martes, 6 de diciembre de 2022

FALLO DO NOSO CERTAME DE MICROCONTOS POLO SAMAÍN

 Un xurado formado por dous profesores e dous membros do club de lectura decidiron os gañadores do noso concurso de relatos de medo. 

  En breve, os galardoados recibirán un agasallo. O gañador xeral resoltou ser o alumno Antón Vivero De la Fuente do curso de  primeiro de bacharelato A. Noraboa ós/ás premiad@s   e grazas a todos os participantes pola súa  colaboración e iniciativa.






                                                                          Antón De la Fuente Vivero (1º BAC. A)

 


RECOLLIDA DE LIBROS PARA O NOSO MERCADIÑO SOLITARIO NAVIDEÑO



 Se queres axudar, xa podes... 

É dabondo con doar aqueles libros que non usas. Venderémolos no noso mercadiño solidario. Tamén bufandas, gorros e outras sorpresas máis... 


Ti tamén podes poñer da túa parte. 





viernes, 25 de noviembre de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

   Desde a biblioteca escolar do IES Moncho Valcarce queremos conmemorar a celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller invitándovos a visitar a exposición "Trazando en ferminino" que recolle os traballos ilustrativos diseñados polo noso alumnado de educación secundaria. Os debuxos e viñetas pretenden sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre a violencia machista e apelar ó rechazo de calquer tipo de violencia contra as mulleres.









lunes, 7 de noviembre de 2022

CELEBRACIÓN SAMAÍN 2022

   Baixo a coordinación do equipo de traballo da nosa bibioteca escolar e do Clube de Lectura ambientamos parte do noso espazo bibliotecario co gallo da celebración do Samaín. Asemade, e atendendo ó título de "Historias para non durmir" fixemos unha escolma de referencias bibliográficas presentes nos nosos fondos relacionados coa temática do terror e suspense. Grazas a toda a comunidade educativa polo vos implicación e participación.
















viernes, 4 de noviembre de 2022

O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS PRESENTA AS SÚAS LECTURAS

 XA PODES COLLER NA BIBLIOTECA OS LIBROS DO PRIMEIRO TRIMESTRE 

PARA O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS.


COMEZAMOS POR...


A MEDICIÓN DO MUNDO







A PRIMEIRA REUNIÓN SERÁ DURANTE O MES DE NOVEMBRO. 




CONCURSO DE RELATOS DE TERROR POLO SAMAÍN

porque escribir é unha boa forma de alonxar as pantasmas... 

desde o club de lectura convidámoste a inventar a túa mini historia de terror... 







OS CLUBS DE LECTURA DO PRESENTE CURSO 2022-23

 XA TEMOS AQUÍ OS NOSOS CLUBS DE LECTURA.

ESTE ANO BAIXO O LEMA "AS VERBAS DA CIENCIA"


Tanto no club dos rapaces como no destinado aos adultos, escolleremos libros

 que teñan a ciencia como elemento vertebrador. 





Xa sabes... unha experiencia cienciacional!!!



lunes, 13 de junio de 2022

UNHA NOVA EDICIÓN DO NOSO TRADICIONAL MERCADIÑO SOLIDARIO

 Para non perder os bos costumes, 

o club de lectura DIVERTsidade celebra esta semana o seu tradicional mercadiño literario. 




Nesta ocasión cunha diferenza: venderanse tamén bufandas con fins solidarios: axuda a Ucraína. 

Se ti tamén queres participar, pásate polo posto de venta. 



miércoles, 1 de junio de 2022

NOVA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

 O VINDEIRO XOVES NO SEGUNDO RECREO

reunirémonos na biblioteca para comentar o libro: La policía de la memoria. 




Convidámoste a participar!!




miércoles, 25 de mayo de 2022

REUNIÓN DE FINAL DE CURSO PARA AS LECTURAS DA TERCEIRA AVALIACIÓN

 

Os membros do club de lectura de adultos



Poden recoller na biblioteca os libros para a última reunión deste curso académico.

Desde a biblioteca e o club de lectura, agradecemos aos membros a súa participación. 

martes, 24 de mayo de 2022

ENTREGA DUN LOTE DE LIBROS Á NOSA GAÑADORA DO CERTAME DE RELATO

A alumna gañadora do noso tradicional certame de relato recibiu un lote de libros.





Noraboa á Isabel polo seu interese polas letras.










lunes, 9 de mayo de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

   

 Co gallo da celebración do Día Das Letras Galegas achegámonos á figura do homenaxeado D. Florencio Delgado Gurriarán coa presentación dos libros: "Obra poética de Florencio Delgado" de Edicións Xerais de Galicia e "Vida e obra dun poeta republicano e galeguista" de Editorial  Galaxia. Ämbolos dous manuais están á vosa disposición na nosa biblioteca escolar.




jueves, 21 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO: EXPOSICIÓN "FRASES CÉLEBRES"

   Con motivo do Día do Libro poñemos a disposición de toda a comunidade educativa a exposición "Frases célebres" que recolle sentencias e mensaxes enunciadas por grandes persoeir@s do mundo da arte e da literatura  e que nos axudan a reflexionar sobre a importancia e os beneficios da lectura.





domingo, 10 de abril de 2022

LIBROS PARA O MERCADIÑO SOLIDARIO ORGANIZADO POLO CLUB DE LECTURA

 O club de lectura está a organizar a celebración do noso tradicional Mercadiño Solidario de libros que se paralizou pola pandemia. 

Este ano, con motivo do Día das Letras Galegas e en colaboración con Equipo de dinamización linguística, imos celebrar o noso tradicional posto de venta de libros. 

Trae os libros que non usas, que non queres, que estás disposto a doar para outros, os teus 

LIBROS SOLIDARIOS... 




TI TAMÉN PODES PARTICIPAR!!!!


REUNIÓNS DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

 Os/as participantes do club de lectura de adultos reuníronse o pasado xoves para valorar as súas lecturas e levar en préstamo a novela La policía de la memoria, que se prevé comentar á volta de Semana Santa. 

Axiña, vos comunicaremos as lecturas do terceiro trimestre. Se queres opinar o facer suxestións sobre este tema, podes facelo en forma de comentarios no noso instagram: biblioteca_moncho.valcarce

Moitas grazas por participar. 




jueves, 10 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: O Feminismo tamén se le

    Por iniciativa do Concello de As Pontes, a Biblioteca Municipal "Enrique Rivera Rouco" e o Centro de Información á Muller do noso concello, poñemos a vosa disposición unha exposición que recolle referencias bibliográficas de promoción, sensibilización e fomento da igualdade de xénero. A meirande parte dos libros referenciados poden consultarse na nosa biblioteca escolar. Saúdos a tod@s.













miércoles, 2 de febrero de 2022

CONVOCATORIA CERTAME LITERARIO CURSO 2021/22

 Desde a Equipa da biblioteca e o Clube de Lectura "DIVERTsidade" convocamos o xa tradicional certame literario de relato curto. No presente curso versará sobre a temática da integración e a diversidade socio-cultural. Facemos agora públicas as bases desta nova convocatoria esperando manter a boa acollida de anos anteriores. Animádevos a participar!!!






lunes, 31 de enero de 2022

Día Internacional da Paz e Non Violencia

 Desde a nosa biblioteca escolar coa exposición "Mans Solidarias" lembramos a toda a comunidade educativa  a importancia de promover un mundo en paz e a necesidade de colaborar na construción dunha orde social máis xusta e humana. Dita exposición foi elaborada polo noso alumnado do primeiro ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria e permanecerá aberta durante os períodos de lecer do vindeiro mes de febreiro de 2022. Non deixedes de visitarnos !!!.