Mostrando entradas con la etiqueta Ismael Lo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ismael Lo. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de diciembre de 2009

Dereitos Humanos




Temos a sorte de contar con esta exposición que vedes nas imaxes anteriores dende o día 29 de novembro ata o día 14 de decembro. Axuda en acción é quen no la fai chegar por medio  do Concello de As Pontes.

Coincide no tempo con outras actividades organizadas pola vicedirección do centro con motivo do  Día dos  Dereitos Humanos.


Nós cremos que todo o que faigamos, dende os centros educativos,  a prol da sensibilización é pouco. Dende este blog queremos facernos eco destas iniciativas  doutras externas que tamén se promoven dende o ámbito dos persoeiros da cultura, do deporte, do espectáculo. Por iso, se queres escoitar, por exemplo, a Eduardo Galeano falando de muros, pincha aquí MUROS.  O blog de Mesturas achéganos esta reflexión do escritor uruguaio sobre a situación do Sahara e a transcendencia que ten, ou que non ten noutros países, incluso en España.

viernes, 30 de enero de 2009

Pola Paz: Binta e a gran idea

Curtametraxe que pertence á película "No mundo a cada rato". Rodada en Senegal coa axuda de UNICEF, conduce ao espectador ao mundo de Binta, unha nena de sete anos que pon en marcha unha obra de teatro infantil para mostrar o desexo da súa curmá de ir á escola. Desta maneira aparentemente sinxela, somos observadores da realidade doutras realidades, que nos resultan difíciles de crer en comunidades contemporáneas.

É un berro pola libertade e a igualdade...Pola Paz.




Este é un traballo colaborativo dalgunhas bibliotecas do PLAMBE 2009.Grazas polo voso esforzo.