BIBLIOTECA IES MONCHO VALCARCE
CERTAME LITERARIO
Desde o Club de Lectura “A Teima do Dinosaurio” convócase un certame literario de relato curto que ten as seguintes bases:
1. A convocatoria vai dirixida a toda a comunidade educativa do IES Moncho Valcarce. Cada participante presentará un só relato.
2. Os relatos poderán estar escritos tanto en lingua galega como en lingua castelá.
3. As narracións terán una extensión mínima de 1 folio e unha máxima de 3 folios, escritos a ordenador a dobre espazo e por unha soa cara, con fonte de corpo 12.
4. Temática: Conto (ficción, humor, romántico, policíaco...)
5. Establécense catro categorías.
- Primeiro ciclo (1º e 2º de ESO).
- Segundo ciclo (3ºe 4º de ESO).
- Bacharelato e Ciclo Formativo.
- Adultos (pais e nais, profesorado e persoal non docente).
6. Haberá dous premios para cada categoría.
7. As obras deberán presentarse nun sobre aberto asinadas cun lema ou pseudónimo, que figurará tamén noutro sobre pechado, xunto co título da obra. No interior do sobre pechado farase constar a identidade do autor e curso. Así mesmo, no sobre aberto debe figurar, de maneira visíbel, a categoría a que pertence o concursante.
8. Os orixinais entregaranse na biblioteca do IES. O plazo de admisión finaliza o mércores 30 de xaneiro de 2015.
9. O xurado estará composto por membros (profesores e alumnos) do Clube de lectura “A Teima do Dinosaurio”.
10. O acto de entrega dos premios terá lugar na biblioteca do centro nunha data aínda sen determinar.
11. As obras presentadas poderán ser expostas na biblioteca e/ou incluídas no blog da mesma. Tamén se contempla a posibilidade de seren publicadas nun libro ou na revista do Club de Lectura.
12. A participación no Certame implica a total aceptación destas bases.
As Pontes, a 30 de outubro de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario