O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS DESTE ANO
Comezará o vindeiro mes de novembro
Os libros seleccionados para este primeiro trimestre son:
Contra a fin
do século XVIII, dous científicos alemáns emprenden a tarefa de
medir o mundo. Un deles, o xeógrafo Alexander von Humboldt, logo
de partir en barco desde a cidade da Coruña, ábrese paso pola
selva e a estepa, navega polo Orinoco, proba no propio corpo os
efectos dos velenos, métese no interior de covas, escala volcáns,
encontra monstros mariños e tópase con antropófagos. O outro, o
matemático e astrónomo Carl Friedrich Gauss demostra, sen
moverse da súa casa de Göttingen, que o espazo é curvo. De
vellos, xa famosos e tamén unha miguiña excéntricos,
encóntranse os dous no Berlín de 1828. Pero aínda non ben
descendeu Gauss do seu coche de cabalos e xa se ven ambos e dous
enredados no tumulto político que segue á caída de Napoleón.
|
|
As reunións terán periodicidade mensual e celebraranse nos recreos
Os libros de lectura estarán axiña na biblioteca
No hay comentarios:
Publicar un comentario