Benvida a todos os que nos seguides e tamén a todos aqueles que pasedes por aquí e tedes un momento para ver se compartimos as mesmas inquedanzas.
Despois destes meses de descanso, ben merecido, tras un curso de moito traballo e esforzo por parte dos profesionais que estamos detras destas letras, volvemos á carga, e por carga entendemos facer todo o posible por compartir con vós o noso gusto pola lectura, por saber cada día algo novo, por ser quen de atopar aquela información que precisamos, ben para enriquecemento propio ou porque un terceiro nola demanda... e outras cousas que teñen como eixo vertebrador a NOSA BIBLIOTECA.
Un saúdo de benvida por tanto para todos e xa sabedes, aquí estamos de novo.
Queremos comezar esta nova andaina, curso 2009-2010, con esta campaña en favor da lectura que conocemos grazas a Trafegando ronseis
martes, 8 de septiembre de 2009
Benvida
Publicado por Endora en 20:39
Etiquetas: benvida, campaña lectora, comezo do curso
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario