lunes, 21 de octubre de 2013

CONVOCATORIA CERTAME POÉTICO

      Biblioteca do IES Moncho Valcarce
BASES- CERTAME POÉTICO



Desde o Club de Lectura “A Mazá de Rilke” convócase un certame poético coas seguintes bases:

  1. A convocatoria vai dirixida a toda a comunidade educativa do IES Moncho Valcarce. Cada participante presentará un só poemario.

  1. Os poemas poderán estar escritos tanto en lingua galega como en lingua castelá.

  1. As composicións poéticas terán una extensión mínima de 30 versos e unha máxima de 80 versos, escritos a ordenador a dobre espazo e por unha soa cara, con fonte de corpo 12.

  1. Temática: Libre. O poemario pode constar de un ou varios poemas.

  1. Establécense catro categorías.
         - Primeiro ciclo (1º e 2º de ESO).
       - Segundo ciclo (3º, 4º de ESO e PCPI).
       - Bacharelato e Ciclo Formativo.
       - Adultos (pais e nais, profesorado e persoal non docente):

    6. Haberá dous premios para cada categoría.

    7. As obras deberán presentarse nun sobre aberto asinadas cun lema ou pseudónimo, que figurará tamén noutro sobre pechado, xunto co título da obra. No interior do sobre pechado farase constar a identidade do autor e curso. Así mesmo, no sobre aberto debe figurar, de maneira visíbel, a categoría a que pertence o concursante.

    8. Os orixinais entregaranse na biblioteca do IES. O plazo de admisión finaliza o venres 31 de xaneiro de 2014.

    9. O xurado estará composto por membros (profesores e alumnos) do Clube de lectura “A Mazá de Rilke”.

    10. O acto de entrega dos premios terá lugar na biblioteca do centro nunha data aínda sen determinar.
    11. As obras presentadas poderán ser expostas na biblioteca e/ou incluídas no blog da mesma. Tamén se contempla a posibilidade de seren publicadas nun libro ou na revista do Club de Lectura.

    12. A participación no Certame implica a total aceptación destas bases.



                                                                           As Pontes, a 20 de de outubro de 2013




lunes, 14 de octubre de 2013

Club de Lectura de Adultos: literatura afgana.

BIBLIOTECA IES MONCHO VALCARCE
          
         CLUB DE LECTURA DE ADULTOS
                    Lecturas para o 1º trimestre






Y las montañas hablaron. Khaled Hosseini.
Ed. Salamandra. Traducción del inglés de Patricia Antón de Vez y Rita da Costa 
Nota de la editorial: La decisión de una humilde familia campesina de dar una hija en adopción a un matrimonio adinerado es el fundamento sobre el que Khaled Hosseini —autor de las inolvidables Cometas en el cielo y Mil soles espléndidos— ha tejido este formidable tapiz en el que se entrelazan los destinos de varias generaciones y se exploran las infinitas formas en que el amor, el valor, la traición y el sacrificio desempeñan un papel determinante en las vidas de las personas. 
La historia arranca en una remota y desolada aldea de Afganistán, donde Sabur y su segunda mujer se enfrentan en condiciones precarias a la llegada de otro invierno implacable. Abdulá, el hijo mayor, de diez años, ha cuidado de su hermana Pari desde que era pequeña, y ahora ambos escuchan cautivados la triste historia que les relata su padre antes de acostarlos, la víspera de iniciar un largo viaje que los conducirá hasta Kabul. Allí, en las bulliciosas calles de la capital, dará comienzo este fascinante itinerario que guiará al lector desde el otoño de 1952 hasta el presente, de Kabul a París, desde la isla griega de Tinos hasta San Francisco. 




Sangué Sabur. Atiq Rahimi.
Rinoceronte editora.
 Tradución do francés de Isabel García Fernández
Nota da editorial: “Nalgún lugar en Afganistán ou noutro sitio calquera”, así sitúa o autor este relato que ten como protagonista unha muller oprimida pola relixión, o matrimonio e a sociedade. Nunha cidade tomada polos tanques, vive entregada ao coidado do seu home, un heroe da Guerra Santa en estado vexetal, que converte na súa sangué sabur, na súa pedra de paciencia, unha pedra máxica que escoita as mágoas de quen llas quere confiar. Un día tras outro, a muller vai confesando o inconfesable, liberándose da súa dor, mesturando frustración con tenrura, pasado con presente. Nesta súa primeira novela en francés, pola que recibiu o Premio Goncourt, Atiq Rahimi denuncia, cunha prosa austera pero non exenta de lirismo, o fanatismo, a violencia e o sometemento da muller.

miércoles, 9 de octubre de 2013

EXCURSIÓN CLUBE DE LECTURA

 O pasado luns, día 7 de outubro, fixemos unha excursión polas terras máxicas de A Capela. Visitamos o Museo Etnográfico de dito concello e, posteriormente, percorrimos dúas das rutas de sendeirismo máis populares e atractivas do Parque Natural das Fragas do Eume (Ruta do Pousadoiro e Ruta da Ventureira). A experiencia e as paisaxes foron do máis gratificante e xa estamos pensando na vindeira saída.