lunes, 8 de marzo de 2010

Día internacional da muller traballadora

O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita plurisecular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home.

Na antiga Grecia, Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para pór fin á guerra, segundo nos conta Aristófanes; na Revolución Francesa, as parisienses que pedían "liberdade, igualdade e fraternidade" marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino.

A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX, que foi, no mundo industrializado, un período de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais.

O día 8 de marzo mulleres e homes que traballan polas causas das mulleres conmemoran en todo o mundo os esforzos que estas realizaron por alcanzar a igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento. Máis aló de fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, as mulleres dos cinco continentes organizan diversos eventos para festexar este día.

Sobre o  porque do 8 de marzo existen diversas versións. A máis coñecida é a dun incendio ocorrido nunha fábrica téxtil de Nova York en 1857, onde morrerían queimadas as obreiras que facían unha folga. Segundo a historiadora canadense Renée Côté, non existen probas documentais de que un incendio desas características producísese ese ano, nin que ese feito fose o motivo para establecer unha xornada internacional das mulleres. Si que un 8 de marzo de 1857 unha marcha pioneira de obreiras téxtiles percorreu os suburbios ricos da cidade de Nova York para protestar polas miserables condicións de traballo.
Tamén un 5 de marzo de 1908 en Nova York comezou unha folga das obreiras téxtiles reclamando a igualdade salarial, que se diminuíse a xornada a dez horas e que se permitise un tempo para a lactación.

O Día Internacional da Muller foi instaurado en 1910 pola alemá Clara Zetkin, integrante do Sindicato Internacional de Obreiras da Confección, durante o Congreso Internacional de Mulleres Socialistas en Copenhague, Dinamarca.

O primeiro Día Internacional da Muller celebrouse o 19 de marzo de 1911 en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza, conmemorando un levantamento ocorrido en Prusia nesa data. As demandas foron o dereito ao voto, a igualdade de oportunidades para exercer cargos públicos e o dereito ao traballo.

Os dereitos humanos da muller son parte inalienable, integrante e indivisible dos dereitos humanos universais. A plena participación, en condicións de igualdade, da muller na vida política, civil, económica, social e cultural e a erradicación de todas as formas de discriminación baseadas no sexo son obxectivos prioritarios da comunidade internacional.
Nós queremos render unha homenaxe ao traballo de millóns de mulleres que coa súa acción silenciosa atenúan os defectos da pobreza, resaltar o seu insuperábel  valor como elemento de cambio e transformación e destacar o papel esencial na loita contra a pobreza e a exclusión.
Hernán Zin danos a coñecer historias reais e próximas que co seu liderato engadiron a viabilidade, eficacia e eficiencia dos procesos de desenvolvemento nos que se atopan inmersas. Grazas a el e a Mundo Cooperante que nos achega esta información.
O curso pasado tivemos aquí a Rosemary Nyrumbe que nos contou de primeira man de que maneira participaba na libertade para as escravas sexuais da guerra de Uganda.
Este ano queremos falar de Margarita Barrientos.
A vida desta muller nunca foi fácil. Pertenecía a unha familia de aborixes toba, criouse nunha mísera choza perdida no norte de Arxentina. Trala morte da súa nai, sendo só unha adolescente, Margarita colleu un tren rumbo a Bos Aires en busca dunha oportunidade de progreso. Acabou nun barrio de chabolas da capital porteña, onde casou e tivo dez fillos. Un accidente laboral deixou ao seu marido sen traballo, de maneira que se veu obrigada a recoller comida das basuras urbanas.
O punto de inflexión na súa vida chegou en 1996, cando ao volver de traballar cun carro ateigado de desperdicios descubreu que os nenos dunha casa pegada á súa levaban varios días sen comer. Comparteu con eles o que recollera, basicamente pan dunha panadería.
Juan Carr, activista social arxentino, comezou a colaborar no labor que en silencio estaba a realizar Margarita, que cada vez daba de comer a máis e máis nenos de Villa Soldati.
En doce anos, o traballo desta loitadora medrou exponencialmente. No comedor Los Piletones, preto da súa casa, hoxe da de comer a máis de mil nenos cada día.
Recibeu o premio en 1999 de Muller do Ano en Arxentina o que a fixo visible e entón comezou a recibir axudas coas que puxo en marcha garderías, clínicas, farmacias, proxectos de microcréditos, para a xente do seu barrio.
O primeiro xesto foise multiplicando e así veu transformada a súa vida e dos que a rodean.

Precisamos moitas MARGARITAS coma esta, e hoxe quixemos compartirla con todos vós.

lunes, 22 de febrero de 2010

Eloxio da novela gráfica

É unha forma distinta de acechagarse aos libros: ler a versión en imaxes dunha novela. Estas son algunhas propostas:
-Will Eisner: El cómic y el arte secuencial e La narración gráfica, son dúas obras onde ti podes aprender a crear novela gráfica. Eisner bríndase como o teu maestro. Estas dúas obras son estupendas para aprender a coordinar historia e texto.
-Pioneira do cómic en Irán coa historia da súa vida, a de unha muller marcada por unha educación entre dúas culturas que loita por vivir segundo os seus principios, Marjane Satrapi : Persépolis.
-Maus, é o único cómic merecedor do premio Pulitzer. Art Spiegelman, autor desta obra reconstrue os momentos que seu pai lle relata do horror  dos campos de exterminio nazi e as secuelas que lle deixara a tormentosa relación co seu pai, o suicidio da súa nai e o recordo dun irmán que non chegou a coñecer.
-Kiki de Montparnasse, relata unha vida e unha época apasionantes. A protagonista foi durante máis de vinte anos a musa do barrio parisino de Montparnasse. Vanguardista e liberal, posou para os mellores pintores e relacionouse cos artistas máis relevantes...e May Ray, o seu amor durante varios anos. Publicada por José- Louis Bouquet e Catel Muller en Editorial Sins Entido.
Por último
-Unha historia para todos os públicos, a de Hugo Cabret, un neno orfo que adica o seu tempo libre a manter en hora os reloxos da estación de tren na que vive e a arranxar un antigo autómata. La invención de Hugo Cabret de Brian Selznick, en S.M.


Anímote a lelas, cóntame logo se mereceu a pena!

viernes, 19 de febrero de 2010

Día internacional da lingua materna

Gracias a Cristina Novoa que nos proporcionou a información dende a Asesoría de Bibliotecas.
O Día Internacional da lingua materna establécese en 1999. Faino a Conferencia Xeral da Unesco para promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural.

Por ser domingo, esta vai ser a nosa modesta contribución. Os materiais tomámolos de páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Deixamos posta a exposición que vos mostramos a continuación para coñecemento de todos.
Sentimos que este é un gran día para todos os que cremos que a lingua materna, lingua do afecto debe ser defendida ate as últimas consecuencias pois prescindir dela é renunciar a parte da nosa infancia e do legado dos nosos maiores.

Dicía Álvaro Cunqueiro no Discurso de aceptación do Pedrón de Ouro, "...eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posiblidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ó lado da patria terreal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa".

viernes, 12 de febrero de 2010

O entroido

É unha festa pagá de orixe ancestral e longa tradición en Galicia.
Aínda que os días máis importantes son o sábado e o luns, polo menos na nosa vila, comeza o entroido tres domingos antes, dependendo da zona: Folecheiro cando os mozos lle guindan cinza aos viandantes, hoxe moi ben organizados; Fareleiro, o que se lanza agora é o farelo; Corredor, tíranselle formigas á xente ou aproveitaxe para ter un xantar de confraternidade. Celebrábase tamén o xoves de compadres e o de comadres e remátase co enterro da sardiña o mércores de cinza.
Segundo as distintas latitudes o entroido adórnase de choqueiro, pelicán, xeneral, cigarrón,etc sendo os lugares de máis sona os de Laza, Xinzo, Verín e outros.
A nosa particular celebración tivo lugar hoxe, venres 12. As dúas últimas horas de clases adicámolas a esta tradicional festa.
Cada quen vestiuse do que máis lle gustou ou o primeiro que atopou. Os cursos organizados por temas ou libremente desfilaron polo polideportivo onde un esixente xurado, non só o público, asistiu ao desfile do resto.
Déronse premios aos mellores, comemos orellas e freixos porque os pais nos agasallaron con eles e colorín colorado este conto ten rematado. Ata o curso vindeiro!!!





miércoles, 3 de febrero de 2010

Febreiro comeza a poesía

Mes frío, chuvioso, ventoso, como di o refrán "Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira".
Nós queremos darlle temperatura, suavizalo, endulzalo e que mellor que dedicalo á poesía.
Temos preparadas variadas actividades. Xa viches o cartaz que colocamos na entrada do centro. Nel tratamos de darche a coñecer todas e cada unha das propostas que temos elaboradas para estas datas. Por certo que xa sei que deu que falar o corazón "partío". A idea era que non identificaramos os poemas co o amor. Aínda que este é un dos sentimentos máis ensalzados polos poetas, tamén hai outros ben fermosos adicados a calquera cousa aínda a máis trivial. É por iso que ao final desta nova déixovos poemas das pequenas cousas.

-Poemas para San Valentín: como todos os anos propomos dende a Biblio poemas cos que podes acompañar as cartas de amor e amizade que envíes. Creo que a selección deste ano vaiche gustar. Temos os que máis levastes estes anos pasados e propostas novas. Os profes que colaboraron recomendaron os que máis lles fan sentir a eles. Habémolos de recoller nunha publicación.Cóntocho despois.
Cantos máis envíes, máis posibilidades tes de que che toque algún dos agasallos que sortearemos entre todos os participantes.

-Libretas de poemas: Co título de "Poetas di(n)versos" queremos sintetizar o que hai dentro delas. Ti es un poeta, outros consagrados tamén o son. Todos ides estar presentes nelas e as mellores tamén acadarán un premio. Non só desfrutarás participando, senón tamén recibirás un agasallo.

-Día 21 de marzo: Celebraremos este Día Internacional da Poesía coa presenza da poeta Eva Veiga, que nos falará de poetas,poemas, versos e rimas; lerá algo da súa obra poética, interactuará con todos e pediremoslle ao final que vos entregue todo o que temos reservado para os participantes destas iniciativas que acabo de contar.

-Publicación de poemas: Imos comezar cunha serie de publicacións onde se recollan os poetas e poemas que preferimos. Queremos contaxiar aos mais do noso gusto pola poesía. Este ano reuniremos aqueles que os profes nos proporcionaron, que foron de sempre preferidos ou que rematan de coñecer e queren compartir con todos.

Déixovos agora con estes poemas. Catulo, poeta do século I a. C, teríaos chamado "Nugae". Pero el escribeu moito sobre o amor e o desamor. Mira o seu poema 85.

Odio e amo

Odi et amo. Quare id faciam, fortasse requiris.
nescio, sed fieri sentio et excrucior.
 
Odio e amo. Quizás preguntes por que o fago.
Non o sei, pero siento que é así e sufro. 


Dicía Rosalía de Castro en Cantares Gallegos
Has de cantar
que che hei de dar zonchos;
has de cantar,
que che hei de dar moitos.

Mira agora o que escribe tamén unha poeta chamada Concha Méndez, da Xeración do 27, sobre os mapas.


Mapas

Los mapas de la escuela,
Todos tenían mar,
Todos tenían tierra.

¡Yo sentía un afán
Por ir a recorrerla!...

Soñaba el corazón
con mares y fronteras,

Con islas de coral
y  misteriosas selvas.

 Soñaba el corazón…
¡Oh, sueños de la escuela!

O escritor francés Jacques Prévert versifica esta historia dun escolar. Mira como calquera cousa pode ser tema para un poema:
El escolar perezoso
Dice no con la cabeza
pero dice sí con el corazón
dice sí a lo que quiere
dice no al profesor
está de pie
lo interrogan
le plantean todos los problemas
de pronto estalla en carcajadas
y borra todo
los números y las palabras
los datos y los nombres
las frases y las trampas
y sin cuidarse de la furia del maestro
ni de los gritos de los niños prodigios
con tizas de todos los colores
sobre el pizarrón del infortunio
dibuja el rostro de la felicidad.



De "Paroles"
Versión de Aldo Pellegrini

Por último temos a Machado con este poema de moscas, calor, verán. 

Las moscas  
Vosotras, las familiares,
inevitables golosas,
vosotras, moscas vulgares,
me evocáis todas las cosas.
  ¡Oh, viejas moscas voraces,
como abejas en abril,
viejas moscas pertinaces
sobre mi calva infantil!
  ¡Moscas del primer hastío
en el salón familiar,
las claras tardes de estío
en que yo empecé a soñar!
  Y en la aborrecida escuela,
raudas moscas divertidas,
perseguidas
por amor de lo que vuela,
  - que todo es volar -, sonoras
rebotando en los cristales
en los días otoñales…
Moscas de todas las horas,
  de infancia y adolescencia,
de mi juventud dorada;
de esta segunda inocencia,
que da en no creer en nada,
  de siempre… Moscas vulgares,
que de puro familiares
no tendréis digno cantor:
yo sé que os habéis posado
  sobre el juguete encantado,
sobre el librote cerrado,
sobre la carta de amor,
sobre los párpados yertos
de los muertos.
  Inevitables golosas,
que ni labráis como abejas,
ni brilláis cual mariposas;
pequeñitas, revoltosas,
vosotras, amigas viejas,
me evocáis todas las cosas.

Se queres ler máis, preme aquí.

lunes, 1 de febrero de 2010

2010: Ano do libro e da lectura

Eu leo, ti les, el le,...E de non facelo será porque non queremos, pois o Consello da Xunta declarou este ano 2010 como o Ano do Libro e da Lectura.
Non parece por casualidade que coincida co Ano Xacobeo pois preténdeselle dar certa dimensión no exterior á nosa cultura e á nosa lingua.
Moitas son as iniciativas:
  1. Animación cultural
          - "Libros de literatura contra a guerra", en colaboración co Foro Mundial da Educación.
          - "A palabra convertida en arte", sobre a escrita medieval.
    2.  Congresos e Exposicións
  • "I Encontro Internacional sobre Literatura de Viaxes" en Santiago.
  • " I Semana Auria de Novela Histórica".
  • Congreso Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
  • Centenario do nacemento de Torrente Ballester e Luís Seoane.
  • Acto conmemorativo dos 125 anos do pasamento de Rosalia.
  • Homenaxe a Uxio Novoneyra, a quen este ano a Academia lle adica o Día das Letras Galegas.
   3.  Promoción e difusión do libro
        Son variados os proxectos entorno a este aspecto.
  • "A Festa das letras": Feira do Libro que este ano  comeza en Lugo e que irá cambiando de localidade cada ano.
  • Fóra do País, as feiras de Boloña, Madrid, Bos Aires, Frankfurt terán presenza galega, dos nosos escritores e editores, dos nosos libros.
  • "Palabra de autor, palabra de autora", na televisión, servíndose deste medio para a divulgación das obras literarias galegas e os seus autores.
   4.  Fomento da lectura e da escrita
Neste ano tan especial, varias campañas de animación lectora e escritora  e mesmo actividades relacionadas coas traducións percorreran as vilas galegas.
Prométese neste cobizoso plan un desenvolvemento do marco normativo do libro e as bibliotecas.
Esperemos a ver materializadas todas estas boas intencións!
Avaliaremos nunha nova no noso blog todo isto ao final do ano. 
Tedes máis datos premendo aquí.

    jueves, 28 de enero de 2010

    30 de XANEIRO: DÍA DA PAZ

    MENOS MAL QUE COS RIFLES NON SE MATAN AS PALABRAS...



    Traemos de novo aquí a Benedetti que utilizou a palabra a prol da PAZ como ninguén.

    Le este fragmento dun dos seus poemas:

    Para matar al hombre de la paz
    para golpear su frente limpia de pesadillas
    tuvieron que convertirse en pesadilla
    para vencer al hombre de la paz tuvieron que congregar todos los odios
    y además los aviones y los tanques
    para batir al hombre de la paz
    tuvieron que bombardearlo, hacerlo llama
    porque el hombre de la paz era una fortaleza.
    Para matar al hombre de la paz
    tuvieron que desatar la guerra turbia
    para vencer al hombre de la paz
    y acallar su voz modesta y taladrante
    tuvieron que empujar el terror hasta el abismo
    y matar más para seguir matando
    para batir al hombre de la paz
    tuvieron que asesinarlo muchas veces
    porque el hombre de la paz era una fortaleza.


    Fragmento de Para matar al hombre de la paz, Mario Benedetti.

    lunes, 25 de enero de 2010

    Lecturas recomendadas de Inglés 2º e 3º trimestre 4ºESO

    Katy and her boyfriend Tom are happy in their band, Steel City. But then Tom gets  a new guitar and the trouble begins. Suddenly he can play very well, but he seems to be a different person. Why is he always so angry? When Katy discovers the secret of the guitar she is very afraid. Can she save her boyfriend's life?


    Today, football is the world´s most popular team sport, but when and how did it all begin?
    What different competitions are there around the world?
    What are the rules of the game?
    Find out the answers to these questions and many others by reading this fun, informative book.

    David Beckham  played for Manchester United and Real Madrid. He was captain of England. But he has fans in every country.
    Why is he world famous?
    What is he doing now?
    This is his story.

    jueves, 21 de enero de 2010

    LECTURAS RECOMENDADAS. LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA.

    procedencia de la imagen

    1º de ESO
    Oliver Twist, Charles Dickens. Editorial Vicens Vives, Cucaña.
    Cambio de amigos, Pedro Sorela. Alfaguara juvenil.
    La puerta trasera del paraíso, Luis Leante. Alfagura juvenil.
    Las alas de la noche, Emili Teixidor Planeta Oxford. Colección Nautilus.
    ¿Quién cuenta las estrellas?, Lois Lowry. Espasa Calpe.
    2º de ESO
    El príncipe destronado. Miguel Delibes. Booket editorial.

    El demonio y la señorita Prym. Paulo Coelho. Booket editorial.

    Miguel Strogoff. Julio Verne. Anaya.
    Tus libros selección.
    Todos los detectives se llaman Flanagan. A.Martín y J. Ribera. Anaya, Espacio abierto.

    El gigante egoísta y otros cuentos, Óscar Wilde. Vicens Vives.Cucaña.

    3º de ESO

    Ninette y un señor de Murcia. Miguel Mihura. Austral.
    Puentes como liebres y otros cuentos. Mario Benedetti. Alfaguara.
    Nunca seré tu héroe. María Menéndez Ponte. SM.

    El sabueso de los Baskerville, A. Conan Doyle. Vicens Vives.
    Y decirte alguna estupidez, por ejemplo, te quiero, Martín Casariego. Anaya.


    4º de ESO A y B.
    Como agua para chocolate, Laura Esquivel. Debolsillo.
    Cuentos de Eva Luna, Isabel Allende. Mondadori bolsillo.
    Memoria de mis putas tristes, G. García Márquez. Mondadori bolsillo.
    Moll Flanders, Daniel Defoe. Valdemar ediciones.
    El príncipe destronado, Miguel Delibes. Destinolibro.
    Los tres mosqueteros, A. Dumas. Anaya, Tus Libros selección.
    Misery, Stephen King. Debols!llo.
    4º de ESO C.
    Una habitación en Babel, Eliacer Cansinos. Anaya.
    El sabueso de los Baskerville, A. Conan Doyle. Vicens Vives.
    Donde aprenden a volar las gaviotas, Ana Alcolea. Anaya, espacio abierto.
    Siete historias para la infanta Margarita, Fernández Pacheco. Editorial Siruela.
    La leyenda del rey Errante, Laura Gallego. Editorial SM, El barco de vapor.

    viernes, 15 de enero de 2010

    Concurso de Contos



    Estas son as bases dun Concurso literario que organiza a Biblioteca do Concello de Pontedeume. Algúns datos importantes son estes:

    • É a súa edición número XX
    • Está pensado para rapaces nas vosas idades
    • Son contos
    • De entre 6 e 10 folios
    • O prazo remata o día 31 de marzo
    • O premio é suculento: 732 euros
    Se queredes participar, podedes ver polo miúdo na nosa biblioteca a convocatoria.
    Ánimo, xa sabedes que AUDACES FORTUNA IUVAT


    jueves, 14 de enero de 2010

    HAITÍ

    reuters


    O terremoto de magnitud 7 que sacudiu hai uns días Haití foi 35 veces máis potente que a bomba atómica que desolou Hiroshima ao final da Segunda Guerra Mundial (en palabras de Roger Searle, profesor de Xeofísica na Universidade de Durham). Pouco podemos facer cando o horror (causado polo home ou pola Natureza) nos atrapa nas súas redes de morte e dor. Pero ese pouco que podemos facer pode axudar a moitas persoas. Velaquí unha páxina do diario El País cos números de conta das distintas ONX'S coas que podemos colaborar.
    Hiroshima, Haití... todos os infernos son o mesmo. So nos salvará a solidaridade: "Pensa globalmente, actúa localmente".
    Fragmento do poema Cero, de Pedro Salinas:
    Invitación al llanto. Esto es un llanto,
    ojos, sin fin, llorando,
    escombrera adelante,
    por las ruinas de innumerables días. [...]
    Ya encontré mi cadáver, el que lloro.
    Cadáver de los muertos que vivían
    salvados de sus cuerpos pasajeros.
    Un gran silencio en el vacío oscuro,
    un gran polvo de obras, triste incienso,
    canto inaudito, funeral sin nadie.
    Yo sólo le recuerdo, al impalpable,
    al NO dicho a la muerte, sostenido
    contra tiempo y marea: ése es el muerto.
    Soy la sombra que busca en la escombrera.
    Con sus siete dolores cada una
    mil soledades vienen a mi encuentro.
    Hay un crucificado que agoniza
    en desolado Gólgota de escombros,
    de su cruz separado, cara al cielo.
    Como no tiene cruz parece un hombre.
    Pero aúlla un perro, un infinito perro
    —inmenso aullar nocturno ¿desde dónde?—,
    voz clamante entre ruinas por su Dueño.

    domingo, 10 de enero de 2010

    Lecturas recomendadas 2º e 3er trimestre para 1º Bac.

    Antonio is a young Spaniard who loves Britain, has many friends and visits the country regularly. In this story we follow Antonio on some of his journeys and visit many of his favourite places in England, Scotland and Wales. We meet his friends and through them learn about Britain´s customs and traditions, the usual and not so usual!.



    Spanish teenager Paloma Santos is happy with her life.
    But one day, her parents tell her they´re moving to England for 3 years because of her father´s job.
    Paloma doesn´t want to leave Spain, but she hasn´t got a choice.

    viernes, 25 de diciembre de 2009

    Felices Festas

    Felicidades a toda a comunidade educativa e a todos os que compartides o noso amor polos libros e as lecturas,dende a Biblioteca do IES Moncho Valcarce.



    domingo, 13 de diciembre de 2009

    El viaje del elefante

    Hoxe quería  recomendar NON LER este libro de Saramago.
    NON LEAS ESTE LIBRO se non che interesan os libros de viaxes, de aventuras.
    NON LEAS ESTE LIBRO se non queres saber que lle podía ocurrír a un cornaca indú chamado primeiro Subhro, logo Fritz e ao seu elefante  Salomón, Solimán  durante a súa viaxe dende Portugal, por España, Italia ata  a Austria do século XVI.
    NON LEAS ESTE LIBRO se non queres saber de que maneira todos podemos sentirnos transformados nas viaxes, nos camiños.
    NON LEAS ESTE LIBRO se non che interesa a tenrura porque a pesares de ser o autor Saramago, está cheo dela.
    NON LEAS ESTE PEQUENO LIBRO se non queres ler unha mordaz crítica á natureza humana, ás miserias que nos adornar a todos como a ansia desmedida de gloria, de fama, a relixiosidade mal entendida, a soberbia,...
    NON LEAS ESTE LIBRO se non che interesa unha lectura cargada de sentido do humor, pero un malvado sentido do humor.
    NON LEAS ESTE LIBRO si non dispos dunha triste tarde de otono, que será o tempo que precises para lelo porque non creo que aguantes máis sen acabalo.

    jueves, 10 de diciembre de 2009

    Dereitos Humanos




    Temos a sorte de contar con esta exposición que vedes nas imaxes anteriores dende o día 29 de novembro ata o día 14 de decembro. Axuda en acción é quen no la fai chegar por medio  do Concello de As Pontes.

    Coincide no tempo con outras actividades organizadas pola vicedirección do centro con motivo do  Día dos  Dereitos Humanos.


    Nós cremos que todo o que faigamos, dende os centros educativos,  a prol da sensibilización é pouco. Dende este blog queremos facernos eco destas iniciativas  doutras externas que tamén se promoven dende o ámbito dos persoeiros da cultura, do deporte, do espectáculo. Por iso, se queres escoitar, por exemplo, a Eduardo Galeano falando de muros, pincha aquí MUROS.  O blog de Mesturas achéganos esta reflexión do escritor uruguaio sobre a situación do Sahara e a transcendencia que ten, ou que non ten noutros países, incluso en España.

    lunes, 23 de noviembre de 2009

    25 de Novembro: Historia das irmás Mirabal


    Eran catro irmás, Patria, Minerva, María Teresa e Dede Mirabal, da República Dominicana; As tres primeiras son coñecidas polas súas atividades políticas clandestinas contra a tiranía do goberno Trujillista na República Dominicana (1930-1961). Na década dos 40, Minerva coñeceu un xoven político Pericles Franco Ornes, fundador do Partido Socialista Popular, recoñecido como anti-trujillista.

    O día 12 de outubro de 1949, nunha festa celebrada en conmemoración do descobrimento de América e coa intención de homenaxear á sociedade da provincia de Espaillat, as irmás Mirabal foran convidadas polo propio gobernador e senador para participar. Compareceran Patria e seu marido Pedro Gonzales, Minerva e Dedé e seu marido Jaime Fernández e Don Enrique Mirabal, o pai.

    Como a festa era ao aire libre e comezara a chover moi forte, as irmás resolveran marchar. Trujillo considerou isto coma unha falta de respecto; O gobernor da provincia de Espaillat, suxeriu que D. Enrique mandase unha carta de desculpas ao ditador, máis iso non calmou a Trujillo, que no día seguinte mandou prender a Enrique e Minerva . Minerva foi acusada de ser comunista, e foi intimidada a escribir unha carta a Trujillo, máis ela recusou. Depois de moito inistir os amigos, os dous foran soltos.

    No día 25 de novembro de 1960, Patria, Minerva e Maria Teresa viaxaran para visitar a seus maridos na cadea. Voltando da viaxe o seu coche foi parado polos cómplices de Trujillo. O ditador mandou matar cada unha separadamente para así non sentiren a execución da outra. Finxeu un suposto accidente, pero todos sabían quen era o tal asasino. Depois da morte das tres, foi o comezo da decadencia do réxime de Trujillo.

    A memoria desas valentes irmás mártires que arriscaran as súas vidas e as ofreceran efectivamente pola causa da muller nos enche de esperanza e nos dá forza para continuar loitando por una sociedade igualitaria na que mulleres e homes podamos vivir en fraternidade humana.

    En honor a estas valientes cada 25 de noviembre se conmemora el Día Internacional de la No Violencia Contra la Mujer. Isto estableceuse no Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe celebrado en Bogotá, Colombia no ano 1981.

    Todos, mulleres e homes con sensibilidade ante este problema estamos a traballar para erradicalo. Cada quen coas súas forzas, nos concellos coma no noso, dende os centros educativos cada ano tratamos de aproximar aos máis pequenos aquelas razóns que nos fan iguais, ás veces evidentes e outras non tanto. Consulta esta dirección, que loita todo o ano, non só nestas datas pola igualdade. Pero podía ensinarvos máis. Moitas son as campañas que se están a promover para mellorar a situación, aínda que non hai que se relaxar porque falta moito para acadar os obxectivos que pretendemos. Alguén nos prestou isto:



    Tamén a chilena Cecilia Domeyko filmou as escenas de recreación histórica dos feitos acontecidos ás irmás Mirabal en Cuba en 2003 con actores de televisión e cine cubanos.

    Mariposas, un documental sobre a vida destas irmás e a súa loita, nos anos 50, contra o dictador de República Dominicana, Rafael Trujillo.

    domingo, 15 de noviembre de 2009

    Caín


    José Saramago volve a ocuparse da relixión en Caín, a súa nova novela, que a editorial Alfaguara publica, na que redime ao seu protagonista do asasinato de Abel e sinala a Deus "como o autor intelectual ao despreciar o sacrificio que Caín lle ofrecera".












    Saramago xa ten explicado a través do correo electrónico que o que quixo dicir con Caín é que "Dios no es de fiar. ¿Qué diablos de Dios es éste que, para enaltecer a Abel, desprecia a Caín?".

    Casi 20 anos despois do seu discutido libro El evangelio según Jesucristo, que foi vetado polo Goberno portugués para competir polo Premio Europeo de Literatura, o Nobel luso fai un irreverente, irónico e mordaz percorrido por diversas pasaxes da Biblia pero non teme que volvan a crucificalo. "Algunos tal vez lo harán -explica Saramago-, pero el espectáculo será menos interesante. El Dios de los cristianos no es ese Jehová. Es más, los católicos no leen el Antiguo Testamento. Si los judíos reaccionan no me sorprenderé. Ya estoy habituado. Pero me resulta difícil comprender cómo el pueblo judío ha hecho del Antiguo Testamento su libro sagrado. Eso es un chorro de absurdos que un hombre solo sería incapaz de inventar. Fueron necesarias generaciones y generaciones para producir ese engendro".

    José Saramago non considera este libro o seu particular e definitivo axuste de contas con Deus -"las cuentas con Dios no son definitivas", dice-, pero sí con los hombres que lo inventaron. "Dios, el demonio, el bien, el mal, todo eso está en nuestra cabeza, no en el cielo o en el infierno, que también inventamos. No nos damos cuenta de que, habiendo inventado a Dios, inmediatamente nos esclavizamos a él", explica el autor. Nega que a cercanía da morte, fai agora un ano debido a súa infirmidade, fixeralle pensar máis en Deus. "Tengo asumido que Dios no existe, por tanto no tuve que llamarlo en la gravísima situación en que me encontraba. Y si lo llamara, si de pronto él apareciera, ¿qué tendría que decirle o pedirle, que me prolongase la vida?".

    E continúa Saramago: "Moriremos cuando tengamos que morir. A mí me salvaron los médicos, me salvó Pilar (su esposa y traductora), me salvó el excelente corazón que tengo, a pesar de la edad. Lo demás es literatura, y de la peor". Hai un ano, o escritor sorprendeu pola ironía e o humor que destilan as páxinas de El viaje del elefante (Alfaguara) e que agora volve con Caín. Para el é un misterio. E reflexiona: "No fue deliberado ni premeditado, la ironía y el humor aparecen en las primeras líneas de ambos libros. Podía haberlo contrariado e imprimirle un tono solemne a la narrativa, pero lo que está me vino ofrecido en una bandeja de plata, sería una estupidez rechazarlo".

    O escritor empezou a pensar en Caín hai moitos anos. "Estaba en una especie de trance. Nunca me había sucedido, por lo menos con esta intensidad, con esta fuerza", recorda. Saramago, que una vez escribeu que "somos cuentos de cuentos contando cuentos, nada" e así sigue, se cadra é a mellor maneira de seguir vivo. "Es verdad. Tal vez la analogía perfecta sea la de la vela que lanza una llama más alta en el momento en que va a apagarse. De todos modos, no se preocupen, no pienso apagarme tan pronto". No seu blog aparece unha carta da presidenta da Fundación Saramago, Pilar del Río, na que anuncia aos lectores do Nobel que este Caín no os deixará indiferentes.Probade a ver! Dentro de nada na nosa biblioteca.

    jueves, 12 de noviembre de 2009

    San Millán, impórtanos



    Hoxe é festividade de San Millán (Aemilianus, en latín). E ti dirás, e quen é San Millán?. Este santo do que sabemos grazas a San Braulio( bispo de Zaragoza alá polo ano 626) que nacera en Berceo e fora morrer nunha covacha. Na súa vida fora pastor, pero abandonou as ovellas e a cítara por mor dun monxe chamado Felices que lle ensinou a crer.

    Abandonou o seu traballo e quixo consagrarse a orar nun lugar apartado do mundo. Así pasou 40 anos de vida contemplativa no monte Distercio, case sen comer nin beber máis que o imprescindíbel para seguir vivindo.

    Dídimo, o bispo de Tarazona, oíra falar del e ofreceulle levar a igrexa de Berceo onde el nacera. Aínda que San Millán dubidaba da súa valía para exercer de sacerdote, aceptou o cargo e durante uns poucos anos alí estivo, destacando en ciencia, prudencia e enxeño; pero a igrexa non medraba porque el daba todo o que tiña aos que o necesitaban. Outros viñeron a contarlle ao bispo o que ocorría e San Millán veuse obrigado a volver ao seu oratorio na montaña.

    Son moitos os milagres deste santo en vida (devolver a vista aos cegos, curar paralíticos, sandar aos enfermos,...) pero tamén despois de morto. Así apareceuse na batalla de Simancas, logrando a victoria dos navarros e casteláns frente aos sarracenos, o que lle valeu o título de Patrón de España xunto a Santiago, polo menos atá o Concilio Vaticano II.

    Morreu con máis de cen anos e foi enterrado nas Covas de Aidillo onde se levantou o Mosteiro de Suso (arriba, en castelán antigo). Este foi o escenario das primeiras palabras casteláns. POR ISO É QUE NOS IMPORTA SAN MILLÁN. Os monxes que alí vivían, hai máis ou menos 1000 anos, traballaban nun escritorio onde copiaban textos en latín, o códice (o Códice Emilianense 46, s. X -un diccionario cunhas 200.000 entradas- e as Glosas Emilianenses ou Códice Aemilianensis 60, s. XI) escrito nun latín, que el consideraba que a xente de a pé xa non comprendía e vai tomando notas para entender a gramática e aclarar os significados. A esas notas chamámolas glosas, Glosas Emilianenses. Na marxe dereita do folio 72r do códice Emilianense 60 lemos esta doxología, que en parte é tradución do latín e en parte colleita do glosador.

    PRIMERAS PALABRAS ESCRITAS EN CASTELLANO
    Cono aiutorio de nuestro dueno
    dueno Christo, dueno Salbatore;
    qual dueno get ena honore
    et qual duenno tienet ela mandatione
    cono Patre cono Spiritu Sancto
    enos sieculos delo sieculos,
    facamus Deus Omnipotes tal serbitio
    fere
    ke denante ela sua face
    gaudioso segamus. Amen.
    Coa mediación do noso Señor,
    don Cristo, don Salvador,
    que comparte o honor
    e a xerarquía co Pai
    e co Espíritu Santo
    polos séculos dos séculos,
    Dios omnipotente nos faga servir
    de tal maneira que nos atopemos
    felices na súa presenza.


    É interesante que neste mesmo Códice, noutras páxinas, recogénse tamén dúas anotacións, feitas polo mesmo monxe, en vasco. Trátase do máis antigo testimonio escrito conservado desta lengua.

    O rey García Sánchez III de Navarra (ano 1052) quixo trasladar os restos do santo a un mosteiro que tiña construído nas proximidades pero os bois que o levaban pararon nun lugar e non poideron movelos, o que foi interpretado como que o santo non quería marchar de alí, así que nese mesmo lugar foi construído o Mosteiro de Yuso (abaixo, en castelán antigo, s. XI-XVIII) que posee una biblioteca monástica excepcional -onde se trasladaron os fondos de Suso- na que se incluen exemplares únicos medievais e o primeiro libro de poesía en español: Los Milagros de Nuestra Señora, do clérigo Gonzalo de Berceo.


    Os dous mosterios están ubicados na Serra da Demanda, no alto curso do río Cárdenas, na Rioxa. Gardan unha distancia dun kilómetro. O de Suso está arriba na montaña e ten de telón de fondo La Cogolla (en latín cuculla:especie de capa para cubrir a cabeza e o corpo, que usaban os frailes) e o Yuso está na aba da montaña.

    jueves, 5 de noviembre de 2009

    Todas as bibliotecas nunha

    "Leer será en el futuro un acto de rebeldía"
    Recollo este titular dunha noticia do periódico El País onde atopo unha entrevista co escritor arxentino Alberto Manguel. Autor de Una historia de la lectura (Lumen) , toda a súa obra non fai máis que recrear o mundo do libro. Aborda o nacemento da escritura, a aparición das primeiras bibliotecas, os códices, a imprenta e a evolución do mundo editorial.
    En La librería de noche (Alianza) fai un percorrido polas grandes bibliotecas do mundo: dende a lendaria Biblioteca de Alexandría fundada polos ptolomeos no século III antes de Cristo, tan de moda pola película Agora de Amenabar, ata as bibliotecas actuais, todo co ánimo de chegar á biblioteca máis próxima para cada quen, a biblioteca da casa.

    Pero o que me chama máis poderosamente a miña atención é unha serie de afirmacións que, como o título da entrevista, resultan subversivas. E que quede claro que eu escoito a Manguel e me oío a min mesma, aínda que coma eu non son escritora non o sei dicilo tan ben.
    Destaco aquí tres momentos da entrevista e quizais mañá estean nas paredes na nosa biblioteca.

    "La historia del libro corre paralela a la de la censura. Una de las cosas esenciales que proporciona la lectura es aprender a pensar, y no hay nada más peligroso para el poder que un pueblo pensante. La tarea del político es más fácil frente a un pueblo idiota, educarnos en la estupidez es quitarnos los libros, y eso siempre ha sido tarea de dictadores".

    "El amor por la lectura es algo que se aprende pero no se enseña. De la misma forma que nadie puede obligarnos a enamorarnos, nadie puede obligarnos a amar un libro. Son cosas que ocurren por razones misteriosas, pero de lo que sí estoy convencido es que a cada uno de nosotros hay un libro que nos espera. En algún lugar de la biblioteca hay una página que ha sido escrita para nosotros".

    ¿La lectura queda finalmente como un acto de rebeldía? "Siempre lo ha sido. Primero porque se valora la acción y no la inacción y porque conduce a la reflexión, y eso siempre es peligroso. Y porque a través de la lectura empezamos a conocer quiénes somos. En el futuro, leer será no sólo un acto de rebeldía, sino también un acto de supervivencia. Si como lectores nos resignamos a que nos impidan leer la buena literatura nos vamos a condenar a ser menos humanos. Es un riesgo que, por supuesto, no podemos correr".

    miércoles, 4 de noviembre de 2009

    "Una vida sin literatura no es una vida humana" decía Ayala

    Francisco Ayala García-Duarte naceu en Granada en 1906. Estudiou dereito en Madrid, ampliando os seus estudios en Alemaña a principios dos anos trinta, onde asistiu ao ascenso do nazismo.
    Comeza a publicar as súas primeiras obras a mediados dos anos vinte (Tragicomedia de un hombre sin espíritu (1925), Historia de un amanecer (1926)). Nesta época mantén un intenso contacto con algúns dos intelectuais máis senlleiros da época, en especial, con José Ortega y Gasset.
    A súa vinculación coa causa da República obligouno a marchar ao exilio, establecéndose en Arxentina ata principios dos anos cincuenta. Alí desenvolve unha intensa actividade cultural, traballando no periódico La Nación e na editorial Losada. Incómodo no país tralo triunfo do peronismo, trasladouse a Puerto Rico, onde coincidiu con Juan Ramón Jiménez, e en cuxa Universidade deu clases de dereito. Posteriormente trasladouse a USA, onde se adicou á ensinanza da literatura española nas universidades de Princeton, Nova Iorque ou Chicago.
    Retornou a España en 1976, tralo final da ditadura. Chegaron entón os recoñecementos. En 1983 foi nomeado académico. En 1988 recibiu o Premio Nacional de las Letras. En 1991 se lle concedeu o Premio Cervantes. E en 1998 o Príncipe de Asturias de las Letras.
    Foi autor dunha copiosísima producción, de carácter ensaístico e narrativo fundamentamente. A súa obra literaria ten dúas etapas claras. Unha primeira, caracterizada pola experimentación, e unha segunda, posterior á Guerra, de corte máis clasicista. A ironía, a crítica do poder, a deshumanización son algúns dos temas máis recurrentes na súa escritura. Por citar algunhas das máis salientables: Los usurpadores (1949), La cabeza del cordero (1949), Historia de macacos (1955), Muertes de perro (1958), El jardín de las delicias (1971), El hechizado y otros cuentos (1972).

    R.I.P

    martes, 3 de noviembre de 2009

    Marcapáxinas


    Propóñoche un xogo. Gustariache participar nun concurso? Verás, para o curso vindeiro non temos pensado cal vai ser o marcapáxinas que entregaremos cos libros na Biblioteca. Por que non nos fas ti unha suxestión? Como! Que non sabes como facer un marcapáxinas? Que formas poden ter? Que non tes ningunha idea da que partir?Pois ben, imoste poñer ao tanto sobre todas estas cousas e outras.
    Queres saber como e onde xurdiron, dende cando hai marcapáxinas, se existen grupos de coleccionistas...

    Se sigues a ler é que estar da cordo coa proposta. Pois ben, se queres esta información dámosche uns enderezos onde poder atopar respostas a todas as preguntas anteriores e a outras máis.

    Paréceme estar oíndo que non sabes como facer un. Pois se pinchas aquí vanche aprender como elaborar un ben orixinal, pero non sei se será o peor inimigo da nosa biblioteca, ti que opinas? E se queres practicar o teu inglés, mira neste sitio.

    Se premes aquí poderás atopar a unha muller que ten creado un blog para promocionar o coleccionismo de marcapáxinas en Chile en particular e en América Latina en xeral . Verás que a autora deste blog admite axudas, suxestións, comentarios e todo tipo de aportes. Poderías publicar nel o teu marcapáxinas, que che parece?

    Pero si o que queres é ver unha chea de puntos de lectura ordenados por temas, categorias, etc en francés, deberás premer aquí, se o que desexas e ver bookmarkers bastante infantiles, ésta é a túa dirección, que queres ver un museo alemán do marcapáxinas?, pois aí che vai.

    Seguro que tes oído falar da editorial Kalandraka e incluso tes lido algún libro publicado por eles, pois agora fanche esta proposta.

    E que che parece ver unha estupenda mostra de puntos de lectura en catalán pero tamén en galego e outras coleccións interesantes, coma esta e de seguir nesta historia seguro que chegarás a destinos tan curiosos como este, de onde sacamos a foto de arriba e estoutro, onde poderás admirar ademais do que tratamos, unha das bibliotecas máis fermosas do mundo.

    Animate a participar! Esto é só o comezo do que pode chegar a ser unha gran afición e ti un gran coleccionista.


    miércoles, 28 de octubre de 2009

    DIEZ AÑOS SIN EL MARINERO EN TIERRA

    Hoy, 28 de octubre, se cumplen diez años de la muerte de Rafael Alberti, que falleció en 1999 a los 97 años de edad. Vivir casi un siglo dan para mucho vivir y Rafael Alberti comenzó su andadura vital disfrutando de su infancia en Cadiz; pronto conoció el éxito de la poesía con su grupo, los del 27,en la década de los veinte("¡Vendo nubes de colores:/las redondas, coloradas,/para endulzar los calores!"); en algún momento lo invadió la desolación personal ("¡Atrás, atrás!¡Qué espanto/de tinieblas sin voces!/ ¡Qué perdida mi alma!") ; luego llegó otra desolación peor y combatió poesía en mano durante la Guerra Civil ("Hace falta estar ciego, tener como metidas en los ojos raspaduras de vidrio,"); sufrió el duro caminar hacia un largo exilio("¿Dónde estas hoy, en dónde te contemplo,/en qué roca, en qué mar, bajo qué bosque"); celebró la vuelta sin rencor("Me fui con el puño cerrado, vengo con la mano abierta"); y finalmente regresó al mar ("¿Por qué me desenterraste del mar?").

    Cuando yo era pequeña, tendría quizá ocho o nueve años, no lo puedo precisar, no conocía a Rafael Alberti pero me gustaba leer un poema que se llamaba "El tonto de Rafael". Años más tarde descubrí que su autor era un poeta de la Generación del 27 que se burlaba de sí mismo en este autorretrato:

    EL TONTO DE RAFAEL
    (Autorretrato burlesco)
    Por las calles, ¿quién aquél?
    ¡El tonto de Rafael!
    Tonto llovido del cielo,
    del limbo, sin un ochavo.
    Mal pollito colipavo,
    sin plumas, digo, sin pelo.
    ¡Pío-pic!, pica,y al vuelo
    todos le pican a él.
    ¿Quién aquél?
    ¡El tonto de Rafael!
    Tan campante, sin carrera,
    no imperial, sí tomatero,
    grillo tomatero, pero
    sin tomate en la grillera.
    Canario de la fresquera,
    no de alcoba o mirabel.
    ¿Quién aquél?
    ¡El tonto de Rafael!
    Tontaina tonto del higo,
    rodando por las esquinas
    bolas, bolindres, pamplinas
    y pimientos que no digo.
    Mas nunca falta un amigo
    que le mendigue un clavel.
    ¿Quién aquél?
    ¡El tonto de Rafael!
    Patos con gafas, en fila,
    lo raptarán tontamente
    en la berlina inconsciente
    de San Jinojito el lila.
    ¿Qué runrún, qué retahíla
    sube el cretino eco fiel?
    ¡Oh, oh, pero si es aquél
    el tonto de Rafael!
    Su amigo, el poeta Benjamín Prado decía ayer de él:“Era una persona para la que toda solución era poética. Si él quería dar una opinión política no escribía un artículo, sino un poema; si quería plantear cualquier tipo de reivindicación social, escribía un poema”.
    A nosotros, además de su poesía, nos queda su voz.

    jueves, 22 de octubre de 2009

    PALABRAS PARA JULIA

    Ahora que el 2009 se va despidiendo reparo en que olvidé completamente que este año se hacen diez de la muerte de uno de mis poetas favoritos, José Agustín Goytisolo. Aunque con bastante retraso (falleció de forma trágica un 19 de marzo) me gustaría recordarlo, sobre todo, porque es autor de uno de los poemas más emotivos y célebres de la literatura española del siglo XX: "Palabras para Julia", dedicado a su hija. Nos quejamos de que a los alumnos no les gusta la poesía, pero yo he visto en más de una ocasión a alumnas mías emocionarse con este poema. Yo también me emociono cada vez que lo leo. Tal es la magia de la poesía hecha desde el corazón. A su difusión contribuyeron en gran medida los artistas que pusieron música y voz al poema: primero Paco Ibañez, al que siguieron Mercedes Sosa, Los Suaves, ... Pero a mí la que más me gusta es la versión de dos de mis músicos favoritos, Kiko Veneno y Jairo Perera, "Muchachito". No dejéis de escucharla y, sobre todo, no olvidéis a José Agustín.