
12:52
1 comentarios
lunes, 25 de enero de 2010
Lecturas recomendadas de Inglés 2º e 3º trimestre 4ºESO
Today, football is the world´s most popular team sport, but when and how did it all begin?
What different competitions are there around the world?
What are the rules of the game?
Find out the answers to these questions and many others by reading this fun, informative book.
David Beckham played for Manchester United and Real Madrid. He was captain of England. But he has fans in every country.
Why is he world famous?
What is he doing now?
This is his story.
Publicado por
Endora
en
10:52
0
comentarios
Etiquetas: ESO, inglés, recomendacións
jueves, 21 de enero de 2010
LECTURAS RECOMENDADAS. LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA.
procedencia de la imagenCambio de amigos, Pedro Sorela. Alfaguara juvenil.
La puerta trasera del paraíso, Luis Leante. Alfagura juvenil.
Las alas de la noche, Emili Teixidor Planeta Oxford. Colección Nautilus.
2º de ESO
El príncipe destronado. Miguel Delibes. Booket editorial.
El demonio y la señorita Prym. Paulo Coelho. Booket editorial.
Miguel Strogoff. Julio Verne. Anaya. Tus libros selección.
Todos los detectives se llaman Flanagan. A.Martín y J. Ribera. Anaya, Espacio abierto.
El gigante egoísta y otros cuentos, Óscar Wilde. Vicens Vives.Cucaña.
3º de ESO
Ninette y un señor de Murcia. Miguel Mihura. Austral.
Puentes como liebres y otros cuentos. Mario Benedetti. Alfaguara.
Nunca seré tu héroe. María Menéndez Ponte. SM.
El sabueso de los Baskerville, A. Conan Doyle. Vicens Vives.
Y decirte alguna estupidez, por ejemplo, te quiero, Martín Casariego. Anaya.
4º de ESO A y B.
Cuentos de Eva Luna, Isabel Allende. Mondadori bolsillo.
Memoria de mis putas tristes, G. García Márquez. Mondadori bolsillo.
Moll Flanders, Daniel Defoe. Valdemar ediciones.
El príncipe destronado, Miguel Delibes. Destinolibro.
Los tres mosqueteros, A. Dumas. Anaya, Tus Libros selección.
Misery, Stephen King. Debols!llo.
Una habitación en Babel, Eliacer Cansinos. Anaya.
El sabueso de los Baskerville, A. Conan Doyle. Vicens Vives.
Donde aprenden a volar las gaviotas, Ana Alcolea. Anaya, espacio abierto.
Siete historias para la infanta Margarita, Fernández Pacheco. Editorial Siruela.
La leyenda del rey Errante, Laura Gallego. Editorial SM, El barco de vapor.
Publicado por
Chus ProfedeLengua
en
11:23
0
comentarios
Etiquetas: lecturas recomendadas, literatura española, novela
viernes, 15 de enero de 2010
Concurso de Contos

Estas son as bases dun Concurso literario que organiza a Biblioteca do Concello de
Pontedeume. Algúns datos importantes son estes:
- É a súa edición número XX
- Está pensado para rapaces nas vosas idades
- Son contos
- De entre 6 e 10 folios
- O prazo remata o día 31 de marzo
- O premio é suculento: 732 euros
Ánimo, xa sabedes que AUDACES FORTUNA IUVAT
Publicado por
Chus ProfedeLengua
en
11:58
0
comentarios
Etiquetas: Concurso literario, contos, Pontedeume
jueves, 14 de enero de 2010
HAITÍ
domingo, 10 de enero de 2010
Lecturas recomendadas 2º e 3er trimestre para 1º Bac.
Antonio is a young Spaniard who loves Britain, has many friends and visits the country regularly. In this story we follow Antonio on some of his journeys and visit many of his favourite places in England, Scotland and Wales. We meet his friends and through them learn about Britain´s customs and traditions, the usual and not so usual!.Spanish teenager Paloma Santos is happy with her life.
But one day, her parents tell her they´re moving to England for 3 years because of her father´s job.
Paloma doesn´t want to leave Spain, but she hasn´t got a choice.
Publicado por
Endora
en
16:32
0
comentarios
Etiquetas: BAC, inglés, recomendacións














