Felicidades a toda a comunidade educativa e a todos os que compartides o noso amor polos libros e as lecturas,dende a Biblioteca do IES Moncho Valcarce.

Felicidades a toda a comunidade educativa e a todos os que compartides o noso amor polos libros e as lecturas,dende a Biblioteca do IES Moncho Valcarce.
Publicado por
Endora
en
13:16
2
comentarios
Hoxe quería recomendar NON LER este libro de Saramago.
NON LEAS ESTE LIBRO se non che interesan os libros de viaxes, de aventuras.
NON LEAS ESTE LIBRO se non queres saber que lle podía ocurrír a un cornaca indú chamado primeiro Subhro, logo Fritz e ao seu elefante Salomón, Solimán durante a súa viaxe dende Portugal, por España, Italia ata a Austria do século XVI.
NON LEAS ESTE LIBRO se non queres saber de que maneira todos podemos sentirnos transformados nas viaxes, nos camiños.
NON LEAS ESTE LIBRO se non che interesa a tenrura porque a pesares de ser o autor Saramago, está cheo dela.
NON LEAS ESTE PEQUENO LIBRO se non queres ler unha mordaz crítica á natureza humana, ás miserias que nos adornar a todos como a ansia desmedida de gloria, de fama, a relixiosidade mal entendida, a soberbia,...
NON LEAS ESTE LIBRO se non che interesa unha lectura cargada de sentido do humor, pero un malvado sentido do humor.
NON LEAS ESTE LIBRO si non dispos dunha triste tarde de otono, que será o tempo que precises para lelo porque non creo que aguantes máis sen acabalo.
Publicado por
Endora
en
20:07
2
comentarios
Etiquetas: el viaje del elefante, Saramago
Publicado por
Endora
en
19:35
0
comentarios
Etiquetas: Ayuda en acción, Dereitos Humanos, Eduardo Galeano, Ismael Lo
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.