jueves, 21 de noviembre de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER: Exposición "Tempo de Mulleres" (25 Novembro 2024)

Desde a Biblioteca do IES Moncho Valcarce e en colaboración co Departamento de Relixión celebraremos o vindeiro 25 de novembro coa posta en común da exposición "Tempo de Mulleres". Publicitaremos os traballos conmemorativos realizados polo alumnado de primeiro curso de Educación Secundaria co gallo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Agradecemos a implicación de tódolos participantes e invitamos á nosa comunidade educativa a facernos unha visita

vV-pvQCnkibl-21seaDutXwKOWRS-Y_nBGm5a9kDZ9bJ9A6FT7-GoEsdGPiuLBZkqpFPQxcuOvYxsVFWieSRMA/s320/cartaz%2025%20n%201.jpg"/>

MERCADO SOLIDARIO DE NADAL: Prazos para doazón de libros.

REUNIÓN CLUB LECTURA DE ADULTOS (Curso 2024-25)

Anunciamos que o vindeiro martes 17 de decembro de 2024 ás 12:10 horas terá lugar na bibioteca do IES Moncho Valcarce a primeira reunión do club de lectura de adultos. Comentarase o libro "A parte final" do escritor Ismael Ramos. Agardamos a vosa presenza.

ENTREGA PREMIOS FINALISTAS III TORNEO DE XADREZ

No día de hoxe entregáronse uns agasallos ós alumnos finalistas do III Torneo de Xadrez. Os gañadores foron Anxo Paz Maceira (2º ESO A) e Antón Iglesias Alonso (3º ESO B). Noraboa a ámbolos dous e ata o curso que ven!!!

martes, 12 de noviembre de 2024

SEMANA DA CIENCIA