viernes, 17 de octubre de 2008

O último nobel de literatura: Jean-Marie Gustave Le Clézio


Jean-Marie Gustave Le Clézio (Niza, 1940) foi distinguido o pasado día 9 co Premio Nobel de Literatura 2008. O xurado considérao como un escritor da ruptura, da aventura poética e do éxtasis sensual. Din del que é un explorador da humanidade que vai máis alá e que entra nas entrañas da civilización .
Os relatos nos que Le Clézio critica valores da civilización occidental e nos que introduce episodios autobiográficos influiron poderosamente na decisión do xurado, que así se decanta por marcar distancias coa cultura que merece a catalogación de oficial.
Entre os traballos de Le Clézio destacan, segundo os críticos literarios franceses, as novelas O africano (2004), Onitsha (1991) e, sobre todo, Urania (2006), que en Francia e Norteamérica obtivo moi bos resultados comerciais.
O novo premio Nobel, fillo de francesa e de inglés, estudiou Literatura e foi docente en Bristol, Londres e Aix en Provence. Actualmente vive en Novo México, EEUU. Trátase dunha persoa de formación multicultural, que escribe habitualmente en francés.
Le Clézio é o décimocuarto escritor nacido francés que acada este recoñecemento.



Podedes ler algunha obra que temos na nosa biblioteca como esta, traducida ao galego pola editorial Xerais.







1 comentario:

ra_na dijo...

vemos que vos interesa a lectura pasadevos polo noso blog