lunes, 30 de noviembre de 2015

Morre Xosé Neira Vilas

   Xosé Neira Vilas (1928-2015), autor da obra máis vendida da historia da literatura galega, Memorias dun neno labrego, faleceu o pasado venres  na súa casa en Gres (Vila de Cruces). Tiña 87 anos. 
   Neira Vilas foi un traballador incansable a prol da cultura e da lingua galega, tanto no exilio como de volta en Galiza. Na súa vida está escrita a historia de Galiza dos últimos 75 anos. Descanse en paz.



viernes, 27 de noviembre de 2015

Actividades 25 Novembro

 No Día Internacional contra  a Violencia de Xénero colocamos un panel de libre expresión para que o noso alumnado poidese aportar as súas suxerencias e sensibilidades en relación a esta lacra social da violencia machista. Tamén proxectamos dúas curtametraxes. "O peixe feliz" de Jay Shih e "Teatro de la Injusticia" de Ansoain Animación.

















jueves, 26 de noviembre de 2015

CONVOCATORIA CERTAME LITERARIO



BIBLIOTECA IES MONCHO VALCARCE

CERTAME LITERARIO

 



DIRIXIDO: Comunidade educativa do IES MONCHO VALCARCE

TEMÁTICA: Relato curto (ficción, humor, policíaco, romántico, ...).

LINGUA: Galego e castelán

BASES: Extensión entre 1 e 3 folios
Presentación traballo a ordenador, a dobre espazo e por unha soa cara.
Corpo letra (12)

PREMIOS: Catro categorías

  • 1º Categoría: 1º e 2º curso da ESO
  • 2ª Categoría: 3º e 4º curso da ESO
  • 3ª Categoría: Bacharelato e Ciclo Formativo
  • 4ª Categoría: Adultos (nais, pais, profesorado e persoal non docente)

PRAZO PRESENTACIÓN: Na bilioteca ata o 31 de xaneiro do 2016

PREMIOS: Dous premios por categoría.


INFÓRMATE NA NOSA BIBLIOTECA

martes, 24 de noviembre de 2015

25 Novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero

video

    Coeducación e empatía claves para a súa prevención

lunes, 16 de noviembre de 2015

Fernando del Paso : Premio Cervantes 2015




 Fernando del Paso (nado en 1935) é un escritor mexicano especialmente recoñecido polas tres novelas citadas a continuación e que son consideradas como algunhas das mellores obras de narattiva mexicana do século XX.


"José Trigo" (1965) evocación da historia de México a través dun disidente ferroviario.


 "Palinuro de México" obra de corte autobiográfico que relata as andainas dun estudande de medicina.



¨Noticias del Imperio" (1987) novela histórica que trata a segunda Intervención Francesa en México e a instauración do Segundo Imperio Mexicano.





lunes, 2 de noviembre de 2015

SAMAÍN 2015


 
   O pasado xoves 29 de outono celebramos o Samaín no noso centro. Desenvolvéronse varias actividades coordinadas pola Vicedirección. Desde a Biblioteca organizamos una pequena exposición sobre o escritor e poeta estadounidense Edgar Allan Poe, maestro universal do relato curto.  Aproveitamos para dar o noso agradacemento ós alumn@s que participaron na ambientación do noso espazo e na dramatización de dous dos relatos  de terror do autor homenaxeado.