lunes, 21 de marzo de 2011

Día da poesía

Sumámonos á iniciativa de Leer.es e escollemos para celebrar o Día da poesía  unha mostra de haikus, poemas xaponeses que condensan na súa brevidade un sentimento íntimo. Queremos amosar así a nosa solidariedade co pobo nipón.
Eleximos unha escolma de haikus escritos polo poeta galego Ricardo Martínez- Conde, autor de dous poemarios de haikus: A núa lentitude e Orballo nas camelias. Disfrutade coa poesía e animádevos a escribir haikus: tres versos, 17 sílabas, a presenza da  natureza e unha sensación que queiramos expresar coa palabra.

HAIKUS:
Pinga na fiestra.
Chegan os longos días
da mansedume
***
Mar
como única forma
do tempo.
***
Zoa nas tellas
o vento mariñeiro
que pregunta.

No hay comentarios: