Desde a nosa biblioteca escolar poñemos a disposición do alumnado e dos distintos departamentos didácticos material propio dos nosos fondos para traballar a coeducación co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.
miércoles, 24 de febrero de 2021
Día Internacional da Muller (8 de Marzo): Libros coeducación
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 19:09 0 comentarios
DÍA DA ILUSTRACIÓN
O pasado 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Castelao, a Xunta de Galicia celebrou o día da Ilustración. Para celebralo o departamento de Educación Plástica e Visual baixo a coordinación dos seus profesores, Silvia e Toni, analizou a función da arte ilustrativa e a súa influenza no mundo actual.
As creacións do seu alumnado de Educación Secundaria están a ser expostos e a disposición de toda a comunidade educativa nos paneis acristalados da nosa biblioteca escolar. Xunto cos traballos inclúense uns códigos QR que proporcionan información sobre divers@s ilustrador@s e sobre lugares online de interés xeral relacionados coa ilustración. Quedades invitados a visitar esta orixinal exposición e grazas a tod@s pola vosa implicación.
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 18:20 0 comentarios
miércoles, 3 de febrero de 2021
A GAÑADORA DO CONCURSO DE RELATO DE SAMAÍN
Un xurado conformado por tres alumnas de segundo de bacharelato decidiu o gañador dos relatos presentados ao certame convocado polo club de lectura e os alumnos/as de ITI.
A decisión estivo difícil pola calidade dos textos. Na súa opinión as obras presentadas tiñan unha gran calidade expresiva, creativa e orixinalidade.
O premio foi concedido ao conto Luna azul de Uxía Piñón Calvo.
Noraboa a todos os participantes.
E tendo en conta a calidade dos textos, todos serán publicados na nosa revista
O buk de Monchín.
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 23:10 0 comentarios
martes, 2 de febrero de 2021
O NOSO TRADICIONAL CONCURSO LITERARIO
Xa está aquí o concurso literario que agardabas.
Pregunta polas bases na biblioteca...
e anímate a participar...
Os gañadores recibirán un agasallo literario.
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 19:31 0 comentarios
lunes, 1 de febrero de 2021
DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E NON VIOLENCIA (30-01-2021)
Actividade "Unha linguaxe para a Paz"
Co gallo da celebración do Día da Paz desenvolveuse desde a nosa biblioteca escolar unha actividade que perseguía pór en práctica actuacións concretas para que cada alumn@ participante entendera que a paz empeza cun mesm@ e no día a día no noso xeito de falar cos compañeir@s, na forma de relacionarnos persoalmente a través das redes sociais, nos nosos comportamentos cotiás, etc.
Reproducimos diálogos a través de viñetas nas que se amosaban condutas pouco axeitadas para posteriormente propoñer alternativas máis acordes cunha convivencia solidaria, empática e pacífica. Grazas a todo ó alumnado pola súa implicación e interés.
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 18:31 0 comentarios