miércoles, 23 de abril de 2014
Un ano máis...Mercado Solidario de Libros no IES Moncho Valcarce
Publicado por
Biblioteca IES Moncho Valcarce
en
11:35
0
comentarios
jueves, 10 de abril de 2014
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS. LECTURAS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE.
Balada do café triste. Carson McCullers. En castelán, na editorial Seix Barral. En galego, en Rinoceronte Editora.
O café convértese no punto de reunión da xente dunha vila rural do sur dos Estados Unidos, e recolle os cambios que o amor provoca coma se dun personaxe máis da novela se tratase. Carson McCullers describe con gran sensibilidade os temas da soidade, o desamor e a complexidade das relacións humanas a través dun triángulo de amor non correspondido formado pola señorita Amelia, Lymon e Marvin Macy. Inverte os roles de xénero e rexeita someter os seus personaxes aos habituais patróns de conduta, criticando a hipocrisía e os ríxidos valores morais do antigo sur dos Estados Unidos. (Información para as tres novelas: tomada da páxina web de Rinoceronte Editora)

Os ditosos anos do castigo. Fleur Jaeggy. En castelán, na editorial Tusquets. En galego, en Rinoceronte Editora.
No Bausler Institut, internado feminino situado no cantón suízo de Appenzell, pasa a protagonista desta historia a súa infancia e parte da súa xuventude. A aquel ambiente represivo e enfermizo chega un día Frédérique, unha rapaza diferente que a atrae e a desconcerta. Fleur Jaeggy asómanos á ventá dese lugar estraño cunha prosa lacónica, que cala e suxire, e que nos atrapa nesta historia de erotismo velado, sentimentos calados, soidade e loucura.

O edificio Yacoubian. Alaa Al Aswany. En castelán, na editorial Maeva. En galego,en Rinoceronte Editora.
En pleno corazón do Cairo, tras os muros do esplendoroso e decadente edificio Yacoubian, crúzanse a diario todo tipo de personaxes, coas súas debilidades e soños. Entre eles, Taha, o fillo do conserxe que cae nos brazos do islamismo tras ver frustradas as súas aspiracións a policía; Zaki Bei, un vello aristócrata nostálxico doutros tempos; Hatem, o xornalista homosexual que se enfronta a un mundo cada vez máis intolerante; ou Busayna, que acepta os convites do seu xefe para axudar economicamente a súa familia. A través destes personaxes, Al Aswany ilustra a sociedade exipcia actual e a marca que a Historia recente foi deixando nela, ao tempo que aborda, cun ton despoxado de xuízos, asuntos tabú como a corrupción política, o auxe do fundamentalismo relixioso, as desigualdades sociais ou a ausencia de liberdade sexual.
Publicado por
Biblioteca IES Moncho Valcarce
en
15:46
0
comentarios
Suscribirse a:
Entradas (Atom)