Xosé Neira Vilas (1928-2015), autor da obra máis vendida da historia da
literatura galega, Memorias dun neno labrego, faleceu o pasado venres na súa
casa en Gres (Vila de Cruces). Tiña 87 anos.
Neira Vilas foi un traballador incansable a prol da cultura
e da lingua galega, tanto no exilio como de volta en Galiza. Na súa vida está
escrita a historia de Galiza dos últimos 75 anos. Descanse en paz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario