Desde a nosa
Biblioteca convócase un certame de curtametraxes coas seguintes
bases:
- A convocatoria vai dirixida a toda o alumnado matriculado durante o curso 2012-13 no IES Moncho Valcarce.
- Os cortos poderán estar rodados tanto en lingua galega como en lingua castelá.
- O traballo pódese presentar a título individual ou en grupo. O número máximo de compoñentes dun mesmo grupo será o de 5 membros.
- As produccións terán unha duración de entre 5 e 15 minutos. Serán presentadas en formato compatible con PC.
- Temática: o traballo terá que estar inspirado na Casa Encantada de As Pontes (misterios, pantasmas, mortes estranas e inesperadas,...).
- Establécese unha categoría única.
- Haberá tres premios:
1º Premio: Lote películas
e CDs musicais.
2º Premio: Lote
películas.
3º Premio: Lote material
escolar.
8. As produccións presentaranse asinadas cun título e un pseudónimo paro o autor individual ou grupo. Nun sobre pechado figurará a identidade do autor/autores e o seu curso.
9. Os traballos orixinais entregaranse na biblioteca do IES. O plazo de admisión finaliza o venres 24 de maio de 2013.
10. O xurado estará composto por membros (profesores e alumnos) do Clube de lectura “A Casa Encantada”.
11. O acto de entrega dos premios terá lugar na biblioteca do centro nunha data aínda sen determinar.
12.
As curtametraxes presentadas poderán ser proxectadas na biblioteca
e/ou incluídas no blog da mesma.
13.
A participación no Certame implica a total aceptación destas
bases.
As
Pontes, a 22 de marzo de 2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario