Servizo de
préstamo de lectores de libros electrónicos
A Biblioteca pon a
disposición dos seus usuarios o préstamo externo de lectores de libros
electrónicos (e-readers), para uso persoal, ofrecendo outra forma de ler e acceder
á información.
Qué é un lector de libros electrónicos?
Un lector de libros
electrónicos ou e-reader é a solución máis sinxela para a lectura dos libros
electrónicos ou ebooks. Gracias á tecnoloxía da tinta electrónica, proporciona
unha calidade de lectura, semellante a do libro en papel. Trátase dunha
ferramenta moi cómoda, que ademáis de almacenar centos de libros, permite
axeitar a paxinación do libro e o tamaño do texto, asi como escoitar música ou
audio-libros, ó incorporar tamén son.
Préstamo de lectores de libros
electrónicos
Pode acceder ó
préstamo de lectores de libros electrónicos calquer usuario con carnet de
lector. O dispositivo pódese sacar da biblioteca, sempre que se acepten as
condicións específicas de préstamo para este tipo de soportes. Oos dispositivos
dispostos para o préstamo son da marca e modelo Sony. Conteñen máis de
300 obras, libres de dereitos de autor, en galego, español, francés e inglés.
Cada equipo entrégase dentro dunha funda protectora e inclúe:
·
O libro electrónico e un cable USB.
·
Un folleto coas pautas de uso do servizo e un resumen das
instruccións de manexo do dispositivo.
Condicións do préstamo
1. Os préstamos
realízanse no mostrador de control de préstamo da biblioteca.
2. Para formalizar o
préstamo é necesario presentar o número de carnet de lector ó profes@r
encargado.
3. O préstamo do
dispositivo terá unha duración de 15 días, prorrogables por quince días máis. A
renovación do préstamo poderase efectuar a través do Meiga no mostrador de
préstamo da Biblioteca. Si o dispositivo foi solicitado por outro usuario, a
renovación non poderá efectuarse.
4. O dispositivo prestado
é intransferibel. O usuario é responsable do dispositivo e de todos os seus
accesorios.
5. Cumpriranse os prazos
de devolución dos dispositivos prestados.
6. O usuario comprométese
a devolver os equipos nas mesmas condicións que os recibiu, sen modificar,
añadir, suprimir ou copiar os ficheiros que teña incorporados o aparato lector
na súa configuración orixinal. O mal emprego no uso dos dispositivos prestados,
sancionarase cun mes sen facer uso dos servizos bibliotecarios.
7. En caso de pérdida ou
avería do dispositivo, o usuario comprométese a restituir á Biblioteca cun
aparello de iguais características técnicas, nun prazo máximo de 30 días.