lunes, 28 de noviembre de 2016


Un ano máis, a Biblioteca do IES MONCHO VALCARCE 
COA COLABORACIÓN DO CLUB DE LECTURA 
"A ESCOLA DA FANTASÍA" 

CONVOCA O SEU CONCURSO LITERARIO ANUAL
ESTA VEZ, ADICADO Á LITERATURA FANTÁSTICA. 


Se che gusta escribir e queres participar... 
Pasa a recoller as bases pola túa biblioteca. 

Tes ata o 31 de xaneiro para deixar voar a túa imaxinación...

Os autores dos relatos gañadores de cada categoría recibirán un premio e ademáis serán publicados na revista do club de lectura "El buk de Monchín".


¡Animádevos a participar!



A NOSA REVISTA LITERARIA "EL BUK DE MONCHÍN" PRECISA DEBUXANTES PARA A PORTADA
 DO SEU SEGUNDO NÚMERO. 

Se che gusta debuxar e queres participar no nos concurso...


Só tes que escoller un ser fantástico e acompañalo á biblioteca.


O teu debuxo poderá ser o elexido polos membros do club de lectura para encabezar a súa revista literaria


Anímate a participar e...
¡Moita sorte!

ATOPARÁS AS BASES COMPLETAS NOS MUROS DO TEU INSTI... 



Den


Den






Os a




viernes, 25 de noviembre de 2016


CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO 
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

DESDE A BIBLIOTECA E COA COLABORACIÓN DO CLUB DE LECTURA "A escola da fantasía" e dos Departamentos de Lingua castelá e Literatura e Plástica, organizouse a seguinte actividade:

A elaboración dun mural xigante que representa un corazón roto

Os alumnos aportaron HAIKUS e ILUSTRACIÓNS con motivo da violencia de xénero

O resultado foi este debuxo colectivo: 

 

O equipo da biblioteca seleccionou cancións sobre a violencia de xénero 

que se escoitaron no tempo de lecer










O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS 
A ESCOLA DA FANTASÍA

CELEBROU O PASADO MÉRCORES 23 DE XUÑO 

UNHA REUNIÓN PARA POÑER EN COMÚN AS SÚAS OPINIÓNS SOBRE O LIBRO 

Ao norte unha montaña, ao sur un lago, ao oeste uns camiños, ao leste un río. 


Asistiron a esta reunión profesores e nais de alumnos que compartiron a experiencia da lectura
 e fixaron unha posible data para encontrarse de novo.


lunes, 14 de noviembre de 2016

COLOREA AS TÚAS HISTORIAS



¿ENCÁNTACHE ESCRIBIR PERO NON SABES QUE PODES CONTAR?
¿EMPEZAS UNHA HISTORIA PERO NON SABES COMO REMATALA?
¿FÁLTACHE INSPIRACIÓN?




DESDE O CLUB DE LECTURA “A ESCOLA DA FANTASÍA”
QUEREMOS DARCHE A POSIBILIDADE DE PARTICIPAR NO NOSO OBRADOIRO DE ESCRITURA:

COLOREA AS TÚAS HISTORIAS


ESPERÁMOSTE OS LUNS NO PRIMEIRO RECREO (10:10-10:30)

miércoles, 9 de noviembre de 2016

O VINDEIRO 25 DE NOVEMBRO
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

EXPRÉSATE CUN HAIKU
acompañado dun debuxo

penso en violencia
penso en miles de mortes
penso en mulleres

LUCÍA NOVOA FROIZ




O haiku japonés é unha estrofa de tres versos
(de 5,7 e 5 sílabas)
sen rima, que trata temas diversos.


As súas características son a brevedad e a sinxeleza

Días escuros
Homes maltratadores
En noites claras

ANDREA CARBALLUDE BELEDA
Un home e mais
Unha muller non son
moi diferentes

ÍKER GONZÁLEZ RODRÍGUEZ


PIDE A TÚA PROFE DE LINGUA CASTELÁ UNHA CARTULINA E...


ESCRIBE E DEBUXA... UN MUNDO SEN VIOLENCIA 

lunes, 7 de noviembre de 2016



XA TEMOS OS LIBROS GAÑADORES


O PASADO MÉRCORES 2 DE NOVEMBRO

 OS ALUMNOS DO CLUB DE LECTURA 

ABRIRON  A URNA QUE CONTIÑA OS LIBROS ESCOLLIDOS


O xurado estivo disposto polos seguintes rapaces e rapazas:


Iván (secretario)
Álvaro e Hugo (vocais)
Naiara e pablo (testigos)



Os resultados son os que indicamos a continuación:

TRAGAMUNDOS: 6 VOTOS

TODAS LAS HADAS DEL REINO: 3 VOTOS

WITCH AND WIZARD: 2 VOTOS

DIARIO DE UN ALDEANO PRINGAO: 13 VOTOS

BAT PAT Y EL MONSTRUO DE LAS CLOACAS:13 VOTOS

DIARIO DE GREG: 19 VOTOS

HARRY POTTER Y EL LEGADO MALDITO: 21 VOTOS


COMO PODEDES COMPROBAR,

DOS LIBROS SELECCIONADOS
RESULTARON OS MÁIS VOTADOS POLAS RAPACES DE 1º E 2º DE ESO FORON OS SEGUINTES:

Harry Potter y el legado maldito


y

El diario de Greg



DESDE A BIBLIOTECA
 MERCAREMOS ESTES LIBROS
PARA QUE POIDADES LEVALOS A CASA O MÁIS PRONTO POSIBLE

MOITAS GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR.


miércoles, 2 de noviembre de 2016

CON MOTIVO DO SAMAIN 2016


A BIBLIOTECA, COA COLABORACIÓN DO CLUB DE LECTURA 
"A ESCOLA DA FANTASÍA"

FIXO UNHA MOSTRA TOMANDO COMO EIXE O TEMA DAS BRUXAS


Contamos coa colaboración dos alumnos de 1º ESO, 
dirixidos pola profesora Alicia Geada Fernández (de Plástica)

para a elaboración dunha árbore e unha lúa terroríficas.


Os alumnos de 2º ESO C Nuno Ferreria Cardoso  e Eloy Tojeiro Cinza
 encargáronse da dificil tarefa de compoñer o mural 

Tamén contamos cunha mostra dos conxuros dos alumnos de 1º ESO, coordinados pola profesora Paz Balseiro Amido (de lingua castelá) 

e coa reproducción dun conxuro na voz do alumno de 2º ESO B Emilio 




Ademais os rapaces e rapazas axudaron na decoración da propia biblioteca