jueves, 20 de noviembre de 2014

DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA MACHISTA (25-11-2014)

 O vindeiro luns 24 de novembro proxectaremos durante os recreos a montaxe audiovisual elaborada polos alumn@s de Educación Secundaria na clase de relixión con motivo da celebración do Día Internacional de Loita contra a Eliminación da Violencia contra a Muller. Como xa ben sabedes, estades tod@s invitados.
 
 


viernes, 7 de noviembre de 2014


 CON MOTIVO DO SAMAÍN 2014


O IES MONCHO VALCARCE E O CLUB DE LECTURA A TEIMA DO DINOSAURIO
ORGANIZARON UNHA ACTIVIDADE DE CREACIÓN DE RELATOS DE TERROR.

Os alumnos do centro participaron nesta actividade guiada que consistiu en responder ás preguntas: "Que? Quen? Onde? Como? e Por que? dacordo coa técnica do "cadáver exquisto" dos Surrealistas.






 Estas son as pequenas historias resultantes: 

 

 

Con motivo desta festividade o IES elaborou outras actividades como unha exposición de froitos de outono (na entrada) e un pasadizo do terror (no salón de actos).

miércoles, 5 de noviembre de 2014

CONVOCATORIA CERTAME LITERARIO

  BIBLIOTECA IES MONCHO VALCARCE
            CERTAME LITERARIO 



    Desde o Club de Lectura “A Teima do Dinosaurio” convócase un certame literario de relato curto que ten as seguintes bases:
1. A convocatoria vai dirixida a toda a comunidade educativa do IES Moncho Valcarce. Cada participante presentará un só relato. 
2. Os relatos poderán estar escritos tanto en lingua galega como en lingua castelá. 
3. As narracións terán una extensión mínima de 1 folio e unha máxima de 3 folios, escritos a ordenador a dobre espazo e por unha soa cara, con fonte de corpo 12. 
4. Temática: Conto (ficción, humor, romántico, policíaco...)
5. Establécense catro categorías.
    - Primeiro ciclo (1º e 2º de ESO). 
    - Segundo ciclo (3ºe 4º de ESO). 
   - Bacharelato e Ciclo Formativo.
   - Adultos (pais e nais, profesorado e persoal non docente). 
6. Haberá dous premios para cada categoría. 
7. As obras deberán presentarse nun sobre aberto asinadas cun lema ou pseudónimo, que figurará tamén noutro sobre pechado, xunto co título da obra. No interior do sobre pechado farase constar a identidade do autor e curso. Así mesmo, no sobre aberto debe figurar, de maneira visíbel, a categoría a que pertence o concursante. 
8. Os orixinais entregaranse na biblioteca do IES. O plazo de admisión finaliza o mércores 30 de xaneiro de 2015.
 9. O xurado estará composto por membros (profesores e alumnos) do Clube de lectura “A Teima do Dinosaurio”.
10. O acto de entrega dos premios terá lugar na biblioteca do centro nunha data aínda sen determinar. 11. As obras presentadas poderán ser expostas na biblioteca e/ou incluídas no blog da mesma. Tamén se contempla a posibilidade de seren publicadas nun libro ou na revista do Club de Lectura. 
12. A participación no Certame implica a total aceptación destas bases. 

                                                                                 As Pontes, a 30 de outubro de 2014