lunes, 21 de octubre de 2013

CONVOCATORIA CERTAME POÉTICO

      Biblioteca do IES Moncho Valcarce
BASES- CERTAME POÉTICO



Desde o Club de Lectura “A Mazá de Rilke” convócase un certame poético coas seguintes bases:

  1. A convocatoria vai dirixida a toda a comunidade educativa do IES Moncho Valcarce. Cada participante presentará un só poemario.

  1. Os poemas poderán estar escritos tanto en lingua galega como en lingua castelá.

  1. As composicións poéticas terán una extensión mínima de 30 versos e unha máxima de 80 versos, escritos a ordenador a dobre espazo e por unha soa cara, con fonte de corpo 12.

  1. Temática: Libre. O poemario pode constar de un ou varios poemas.

  1. Establécense catro categorías.
         - Primeiro ciclo (1º e 2º de ESO).
       - Segundo ciclo (3º, 4º de ESO e PCPI).
       - Bacharelato e Ciclo Formativo.
       - Adultos (pais e nais, profesorado e persoal non docente):

    6. Haberá dous premios para cada categoría.

    7. As obras deberán presentarse nun sobre aberto asinadas cun lema ou pseudónimo, que figurará tamén noutro sobre pechado, xunto co título da obra. No interior do sobre pechado farase constar a identidade do autor e curso. Así mesmo, no sobre aberto debe figurar, de maneira visíbel, a categoría a que pertence o concursante.

    8. Os orixinais entregaranse na biblioteca do IES. O plazo de admisión finaliza o venres 31 de xaneiro de 2014.

    9. O xurado estará composto por membros (profesores e alumnos) do Clube de lectura “A Mazá de Rilke”.

    10. O acto de entrega dos premios terá lugar na biblioteca do centro nunha data aínda sen determinar.
    11. As obras presentadas poderán ser expostas na biblioteca e/ou incluídas no blog da mesma. Tamén se contempla a posibilidade de seren publicadas nun libro ou na revista do Club de Lectura.

    12. A participación no Certame implica a total aceptación destas bases.



                                                                           As Pontes, a 20 de de outubro de 2013




No hay comentarios: